Saltar navegación

2. Contextualización curricular

Contextualización do REA na programación de materia

Este REA é un dos oito que cobren, integramente, o currículo da materia de Matemáticas de 3º de ESO.

A referencia para a súa elaboración foi o modelo de programación didáctica de Proens (versión 1 do 14/05/2025).

Os 13 temas deste modelo foron redistribuídos segundo a táboa que está a continuación.

Relación dos REA coa programación modelo de Proens

Número de REA e título Unidade/s didáctica/s (Proens) Criterios de avaliación traballados % Peso Materia (Orientación de Proens) Temporalización

REA 1: ℝacionaliza tu monte

UD1: Números racionais.

UD2: Potencias e raíces.

UD13: Matemáticas para a vida en sociedade.

CA1.1, CA1.2, CA1.6

CA1.1, CA1.2, CA1.3, CA1.6

CA6.1, CA6.2, CA6.3, CA6.4, CA6.5

6 %

6 %

3 %

11 sesións T1

11 sesións T1

1 sesión T1

REA 2: ¡Math & Rock!

UD3: Proporcionalidade.

UD4: Sucesións.

UD13: Matemáticas para a vida en sociedade.

CA1.1, CA1.2, CA1.3, CA1.5, CA1.6

CA1.1, CA1.3, CA1.4, CA1.6, CA4.3, CA4.4

CA6.1, CA6.2, CA6.3, CA6.4, CA6.5

6 %

8 %

2 %

11 sesións T1

11 sesións T1

1 sesión T1

REA 3: ¡Fluye!

UD5: Expresións alxébricas. Polinomios e produtos notables.

UD13: Matemáticas para a vida en sociedade.

CA4.4, CA4.6, CA4.7, CA4.8

CA6.1, CA6.2, CA6.3, CA6.4, CA6.5

8 %

2 %

11 sesións T2

1 sesión T2

REA 4: Llevando a Galicia hasta el ∞ y + allá

UD6: Ecuacións e sistemas.

UD7: Funcións e gráficas. Funcións lineais e cuadráticas.

UD13: Matemáticas para a vida en sociedade.

CA4.1, CA4.2, CA4.3, CA4.5, CA4.6

CA4.5, CA4.6, CA4.7

CA6.1, CA6.2, CA6.3, CA6.4, CA6.5

8 %

8 %

4 %

11 sesións T2

11 sesións T2

1 sesión T2

REA 5: Llegar a 100... ¡Malo será!

UD8: Táboas, parámetros e gráficos estatísticos.

UD13: Matemáticas para a vida en sociedade.

CA5.1, CA5.2, CA5.3, CA5.4, CA5.5, CA5.6, CA5.7, CA5.8

CA6.1, CA6.2, CA6.3, CA6.4, CA6.5

6 %

2 %

11 sesións T2

1 sesión T2

REA 6: El legado de San Fiz de Azar

UD9: Azar e probabilidade.

UD13: Matemáticas para a vida en sociedade.

CA1.4, CA5.1, CA5.3, CA5.5, CA5.7, CA5.8

CA6.1, CA6.2, CA6.3, CA6.4, CA6.5

6 %

2 %

11 sesións T3

1 sesión T3

REA 7: Taller ArTeMática

UD11: Movementos no plano.

UD13: Matemáticas para a vida en sociedade.

CA3.1, CA3.4, CA3.5, CA3.6

CA6.1, CA6.2, CA6.3, CA6.4, CA6.5

6 %

2 %

11 sesións T3

1 sesión T3

REA 8: GeoSoluciones SL

UD10: Problemas métricos no plano.

UD12: Corpos xeométricos.

UD13: Matemáticas para a vida en sociedade.

CA2.1, CA2.2, CA2.3, CA2.4, CA3.3, CA3.5

CA2.1, CA2.3, CA2.4, CA3.2, CA3.4, CA3.6

CA6.1, CA6.2, CA6.3, CA6.4, CA6.5

6 %

6 %

3 %

11 sesións T3

11 sesións T3

1 sesión T3

Todos os REAS

UD13: Matemáticas para a vida en sociedade.

