Saltar navegación

2.2. Temporalización

Temporalización do REA

Esta situación de aprendizaxe está pensada para desenvolverse en 23 sesións ao inicio do primeiro trimestre.

Engloba os aspectos curriculares dos temas "Números racionais" (11 sesións), "Potencias e raíces" (11 sesións) e o transversal "Matemáticas para a vida en sociedade" (1 sesión).

A continuación, inclúese unha estimación da temporalización recomendada para cada fase deste recurso:

Fase Seccións Descrición do traballo a desenvolver Temporalización

Descrición da situación de aprendizaxe:

1. Somos muy de monte

1.1. Ingeniería forestal

Sesións de introdución e motivación sobre o reto.

Análise dos obxectivos aos que chegar ao finalizar o reto.

Contén reflexións para anotar no diario de aprendizaxe de forma individual e grupal.

2 sesións

Exploración de coñecementos previos:

2. No dejes el monte "a monte"

2.1. Intercambiando fincas

2.2. Ordenando el territorio

2.3. Pérdida de valor

2.4. La procesión va por dentro

2.5. Inventario forestal

Sesións para conectar cos coñecementos de 2º da ESO.

2.1. e 2.2. Faise un repaso dos coñecementos dos conceptos de números racionais, operacións e ordenación destes na recta real.

Introdúcense os primeiros problemas contextualizados no uso de parcelas no monte ou de fincas forestais (2 sesións).

2.3. e 2.4. Faise un repaso dos conceptos de potencias e notación científica, e as propiedades das potencias. Inclúense os primeiros problemas contextualizados que precisan cálculos de potencias (2 sesións).

2.5. Contén unha primeira actividade grupal onde se realiza unha ficha de apoio para introducir ao informe final.

Contén reflexións para anotar no diario de aprendizaxe de forma individual e grupal  (1 sesión).

5 sesións

Conexión:

3. La cabra tira al monte

3.1. Galicia en capas

3.2. Galicia nomeada

3.3. Números del tiempo

3.4. MeteoGalicia

3.5. Presupuesto y partidas

3.6. Naturaleza caprichosa

3.7. Enraizando

3.8. Desbrozando

3.9. Futuro forestal

3.10. La revisión

Sesións con actividades nas que se desenvolven os seguintes contidos e procedementos:

3.1. e 3.2. Introdúcense cálculos con números decimais, nun contexto das coordenadas xeográficas, vendo como poder xeorreferenciar parcelas.

Inclúese unha ficha na que xeorreferenciar a túa parcela, que irá despois no proxecto final (2 sesións).

3.3. e 3.4. A través da meteoroloxía, introdúcense conceptos relacionados coa fracción xeratriz, os tipos de decimais ou como pasar dunha expresión a outra.

Contén tamén unha ficha de apoio relacionada cunha actividade para escoller a especie idónea para a parcela segundo o clima. Esta poderá incluírse despois no proxecto final (3 sesións).

3.5. Sesións con operacións combinadas de números racionais, aplicando o visto ata agora, cunha aplicación na elaboración dun presuposto real, axustado ao proxecto.

Inclúese unha folla de cálculo co orzamento, dividida en 2 lapelas. Unha cun exemplo real completo e outra máis adaptada para encher cos seus propios datos (2 sesións).

3.6. Introdúcense as potencias a través dos fractais, moi presentes na natureza. Estúdanse as propiedades de potencias (1 sesión).

3.7. Sesións cos radicais, onde se pode acoutar, cálculos a través deles, as súas propiedades, factorizar, simplificar e as diferenzas entre os conxuntos dos números racionais e irracionais.

Todo vai marcado nun contexto das raíces das árbores, con referencia a conceptos como os desniveis do terreo (2 sesións).

3.8. Actividade multinivel contextualizada, con problemas de resolución máis directa e problemas con enunciados máis complexos (1 sesión).

3.9. Unha mestura de contidos con problemas contextualizados, nos que hai que empregar todos os saberes xa vistos nas actividades anteriores.

Contén reflexións para anotar no diario de aprendizaxe de forma individual e grupal (2 sesións).

13 sesións

Reto final:

4. El informe forestal

4.1. Diseño exitoso

Propóñense dúas sesións para rematar o informe forestal tendo en conta os requirimentos que debe cumprir.

Contén reflexións para anotar no diario de aprendizaxe de forma individual e en equipo, reforzando así a súa comprensión e a capacidade para aplicar as estratexias necesarias no reto final.

2 sesións

Conclusión e avaliación:

5. Valora nuestros montes

5. Valora nuestros montes

Sesión vinculada á exposición do informe forestal e á explicación do proceso levado a cabo por cada un dos equipos na aula.

Auto-reflexión, individual e en equipos, sobre a utilidade do aprendido e comunicación dos resultados aos/ás compañeiros/as nunha exposición oral. A duración pode variar dependendo do número de equipos e do tempo que se dea a cada un deles.

1 sesión

Feito con eXeLearning (Nova xanela)