Criterios de avaliación e mínimos de consecución
Na seguinte táboa recóllense os criterios de avaliación, os mínimos de consecución que se contemplan para cada criterio, os instrumentos de avaliación previstos e a súa ponderación segundo a programación proposta en Proens.
| Códigos CA: descrición dos criterios de avaliación | Mínimos de consecución | Instrumentos de avaliación | Unidade/s didáctica/s (Proens) | % (Orientación de Proens) |
|---|---|---|---|---|
| CA2.1 - Comprender o sentido global, a estrutura, a información máis relevante en función das necesidades comunicativas e a intención do emisor en textos orais e multimodais sinxelos de diferentes ámbitos, analizando a interacción entre os diferentes códigos. | Recoñece, en textos dados, as características formais e a estrutura de textos propios do ámbito académico (apuntamentos). | PE (Non incluída no REA) | UD 4 | 15 |
| CA2.2 - Valorar a forma e o contido de textos orais e multimodais sinxelos, avaliando a calidade, a súa fiabilidade e a idoneidade da canle utilizada, así como a eficacia dos procedementos comunicativos empregados. | Comprende o sentido global, selecciona a información máis relevante e valora a estrutura e os procedementos comunicativos empregados nun texto expositivo sobre o Día Escolar da Non Violencia e a Paz. | PE | UD 4 | 10 |
| CA3.7 - Explicar e argumentar, coa axuda de pautas e modelos, a interpretación das obras lidas a partir da análise das relacións internas dos seus elementos constitutivos co sentido da obra, atendendo á configuración dos xéneros e subxéneros literarios. | Identifica as características da novela a partir da análise das relacións internas dos elementos constitutivos co sentido da obra narrativa de lectura obrigatoria do 2º trimestre; tamén identifica algúns trazos básicos doutros subxéneros literarios narrativos (conto, fábula, lenda...). | PE | UD 4 | 20 |
| CA4.1 - Incorporar procedementos básicos para enriquecer os textos, atendendo a aspectos discursivos, lingüísticos e de estilo, con precisión léxica e corrección ortográfica e gramatical, valorando o uso do léxico tradicional e as construcións morfosintácticas máis xenuínas. | Clasifica as oracións segundo a voz diferenciando entre activas e pasivas e recoñecendo a estrutura das oracións pasivas. | PE | UD 4 | 15 |
| CA4.5 - Formular xeneralizacións sobre aspectos básicos do funcionamento da lingua a partir da observación, comparación e transformación de enunciados, así como da formulación de hipóteses e a procura de contraexemplos, utilizando unha metalinguaxe específica e consultando de maneira guiada dicionarios, manuais e gramáticas. | Analiza as relacións semánticas entre palabras e os seus valores denotativos e connotativos en función do contexto e do propósito comunicativo. | PE | UD 4 | 15 |
| CA2.4 - Participar en interaccións orais informais, no traballo en equipo e en situacións orais formais de carácter dialogado de maneira activa e adecuada, con actitudes de escoita activa e facendo uso de estratexias de cooperación conversacional e de cortesía lingüística. | En grupos e guiado pola persoa docente, participa activamente na preparación da entrevista co Valedor do Pobo (ou persoa na que delegue) programada no apartado de actividades complementarias. | TI | UD 4 | 10 |
| CA2.5 - Comprender e interpretar o sentido global, a estrutura, a información máis relevante e a intención do emisor en textos escritos e multimodais sinxelos de diferentes ámbitos que respondan a diferentes propósitos de lectura, realizando as inferencias necesarias. | A partir da lecturado texto anterior, o alumnado elabora un mapa conceptual sobre o Día Escolar da Non Violencia e a Paz que se conmemora o 30 de xaneiro. | TI | UD 4 | 15 |
| CA2.1 - Comprender o sentido global, a estrutura, a información máis relevante en función das necesidades comunicativas e a intención do emisor en textos orais e multimodais sinxelos de diferentes ámbitos, analizando a interacción entre os diferentes códigos. |
Recoñece, en textos dados, as características formais e a estrutura de textos propios das redes sociais e dos medios de comunicación, tanto analóxicos como dixitais (entrevista). |
PE | UD 5 | 20 |
| CA4.1 - Incorporar procedementos básicos para enriquecer os textos, atendendo a aspectos discursivos, lingüísticos e de estilo, con precisión léxica e corrección ortográfica e gramatical, valorando o uso do léxico tradicional e as construcións morfosintácticas máis xenuínas. | Identifica a sinonimia, a antonimia, a homonimia e a polisemia establecendo relacións semánticas entre palabras. | PE | UD 5 | 15 |
| CA4.4 - Explicar e argumentar a interrelación entre o propósito comunicativo e as eleccións lingüísticas do emisor, así como os seus efectos no receptor, utilizando o coñecemento explícito da lingua e unha metalinguaxe específica. | Clasifica as oracións activas en copulativas (ou atributivas) e predicativas e estas, en persoais e impersoais. | PE | UD 5 | 10 |
| CA2.2 - Valorar a forma e o contido de textos orais e multimodais sinxelos, avaliando a calidade, a súa fiabilidade e a idoneidade da canle utilizada, así como a eficacia dos procedementos comunicativos empregados. | Logo de escoitar varias entrevistas sobre un tema relacionado co coidado do medio, participa activamente nun debate sobre as opinións reflectidas. Cada alumna/o debe respectar a quenda de palabra e manter unha actitude de cortesía lingüística e cooperación conversacional. | TI | UD 5 | 10 |
| CA2.8 - Adoptar hábitos de uso crítico, seguro, sustentable e saudable das tecnoloxías dixitais con relación á procura e á comunicación da información, reflexionando sobre as posibles manipulacións presentes nas canles de transmisión da información. | Logo de participar no debate e de documentarse sobre o tema tratado, escribe un comentario (para unha rede social ou un blog do centro) no que reflexiona brevemente sobre os contidos debatidos. | TI | UD 5 | 15 |
| CA2.10 - Identificar e desterrar os usos discriminatorios da lingua, os abusos a través da palabra e os usos manipuladores da linguaxe a partir da reflexión e da análise dos elementos lingüísticos, textuais e discursivos utilizados, así como dos elementos non verbais da comunicación. | Coñece as normas de etiqueta dixital referindo as que considera máis importantes nun decálogo en formato electrónico que se difundirá na páxina web do centro. |
TI | UD 5 | 15 |
| CA3.6 - Compartir a experiencia da lectura en soportes diversos relacionando o sentido da obra coa propia experiencia biográfica e lectora. | Por parellas, a modo de booktubers, grava un vídeo no que cadaquén dialoga e expresa a súa opinión sobre a obra de lectura obrigatoria do 2º trimestre. | TI | UD 5 | 15 |
| Lenda: %: peso orientativo (o profesorado debe axustalo á súa programación); PE: proba escrita, TI: táboa de indicadores. | ||||