Saltar navegación

2.2. Temporalización

Temporalización do REA

Esta situación de aprendizaxe está pensada para desenvolver en 23 sesións, durante o primeiro trimestre.

Engloba os aspectos curriculares dos temas "Proporcionalidade" (11 sesións), "Sucesións" (11 sesións) e o transversal "Matemáticas para a vida en sociedade" (1 sesión).

A continuación, inclúese unha estimación da temporalización recomendada para cada fase deste recurso:

Fase Seccións Descrición do traballo a desenvolver Temporalización

Descrición da situación de aprendizaxe:

1. Empieza la cuenta atrás

1.1. Del aula al escenario

Sesión de introdución e motivación sobre o reto.

Descríbese a formación de equipos e os elementos que compoñen o reto.

Contén reflexións para anotar no diario de aprendizaxe de forma individual e grupal.

1 sesión

Exploración (coñecementos previos):

2. Tomando el pulso

2.1. Logística y aforo

2.2. ¡De gira con tu grupo!

2.3. ¿Cómo fue el año pasado?

2.4. ¡Todo cabe en el cartel!

2.5. Escalas y píxeles

Sesións para conectar cos coñecementos de 2º da ESO.

2.1. Faise un repaso dos conceptos de razón e proporcións.

Introdúcese os primeiros problemas contextualizados no aforo, seguridade do evento e na potencia dos equipos de sonido para a realización de proporción (1 sesión).

2.2. Faise un repaso do concepto de proporción directa e inversa, mediante problemas contextualizados no gasto, prezo das entradas e recollida final do recinto para a realización de proporcións directas e inversas (1 sesión) 

2.3. Faise un repaso do concepto de porcentaxe mediante problemas contextualizados no informe económico do concerto realizado no curso anterior (1 sesión).

2.4. e 2.5. Inclúense problemas multinivel contextualizados e no 2.5. inclúese a actividade grupal de realización dun cartel publicitario para obter os maiores beneficios e lograr difundir o festival á maior cantidade de xente e creación dun informe económico coas ganancias obtidas. Contén tamén preguntas e reflexións para anotar no diario de aprendizaxe de forma individual e grupal (2 sesións).

5 sesións

Conexión:

3. Prepara el escenario

3.1. Moneda del festival

3.2. Magnitudes en escena

3.3. Organiza tus notas

3.4. Organiza el espacio

3.5. Gana seguidores

3.6. La gestión tras el telón

3.7. Controla el interés

3.8. Modeliza el montaje

3.9. Crea la escaleta

3.10. Logística final

3.11. Logo del concierto

3.11.1. Logos en n-copos

3.11.2. Logos en fractal

Sesións con actividades nas que se desenvolven os seguintes contidos e procedementos:

3.1. Introdúcense os primeiros problemas contextualizados na moeda do festival para estudar a variación porcentual mediante o índice de variación (1 sesión).

3.2. Introdúcense o concepto de proporción composta e relacionase co montaxe do escenario (1 sesión).

3.3. Introdúcense os conceptos de combinatoria, número factorial, combinacións e relacionase coa melodía e acordes (1 sesión).

3.4. Introdúcense as sucesións, progresións aritméticas e relaciónase co montaxe e capacidade do escenario (1 sesión).

3.5. Introdúcense as progresións xeométricas para gañar seguidores e dar a coñecer o festival a través das redes sociais. Inclúese actividade de simulación da mensaxería viral (2 sesións).

3.6. Sesión na que traballas as matemáticas financeiras, mediante a financiación do festival. Trabállase o xuro (1 sesión).

3.7. Sesión con actividades na que se desenvolven os contidos relacionados co xuro simple e o xuro composto, mediante a inversión do beneficio do festival do ano anterior. Analízase que é máis favorable para o noso diñeiro, investirlo a xuro simple ou composto (1 sesión).

3.8. Sesión con actividades na que se desenvolve os contidos relacionados co triángulo de Tartaglia, a súa relación coas progresións e as súas curiosidades (1 sesión).

3.9. e 3.10. Sesión onde se introduce a sucesión de Fibonacci e relacionase coa canción "Lateralus", a proporción aúrea e o número Phi. Inclúense problemas multinivel contextualizados (1 sesión).

3.11. Sesión con actividade na que se desenvolven os contidos, mediante a creación dun logo para mellorar a difusión do concerto. Modélase fractais para suxerir ideas. Contén tamén preguntas e reflexións para anotar no diario de aprendizaxe de forma individual e grupal (2 sesións).

12 sesións

Reto final:

4. Proyecto ¡Math & Rock!

4.1. Del aula al escenario

Proponse dúas sesións para deseñar o reto tendo en conta os requisitos que debe cumprir.

4.1. Contén preguntas e reflexións para anotar no diario de aprendizaxe de forma individual e grupal.

2 sesións

Conclusión e avaliación:

5. ¡Fundido final!

5. ¡Fundido final!

Sesión vinculada á exposición do reto final e á explicación do proceso levado a cabo por cada un dos equipos na aula.

Auto-reflexión, individual e en equipos, sobre a utilidade do aprendido e comunicación dos resultados aos/ás compañeiros/as nunha exposición oral. A duración pode variar dependendo do número de equipos e do tempo que se dea a cada un deles.

3 sesións

Feito con eXeLearning (Nova xanela)