Este REA, en relación coa programación didáctica de referencia publicada no Proens para a materia de Lingua Galega e Literatura de 2.º da ESO, contextualízase na unidade didáctica 4 (O lagostino) e na unidade didáctica 5 (A toupa).
No recurso trabállanse contidos dos bloques de contidos da programación 2, 3 e 4 correspondentes a: "Comunicación", "Reflexión sobre a lingua" e "Educación literaria" (non se traballan, polo tanto, contidos correspondentes ao bloque 1 "A lingua e os seus falantes").
| Contidos |
Bloque da materia |
- Xéneros discursivos vinculado ás estratexias de produción, comprensión e análise crítica de textos orais, escritos e multimodais de diferentes ámbitos.
- Procesos desde o punto de vista da produción, comprensión e análise crítica de textos orais, escritos e multimodais.
- Recoñecemento e uso discursivo dos elementos lingüísticos en textos orais, escritos e multimodais.
|
Bloque 2 |
- Lectura autónoma. Implicación na lectura de obras de maneira progresivamente autónoma a partir dunha preselección de textos variados e reflexión sobre os textos e sobre a propia práctica da lectura.
- Lectura guiada. Lectura de obras relevantes da literatura xuvenil contemporánea galega e do patrimonio literario lusófono, inscritas en itinerarios temáticos ou de xénero, que atravesan épocas, contextos culturais e movementos artísticos.
|
Bloque 3 |
- Elaboración de conclusións propias sobre o funcionamento do sistema lingüístico cunha linguaxe específica a partir da observación, comparación e clasificación de unidades comunicativas e do contraste entre linguas.
|
Bloque 4 |
Tendo en conta o anterior, este recurso céntrase principalmente nos seguintes obxectivos da materia:
| Obxectivos |
Descrición |
OBX2
|
Comprender e interpretar textos orais e multimodais recollendo o sentido xeral e a información máis relevante, identificando o punto de vista e a intención do emisor e valorando a súa fiabilidade, a súa forma e o seu contido, para construír coñecemento, formar opinión e ampliar as posibilidades de gozo e de lecer. |
| OBX3 |
Producir textos orais e multimodais con coherencia e fluidez e co rexistro adecuado, atendendo ás convencións propias dos diferentes xéneros discursivos, e participar en interaccións orais con actitude cooperativa e respectuosa, tanto para construír coñecemento e establecer vínculos persoais como para intervir de maneira activa e informada en diferentes contextos sociais. |
OBX4
|
Comprender, interpretar e valorar textos escritos, con sentido crítico e diferentes propósitos de lectura, recoñecendo o sentido global e as ideas principais e secundarias, identificando a intención do emisor, reflexionando sobre o contido e a forma, avaliando a súa calidade e fiabilidade para dar resposta ás necesidades e aos intereses comunicativos diversos e para construír coñecemento. |
| OBX5 |
Producir textos escritos e multimodais coherentes, cohesionados, adecuados e correctos atendendo ás convencións propias do xénero discursivo elixido, para construír coñecemento e para dar resposta de maneira informada, eficaz e creativa a demandas comunicativas concretas. |
|
|
As competencias clave e os descritores operativos traballados son:
| Competencias clave |
Clave dos descritores operativos |
| Competencia en comunicación lingüística (CCL) |
CCL1, CCL2, CCL3, CCL4, CCL5 |
| Competencia matemática e competencia en ciencia, tecnoloxía e enxeñaría (STEM) |
STEM1, STEM4 |
| Competencia persoal, social e de aprender a aprender (CPSAA) |
CPSAA4 |