Saltar navegación

2.2. Temporización

Temporización do REA

A programación didáctica de referencia publicada en Proens para a materia de Lingua Galega e Literatura de 2º da ESO prevé unha duración aproximada de 15 sesións para a UD 8: "A vacaloura", nas que se integra este REA.

Fase Seccións Descrición do traballo a desenvolver Temporalización
Fase 1: Atención, redacción!


1.1. O reto do boletín informativo
1.2. Exploramos boletíns reais
1.3. Se eu fose xornalista…

 

Presentamos o reto do boletín informativo. Analizamos modelos reais para coñecer a súa estrutura e función. Reflexionamos sobre o papel do xornalismo e iniciamos o traballo como redacción. Inicio do diario de aprendizaxe cunha reflexión persoal sobre o xornalismo.

2 sesións
Fase 2: Radiografía dunha noticia

2.1. Información ou opinión?
2.2. Desmontando entrevistas
2.3. Facemos unha recensión
2.4. Pon a proba a túa memoria!

Aprendemos a diferenciar información e opinión. Analizamos entrevistas e coñecemos a súa estrutura. Iniciámonos na elaboración de recensións e consolidamos os contidos traballados.

4 sesións
Fase 3: Sementando cultura 3.1. O desafío
3.2. Achégate á cultura!
3.3. Noticias do corazón
3.4. As mil e unha viaxes
3.5. Dime como falas…
3.6. Eh! Fíxate!
3.7. Demostra o que sabes!
Investigamos e seleccionamos información cultural. Elaboramos noticias e contidos diversos para o boletín. Traballamos os rexistros lingüísticos, a corrección e a adecuación. Aplicamos o aprendido en tarefas prácticas. 4 sesións
Fase 4: Construamos información, construamos opinión.

4.1. Creamos cultura!
4.2. Informamos
4.3. Opinamos
4.4. Informamos e opinamos
4.5. Teño todo listo?

Redactamos as distintas seccións do boletín (noticias, opinión, recensión…). Organizamos e maquetamos o produto final. Revisamos os textos para garantir coherencia, cohesión e corrección.

4 sesións
Fase 5: Imos á imprenta 5.1. Resumo do aprendido
5.2. Valoramos a experiencia!
Presentación dos produtos finais.
Espazos de coavaliación, autoavaliación e reflexión final sobre o proceso e a aprendizaxe realizada. Peche do diario de aprendizaxe sobre o xornalismo, tras o proceso de creación.
1 sesión

Feito con eXeLearning (Nova xanela)