Criterios de avaliación e mínimos de consecución
Na seguinte táboa recóllense os criterios de avaliación, os mínimos de consecución que se contemplan para cada criterio, os instrumentos de avaliación previstos e a súa ponderación tomando como referencia a proposta de Proens.
| Códigos CA: descrición dos criterios de avaliación | Mínimos de consecución | Instrumentos de avaliación | Unidade/didáctica/(Proens) | % (Orientación de Proens) |
|---|---|---|---|---|
| CA2.1 - Comprender o sentido global, a estrutura, a información máis relevante en función das necesidades comunicativas e a intención do emisor en textos orais e multimodais sinxelos de diferentes ámbitos, analizando a interacción entre os diferentes códigos. |
Identifica a estrutura e os elementos propios dun boletín informativo recoñecendo as características formais dos textos que se van incluír na súa publicación (noticias, entrevistas e crónicas). | TI | UD8 | 15 |
| CA2.2 - Valorar a forma e o contido de textos orais e multimodais sinxelos, avaliando a calidade, a súa fiabilidade e a idoneidade da canle utilizada, así como a eficacia dos procedementos comunicativos empregados. | Planifica a forma e o contido do boletín informativo a través de notas, esquemas, resumos etc., organizando todo este material. | TI | UD8 | 15 |
| CA2.3 - Realizar narracións e exposicións orais sinxelas con diferente grao de planificación sobre temas de interese persoal, social e educativo, axustándose ás convencións propias dos diversos xéneros discursivos, con fluidez e coherencia e co rexistro axeitado, en diferentes soportes e utilizando de maneira eficaz recursos verbais e non verbais. | Emprega nos textos redactados algúns mecanismos de cohesión (conectores textuais temporais e explicativos); mecanismos de referencia interna gramaticais (substitucións pronominais e adverbiais) e léxicos (repeticións, sinónimos e hiperónimos). | TI | UD8 | 25 |
| CA2.4 - Participar en interaccións orais informais, no traballo en equipo e en situacións orais formais de carácter dialogado de maneira activa e adecuada, con actitudes de escoita activa e facendo uso de estratexias de cooperación conversacional e de cortesía lingüística. | En grupos, colabora activamente na elaboración dun boletín informativo con boa actitude e respectando as normas de cortesía conversacional. | TI | UD8 | 10 |
| CA2.7 - Planificar e redactar textos escritos e multimodais sinxelos, atendendo á situación comunicativa, ao destinatario, ao propósito e á canle, e presentando, despois da súa revisión, un texto final coherente, cohesionado e co rexistro adecuado. | O alumnado coa planificación e redacción dun boletín informativo ben estruturado, empregando o rexistro adecuado, mantendo a coherencia e sen erros salientables. | TI | UD8 | 15 |
| CA2.9 - Revisar os propios textos de maneira guiada e facer propostas de mellora argumentando as mudanzas a partir da reflexión metalingüística e cunha metalinguaxe específica, e identificar e emendar algúns problemas de comprensión lectora utilizando os coñecementos explícitos sobre a lingua e o seu uso. | Logo de revisar os textos incluídos no boletín informativo coa axuda do profesorado, recoñece emendando os erros formais e de contido detectados. | TI | UD8 | 10 |
| CA4.1 - Incorporar procedementos básicos para enriquecer os textos, atendendo a aspectos discursivos, lingüísticos e de estilo, con precisión léxica e corrección ortográfica e gramatical, valorando o uso do léxico tradicional e as construcións morfosintácticas máis xenuínas. | Utiliza dicionarios e manuais de consulta para enriquecer o seu traballo cun léxico máis variado e preciso, e con estruturas morfosintácticas características do galego. | TI | UD8 | 10 |
| Lenda: %: Peso orientativo (o profesorado debe axustalo á súa programación); PE: Proba escrita, TI: Táboa de indicadores | ||||