Saltar navegación

2.1. Criterios e instrumentos de avaliación

Criterios de avaliación e mínimos de consecución

Na seguinte táboa recóllense os criterios de avaliación, os mínimos de consecución que se contemplan para cada criterio, os instrumentos de avaliación previstos e a súa ponderación segundo a programación proposta en Proens.

Códigos CA: descrición dos criterios de avaliación  Mínimos de consecución Instrumentos de avaliación Unidade/s didáctica/s (Proens) % (Orientación de Proens)
CA2.1- Comprender o sentido global, a estrutura, a información máis relevante en función das necesidades comunicativas e a intención do emisor en textos  orais e multimodais sinxelos de diferentes ámbitos, analizando a interacción entre os diferentes códigos. Participa activamente no obradoiro de banda deseñada identificando as súas
características formais e os seus principais elementos constitutivos.
TI UD6 15 %
CA3.1- Comprender e interpretar o sentido global, a estrutura, a información máis relevante e a intención do emisor de textos escritos e multimodais sinxelos de diferentes ámbitos que respondan a diferentes propósitos de lectura, realizando as inferencias necesarias. Comprende o sentido global dun cómic proporcionado polo/a ilustrador/a que
imparte o obradoiro recoñecendo algúns dos recursos expresivos máis significativos de dito texto.
TI 15 %
CA3.3- Localizar, seleccionar e contrastar información de maneira guiada procedente de diferentes fontes calibrando a súa fiabilidade e pertinencia en función dos obxectivos de lectura, adoptando un punto de vista crítico e respectando os principios de propiedade intelectual. En grupos de tres ou catro estudantes, selecciona información para realizar un
traballo sobre o cómic en galego (orixes, evolución, temáticas, autoras e autores
destacados...). Respéctanse os principios de propiedade intelectual e indícanse correctamente as fontes consultadas.
TI 20 %
CA3.5- Elixir e ler textos a partir de preseleccións guiándose polos propios gustos, intereses e necesidades e deixando constancia do propio itinerario lector e da experiencia da lectura. Logo de visitar a biblioteca escolar, elixe un cómic explicando ás compañeiras e
compañeiros o motivo da súa escolla; tamén podes expresarlles a túa opinión sobre algún outro lido con anterioridade.
TI 10 %
CA3.9- Crear textos persoais ou colectivos con intención literaria e conciencia de estilo, en distintos soportes e con axuda doutras linguaxes artísticas e audiovisuais, a partir da lectura de obras ou fragmentos significativos nos que se empreguen as convencións formais dos diversos xéneros e estilos literarios. Por parellas, crea unha páxina dun cómic colectivo inspirado no libro de lectura
obrigatoria do 2º trimestre
TI 20 %
CA4.2- Localizar, seleccionar e contrastar información de maneira progresivamente autónoma procedente de diferentes fontes, calibrando a súa fiabilidade e pertinencia en función dos obxectivos de lectura e adoptando un punto de vista crítico e respectando os principios de propiedade intelectual. Logo de localizar e contrastar a información pertinente e de rematar a
fase de creación, grava un breve vídeo explicativo sobre o proceso.
TI 10 %
CA4.3- Revisar os textos propios de maneira guiada e facer propostas de mellora argumentando as mudanzas a partir da reflexión metalingüística e cunha linguaxe específica e identificar e emendar algúns problemas de comprensión lectora utilizando os coñecementos explícitos sobre a lingua e o seu uso. Logo de revisar os traballos incluídos no proxecto coa axuda do profesorado,
recoñece os erros formais e de contido detectados e os corríxeos.
TI 10 %
Lenda%: Peso orientativo (o profesorado debe axustalo á súa programación); PE: Proba escrita, TI: Táboa de indicadores.

Actividades e instrumentos empregados no REA

Nesta táboa concrétanse as actividades ou retos empregados no REA do alumnado en relación cos criterios de avaliación, indicando en cada caso o instrumento de avaliación considerado.

Criterios de avaliación Actividades ou exercicios / Seccións do REA Instrumentos empregados

CA2.1 - Comprender o sentido global, a estrutura, a información máis relevante en función das necesidades comunicativas e a intención do emisor en textos  orais e multimodais sinxelos de diferentes ámbitos, analizando a interacción entre os diferentes códigos.

  • 3.1. Crónicas dunha investigación: "Abrimos o caso"
  • 3.2. Baixo sospeita: "É hora de compartir o caso"

Observación

Táboa de indicadores

CA3.1.- Comprender e interpretar o sentido global, a estrutura, a información máis relevante e a intención do emisor de textos escritos e multimodais sinxelos de diferentes ámbitos que respondan a diferentes propósitos de lectura, realizando as inferencias necesarias.

  • 3.1. Crónicas dunha investigación: "Abrimos o caso"

Táboa de indicadores

CA3.3- Localizar, seleccionar e contrastar información de maneira guiada procedente de diferentes fontes calibrando a súa fiabilidade e pertinencia en función dos obxectivos de lectura, adoptando un punto de vista crítico e respectando os principios de propiedade intelectual.

  • 3.1. Crónicas dunha investigación: "Comeza a busca"
  • 3.2. Baixo sospeita: "Documéntate ben!"
Rúbrica

CA3.5- Elixir e ler textos a partir de preseleccións guiándose polos propios gustos, intereses e necesidades e deixando constancia do propio itinerario lector e da experiencia da lectura.

  • 3.2. Baixo sospeita: "É hora de compartir o caso"
Observación

CA3.9- Crear textos persoais ou colectivos con intención literaria e conciencia de estilo, en distintos soportes e con axuda doutras linguaxes artísticas e audiovisuais, a partir da lectura de obras ou fragmentos significativos nos que se empreguen as convencións formais dos diversos xéneros e estilos literarios.

  • 2. Caso aberto: "Barallando ideas"
  • 4.1. Esbozamos: "Primeiro paso: esbozamos a estrutura"
  • 4.2. A última pegada: "Segundo paso: primeiro borrador", "Último paso: trazos finais"
Observación

CA4.2- Localizar, seleccionar e contrastar información de maneira progresivamente autónoma procedente de diferentes fontes, calibrando a súa fiabilidade e pertinencia en función dos obxectivos de lectura e adoptando un punto de vista crítico e respectando os principios de propiedade intelectual.

  • 4. No ronsel das pistas: "Como se fai?"
Observación

CA4.3- Revisar os textos propios de maneira guiada e facer propostas de mellora argumentando as mudanzas a partir da reflexión metalingüística e cunha linguaxe específica e identificar e emendar algúns problemas de comprensión lectora utilizando os coñecementos explícitos sobre a lingua e o seu uso.

  • 3.3. Saímos do labirinto: "Lupa e lentes, erros evidentes"
Rúbrica

Feito con eXeLearning (Nova xanela)