Saltar navegación

Créditos e descarga

Logo do proxecto cREAgal. Accede ao espazo cREAgal. Abre en nova xanela

Título Guía didáctica do REA “Operación viñeta!”
Descrición

Esta é a guía do profesorado do REA (Recurso Educativo Aberto) número 4 —dun total de 6— elaborado no marco do proxecto cREAgal para a materia de Lingua Galega e Literatura de 2º da ESO de Educación Secundaria Obrigatoria.

A situación de aprendizaxe ten como obxectivo principal que o alumnado integre nos seus coñecementos unha parte dos bloques de contido do currículo de 2º de ESO da materia de Lingua Galega e Literatura. Estes céntranse nos procesos de produción, comprensión e análise crítica de textos orais, escritos e multimodais; na lectura autónoma; e na lectura guiada. Ademais de contidos relacionados co funcionamento do sistema lingüístico, de índole semántico, sintáctico, morfolóxico e gramatical. Tamén busca incorporar estratexias de resolución de problemas e de traballo en equipo, a través de situacións reais, motivadoras que requiran distintos niveis de dificultade.

O reto consiste en facer un cómic así como na gravación do proceso de creación do mesmo. Neste REA, o alumnado elaborará de maneira colaborativa a súa propia banda deseñada. Terá que decidir se creala de cero ou adaptar un texto xa existente, deseñar un guión, dividilo en viñetas, aplicar os elementos e características do cómic, elaborar a súa versión definitiva e gravar todo o proceso. Ademais disto, achegarase á historia e situación da banda deseñada galega e converterase en corrector ou correctora de textos doutras persoas da clase.

Persoas elaboradoras

Laura Balboa Aira

Eva González Álvarez

Tamara Rial Montes

Organización

Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa. Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional. Xunta de Galicia.

Licenza Licenza Creative Commons Atribución Non comercial Compartir igual 4.0

Este contido foi creado con eXeLearning, o editor libre e de fonte aberta deseñado para crear recursos educativos.

Os elementos multimedia incluídos nesta guía didáctica son de elaboración propia no marco do proxecto cREAgal, indícase no propio recurso a súa licenza específica.

Versión

 Versión Data de publicación
Notas sobre a versión
1.0 xuño 2026 Primeira versión.

Aquí tes o ficheiro fonte para editar este REA

  • Segue estes pasos para usar/redistribuír/modificar este REA:

1. Descarga o ficheiro fonte. Con isto tes o recurso orixinal en formato de edición.

2. Modifícao usando eXeLearning.

3. Se aínda non o tes, descarga e instala o estilo cREAgal.

4. En caso de modificalo, tes que recoñecer a autoría e publicalo coa mesma licenza (CC BY-NC-SA).

Podes usar esta cita para facer referencia a cREAgal:

Este REA é unha adaptación do recurso orixinal «Guía didáctica do REA "Operación viñeta!"»  do proxecto cREAgal da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional da Xunta de Galicia baixo licenza CC BY-NC-SA.

Feito con eXeLearning (Nova xanela)