ℝacionaliza tu monte
Este REA (Recurso Educativo Aberto) ten como obxectivo principal que o alumnado integre nos seus coñecementos unha parte dos bloques do sentido numérico (1) e socioafectivo (6) do currículo de 3º de ESO, tomando como fío condutor o coidado e o aproveitamento dos montes galegos.
O alumnado aprenderá a resolver problemas e a traballar en equipo con actividades próximas á enxeñaría forestal, á vez que pon en valor a aplicación das matemáticas no coidado e aproveitamento dos recursos naturais. Como reto final, proponse realizar un proxecto para a rehabilitación dunha parcela forestal da súa contorna.
As metas de aprendizaxe son:
- Realizar conexións entre o mundo da xestión forestal e as matemáticas para mellorar a súa comprensión.
- Desenvolver o pensamento crítico analizando, dende un punto de vista racional, varias das situacións que teñen lugar no ámbito da xestión medioambiental (ordenación do territorio, valoración da madeira dunha masa forestal, distribución xeométrica dunha plantación, propagación de pragas, influencia da climatoloxía, elaboración dun orzamento...).
- Interpretar, describir e operar con números racionais, potencias e raíces, neste contexto.
- Empregar con soltura a notación científica ao traballar con cantidades extremas na resolución de problemas.
- Traballar en equipo, respectando diferentes opinións, comunicando de maneira efectiva, repartindo as tarefas, favorecendo a inclusión e pensando de forma crítica e creativa.