Saltar navegación

2.1. Criterios e instrumentos de avaliación

Criterios de avaliación e mínimos de consecución

Na seguinte táboa recóllense os criterios de avaliación, os mínimos de consecución que se contemplan para cada criterio, os instrumentos de avaliación previstos e a súa ponderación tomando como referencia a proposta de Proens. 

Códigos CA: descrición dos criterios de avaliación  Mínimos de consecución Instrumentos de avaliación Unidade/didáctica/(Proens) % (Orientación de Proens)
CA2.1 - Comprender o sentido global, a estrutura, a información máis relevante en función das necesidades comunicativas e a intención do emisor en textos orais e multimodais sinxelos de diferentes ámbitos, analizando a interacción entre os diferentes
códigos.
Detecta, a través de textos dados, as
principais propiedades dun texto:
coherencia, cohesión e adecuación.
PE UD 7 15
CA3.1 - Comprender e interpretar o sentido global, a estrutura, a información máis relevante e a intención do emisor de textos escritos e multimodais sinxelos de diferentes ámbitos que respondan a diferentes propósitos de lectura, realizando as inferencias necesarias. Logo de representar en grupos unha
escena representativa da peza teatral de lectura obrigatoria, establece vínculos entre esta e distintos aspectos da actualidade (igualdade de xénero, micromachismos, linguaxe discriminatoria etc.).
PE UD 7 15
CA3.2 - Valorar a forma e o contido de textos sinxelos avaliando a súa calidade, fiabilidade e idoneidade da canle utilizada, así como a eficacia dos procedementos comunicativos empregados. Analiza a forma e o contido da obra
teatral de lectura obrigatoria do 3º
trimestre desde unha perspectiva de
xénero valorando os procedementos
comunicativos empregados.
PE UD 7 15
CA3.7 - Explicar e argumentar, coa axuda de pautas e modelos, a interpretación das obras lidas a partir
da análise das relacións internas dos seus elementos constitutivos co sentido da obra, atendendo á configuración dos xéneros e subxéneros literarios.
Identifica as características básicas
dalgúns subxéneros do xénero dramático (traxedia, comedia, drama, obra didáctica...)
PE UD 7 15
CA3.8 - Establecer de maneira guiada vínculos
argumentados entre os textos lidos e outros textos escritos, orais ou multimodais, así como con outras
manifestacións artísticas en función de temas, tópicos, estruturas, linguaxe e valores éticos e estéticos, mostrando a implicación e a resposta persoal do lector na lectura.
Relaciona a obra teatral de lectura
obrigatoria comparándoa con outros
textos e con outras manifestacións
artísticas en función de temas, tópicos,
estruturas e linguaxes (cine, música,
banda deseñada...).
PE UD 7 15
CA4.1 - Incorporar procedementos básicos para enriquecer os textos, atendendo a aspectos discursivos, lingüísticos e de estilo, con precisión léxica e corrección ortográfica e gramatical, valorando o uso do léxico tradicional e as construcións morfosintácticas máis xenuínas. Identifica, en oracións simples, as
funcións de complemento axente,
atributo e complemento predicativo.
PE UD 7 10
CA1.2 - Identificar, a partir da observación da diversidade lingüística da contorna, prexuízos e estereotipos lingüísticos, adoptando unha actitude de respecto e valoración da riqueza cultural, lingüística e dialectal. Recoñece os principais trazos fonéticos e morfolóxicos do bloque e área lingüística na que se insire a súa contorna e valora estes fenómenos como mostra da riqueza dialectal do galego. TI UD 7 15
Lenda%: Peso orientativo (o profesorado debe axustalo á súa programación); PE: Proba escrita, TI: Táboa de indicadores

Actividades e instrumentos empregados no REA

Na seguinte táboa concrétanse as actividades ou retos empregados no REA do alumnado en relación con cada criterio de avaliació e indícase en cada caso o instrumento de avaliación concreto considerado.

Criterios de avaliación Actividades ou exercicios / Seccións do REA Instrumentos empregados
CA2.1 - Comprender o sentido global, a estrutura, a información máis relevante en función das necesidades comunicativas e a intención do emisor en textos orais e multimodais sinxelos de diferentes ámbitos, analizando a interacción entre os diferentes códigos.
  • Lectura dramatizada e/ou visualización de fragmentos de Ícaras.
  • Análise guiada de escenas representadas polo profesorado ou polo alumnado.
  • Actividades de identificación de coherencia, cohesión e adecuación en textos orais e multimodais.

Observación directa

Rúbrica

CA3.1 - Comprender e interpretar o sentido global, a estrutura, a información máis relevante e a intención do emisor de textos escritos e multimodais sinxelos
de diferentes ámbitos que respondan a diferentes propósitos de lectura, realizando as inferencias necesarias.
  • Lectura facilitada da obra Ícaras. Actividades de comprensión lectora e interpretación guiada.
  • Entradas do diario de aprendizaxe vinculadas á lectura e á interpretación da obra.

Observación directa

Rúbrica

CA3.2 - Valorar a forma e o contido de textos sinxelos avaliando a súa calidade, fiabilidade e idoneidade da canle utilizada, así como a eficacia dos procedementos comunicativos empregados.
  • Análise da obra Ícaras desde unha perspectiva crítica e de xénero.
  • Comparación entre diferentes formas de representación (texto escrito, escena teatral, vídeo-performático).

Observación directa

Rúbrica

Informe de progreso

CA3.7 - Explicar e argumentar, coa axuda de pautas e modelos, a interpretación das obras lidas a partir da análise das relacións internas dos seus elementos constitutivos co sentido da obra, atendendo á configuración dos xéneros e subxéneros literarios.
  • Actividades sobre o xénero dramático e os seus subxéneros (traxedia, comedia, drama…).
  • Análise das características do texto teatral aplicadas á obra Ícaras.

PE

CA3.8 - Establecer de maneira guiada vínculos argumentados entre os textos lidos e outros textos escritos, orais ou multimodais, así como con outras manifestacións artísticas en función de temas, tópicos, estruturas, linguaxe e valores éticos e estéticos, mostrando a implicación e a resposta persoal do lector na lectura.
  • Actividades de conexión entre Ícaras e outros textos, escenas, cancións, imaxes ou situacións da realidade actual.
  • Actividade “Cousas que nos cortan as ás”.

Rúbrica

Informe de progreso

CA4.1 - Incorporar procedementos básicos para enriquecer os textos, atendendo a aspectos discursivos, lingüísticos e de estilo, con precisión léxica e corrección ortográfica e gramatical, valorando o uso do léxico tradicional e as construcións morfosintácticas máis xenuínas.
  • Elaboración e revisión dos guións dos sketchs teatrais.
  • Revisión guiada dos textos creados (coherencia, cohesión, funcións sintácticas básicas).

Rúbrica

Informe de Progreso

TI

CA1.2 - Identificar, a partir da observación da diversidade lingüística da contorna, prexuízos e estereotipos lingüísticos, adoptando unha actitude de respecto e valoración da riqueza cultural, lingüística e dialectal.
  • Actividades de reflexión sobre linguaxe discriminatoria, micromachismos e diversidade lingüística.
  • Uso consciente da lingua galega nos sketchs e nas actividades de aula.

Rúbrica

Informe de Progreso

Feito con eXeLearning (Nova xanela)