CA6.1, CA6.2, CA6.3, CA6.4, CA6.5

20 %

(Reparto proposto de % por REA)

Todos os trimestres

8 sesións

(Reparto proposto de sesións por REA)

Eixes da proposta didáctica

Esta proposta didáctica de Matemáticas para 3º de ESO baséase nas seguintes liñas de actuación no proceso de ensino e aprendizaxe:

  • Tomar como punto de partida contextos reais e próximos ao alumnado, empregando tarefas de modelización e exemplos significativos para dar sentido aos contidos.
  • Impulsar a resolución de problemas dándolle un papel central, funcionando como estratexia de aprendizaxe e non só como obxectivo final.
  • Favorecer o razoamento, a creatividade e a autoestima mediante o pensamento computacional, ligado ao matemático, facilitando a resolución progresiva de situacións complexas.
  • Promover o traballo en equipo como ferramenta para mellorar a motivación, a autonomía e as habilidades sociais.
  • Aplicar metodoloxías diversas, con materiais manipulativos e tecnolóxicos, adaptadas aos distintos ritmos de aprendizaxe.
  • Incorporar unha perspectiva socioemocional e transversal que fomente a igualdade, o pensamento crítico e a educación en valores.
  • Utilizar a avaliación continua como instrumento para mellorar o proceso de ensino-aprendizaxe, detectando dificultades e garantindo a atención á diversidade.

Ademais, este REA promove activamente a consecución dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS), conectando o traballo na aula co mundo real e coas grandes transformacións globais.

En concreto, contribúe a acadar os seguintes ODS:

ODS 8: Traballo decente e crecemento económico.

Ao simular unha "promotora" real e xestionar a rendibilidade e o persoal, o alumnado prepárase para o mundo laboral, fomentando a toma de decisións financeiras responsables.

ODS 10: Redución das desigualdades.

A través do traballo colaborativo, valorando a diversidade de ideas e repartindo as tarefas de forma xusta e respectuosa, foméntase a igualdade de oportunidades.

ODS 12: Produción e consumo responsables.

A planificación mediante modelos matemáticos permite optimizar recursos, evitar o desperdicio de materiais e xestionar de forma eficiente o orzamento, promovendo unha produción sostible.

Contidos, obxectivos específicos e competencias clave

Este REA, en relación coa programación didáctica de referencia publicada en Proens para a materia de Matemáticas de 3º da ESO (curso 25-26), contextualízase nas unidades didácticas 3. "Proporcionalidade", 4. "Sucesións" e 13. "Matemáticas para a vida en sociedade".

A proposta é traballalo no primeiro trimestre.

O recurso englóbase fundamentalmente nos bloques de contidos 1. "Sentido numérico", 4. "Sentido alxébrico" e 6. "Sentido socioafectivo".

Contidos Bloque da materia
  • C1.3 - Relacións
    • C1.3.2 - Identificación de patróns e regularidades numéricas. Progresións aritméticas e xeométricas. (*)
  • C1.4 - Razoamento proporcional
    • C1.4.1 - Desenvolvemento e análise de métodos para resolver problemas en situacións de proporcionalidade directa, inversa e composta en diferentes contextos (aumentos e diminucións porcentuais, rebaixas e subidas de prezos, impostos, cambios de divisas, cálculos xeométricos, escalas, velocidade e tempo etc.).
  • C1.5 - Educación financeira
    • C1.5.1 - Interpretación da información numérica en contextos financeiros sinxelos.
    • C1.5.2 - Aplicación do xuro simple e composto en problemas contextualizados.
    • C1.5.3 - Métodos para a toma de decisións de consumo responsable atendendo ás relacións calidade-prezo e ao valor-prezo en contextos cotiáns.

Bloque 1

Sentido numérico

  • C4.1 - Patróns
    • C4.1.1 - Patróns: identificación e comprensión, determinando a regra de formación de diversas estruturas en casos sinxelos.
    • C4.1.2 - Fórmulas e termos xerais: obtención mediante a observación de pautas e regularidades sinxelas e a súa xeneralización.
  • C4.2 - Modelo matemático
    • C4.2.1 - Modelización de situacións da vida cotiá usando representacións matemáticas e a linguaxe alxébrica.
    • C4.2.2 - Dedución de conclusións razoables sobre unha situación da vida cotiá unha vez modelizada.

