Saltar navegación

2.2. Temporalización

Temporalización do REA

De acordo coa programación modelo de Proens, este REA deseñouse para desenvolverse en 13 sesións, mais cómpre ter en conta que debe ser unha periodización adaptable segundo as necesidades e ritmos do grupo. A proposta é que se traballe no segundo trimestre.

A temporalización aproximada recomendada para cada fase deste recurso é a seguinte:

Fase Seccións Descrición do traballo a desenvolver Temporalización

1. Detectives en acción

(Descrición)


1.1. Cal é o misterio?

1.2. Quen move os fíos do caso?

Sesión de introdución e motivación sobre o reto.

Explicación dos chanzos para acadar o reto.

Observación de exemplos de cómics en galego.

Diario de aprendizaxe.

1 sesión

2. Caso aberto

(Exploración. Coñecementos previos)


2.1. O enigma das letras

2.2. Trazos de tinta negra

Creación de grupos segundo os criterios do profesor ou profesora.

Activación dos coñecementos previos relacionados cos contidos a tratar ao longo do REA: a banda deseñada, os elementos da banda deseñada, a gramática e a ortografía.

Diario de aprendizaxe.

2 sesións

3. Segredos entre cadros

(Conexión)


3.1. Crónicas dunha investigación

3.2. Baixo sospeita

3.3. Saímos do labirinto

3.4. A derradeira volta

Planificación do guión da banda deseñada.

Explicación sobre os elementos do cómic.

Aproximación á gramática e á ortografía básicas.

Corrección dos guións do cómic.

Diario de aprendizaxe.

4 sesións

4. No ronsel das pistas

(Reto final)


4.1. Esbozamos

4.2. A última pegada

Creación do cómic en base ao guión e ás rúbricas indicadas.

Realización do making off da banda deseñada.

Diario de aprendizaxe.

4 sesións

5. A derradeira secuencia

(Conclusión)

5.1. Punto e final

Esquema dos contidos do REA.

Presentación das bandas deseñadas ao resto dos grupos.

Diario de aprendizaxe: coavaliación.

2 sesións

Feito con eXeLearning (Nova xanela)