Saltar navegación

3. Guía de uso

Quen ten boca, ten pódcast!

O REA "Quen ten boca, ten pódcast!" segue unha estrutura definida que é importante ter en conta:

  • Fase 1. De que vai isto?: Descrición do reto, que consiste en idear e levar a cabo un pódcast. Vense exemplos de pódcasts.
  • Fase 2. Pon a voz a quentar: Exploración. Traballo cos coñecementos previos. Créanse os grupos e escóllese o tema de cada pódcast.
  • Fase 3. Colle o micro: Conexión. Trabállase o guión do pódcast. Desenvólvense os contidos sobre os subxéneros narrativos e os elementos da novela. Tamén se traballa a relación semántica das palabras, o texto expositivo e a voz activa e pasiva dos verbos.
  • Fase 4. Acende a gravadora: Reto final. Realízase a entrevista para o pódcast. Desenvólvense os contidos sobre os xéneros xornalísticos, realízase un debate, trabállase o sentido literal e figurado e as oracións predicativas e copulativas.
  • Fase 5. Dálle ao play: Conclusión. Exposición e coavaliación dos produtos finais. Acaba de crearse o pódcast. Emítese o pódcast en directo diante doutro alumnado e difúndese posteriormente á comunidade educativa. Reflexiónase e avalíase todo o proceso.

O proxecto non só desenvolverá competencias lingüísticas, comunicativas e literarias, senón que tamén fortalecerá habilidades como o traballo en equipo, a resolución de problemas e a xestión do tempo. A través desta experiencia, búscase preparar o alumnado para enfrontar desafíos reais, promovendo unha formación integral e práctica.

Os diferentes bloques do REA están pensados tendo en conta o DUA, presentando distintas versións da información, de xeito que diversificamos o acceso a ela ofrecendo variedade formatos e niveis, tentando chegar ao maior número de realidades individuais do noso alumnado.

Feito con eXeLearning (Nova xanela)