Bloque 4

Sentido alxébrico

  • C6.1 - Crenzas, actitudes e emocións
    • C6.1.1 - Fomento da curiosidade, da iniciativa, da perseveranza e da resiliencia cara á aprendizaxe das matemáticas.
    • C6.1.2 - Recoñecemento das emocións que interveñen na aprendizaxe como a autoconciencia e a autorregulación.
    • C6.1.3 - Desenvolvemento da flexibilidade cognitiva para aceptar un cambio de estratexia cando sexa necesario e transformar o erro nunha oportunidade de aprendizaxe.
  • C6.2 - Traballo en equipo e toma de decisións
    • C6.2.1 - Técnicas cooperativas para optimizar o traballo en equipo e compartir e construír coñecemento matemático.
    • C6.2.2 - Condutas empáticas e estratexias de xestión de conflitos.
  • C6.3 - Inclusión, respecto e diversidade
    • C6.3.1 - Promoción de actitudes inclusivas e aceptación da diversidade presente na aula e na sociedade.
    • C6.3.2 - Recoñecemento da contribución das matemáticas ao desenvolvemento dos distintos ámbitos do coñecemento humano desde unha perspectiva de xénero.

Bloque 6

Sentido socioafectivo

(*) Atendendo á identificación de patróns e regularidades numéricas, iníciase o estudo dos números combinatorios a partir do Triángulo de Pascal para obter distintas sucesións. Previamente, cómpre introducir o número factorial, concepto que se apoia no estudo das variacións e das permutacións

Este contido forma parte do tema de Probabilidade (REA 6):  C1.1.1 - Aplicación de estratexias variadas para facer recontos sistemáticos en situacións da vida cotiá. Introdución á combinatoria.

Tendo en conta o anterior, este recurso céntrase principalmente nos seguintes obxectivos da materia:

Obxectivos Descrición
OBX 1 Interpretar, modelizar e resolver problemas da vida cotiá e propios das matemáticas aplicando diferentes estratexias e formas de razoamento para explorar distintas maneiras de proceder e obter posibles solucións.
OBX 3 Formular e comprobar conxecturas sinxelas ou expor problemas de forma autónoma, recoñecendo o valor do razoamento e a argumentación para xerar novos coñecementos.
OBX 4 Interpretar, modelizar e resolver problemas da vida cotiá e propios das matemáticas, aplicando diferentes estratexias e formas de razoamento para explorar distintas maneiras de proceder e obter posibles solucións.
OBX 6 Identificar as matemáticas implicadas noutras materias e en situacións reais susceptibles de ser abordadas en termos matemáticos, interrelacionando conceptos e procedementos para aplicalos en situacións diversas.
OBX 9 Desenvolver destrezas persoais identificando e xestionando emocións, poñendo en práctica estratexias de aceptación do erro como parte do proceso de aprendizaxe e adaptándose ante situacións de incerteza para mellorar a perseveranza na consecución de obxectivos e o gozo na aprendizaxe das matemáticas.
OBX 10 Desenvolver destrezas sociais recoñecendo e respectando as emocións e as experiencias dos demais, participando activa e reflexivamente en proxectos en equipos heteroxéneos con roles asignados para construír unha identidade positiva como estudante de matemáticas, fomentar o benestar persoal e grupal e crear relacións saudables.

A continuación inclúense os descritores das competencias clave estipuladas pola normativa traballadas neste recurso.

Competencias clave Clave dos descritores operativos
Competencia en comunicación lingüística (CCL) CCL1, CCL5
Competencia plurilingüe (CP) CP3
Competencia matemática e competencia en ciencia, tecnoloxía e enxeñaría (STEM) STEM1, STEM2, STEM3, STEM4, STEM5
Competencia dixital (CD) CD1, CD2, CD3, CD5
Competencia persoal, social e de aprender a aprender (CPSAA) CPSAA1, CPSAA3, CPSAA4, CPSAA5
Competencia cidadá (CC) CC2, CC3, CC4
Competencia emprendedora (CE) CE2, CE3
Competencia en conciencia e expresión culturais (CCEC) CCEC1, CCEC3, CCEC4

Feito con eXeLearning (Nova xanela)