Saltar navegación

3.1. Recomendacións de uso

Orientacións e recomendacións de uso

Recursos materiais necesarios

Para desenvolver o REA precisamos:

  • Recursos dixitais: ordenador/tableta, conexión a internet...
  • Recursos físicos: caderno...

O REA dispón de:

  • "Material descargable" para que o alumnado dispoña dos materiais nun só documento de consulta.
  • "Diario de aprendizaxe" como ferramenta de reflexión individual e grupal.

Xeración de código QR

Para a xeración de códigos QR o alumnado dispón de múltiples opcións en rede. Esta é unha delas https://es.qr-code-generator.com/

Proposta de agrupamentos para actividades grupais

  • Deben ser de 3 ou 4 membros (poderíase alterar este número segundo o aspecto que se queira reforzar en actitude, pero sempre é mellor grupos pequenos).
  • Preferiblemente heteroxéneos. 
  • Os grupos deben ter interdependencia positiva e debe existir unha responsabilidade individual e grupal. O profesorado decidirá o papel que debe desempeñar cada un dos integrantes do grupo.

Produto final

Realización dun proxecto que integre unha presentación, unha exposición oral e un cartel para promocionar diferentes linguas nunha feira cultural:

  1. Deseñar o esquema do proxecto.
  2. Organizar as tarefas no grupo.
  3. Preparar o material (presentación, cartel e exposición). Calquera outro material que o equipo decida.
  4. Exposición na aula.

Enfoque multinivel do reto

Para ter en conta a diversidade da aula o REA contempla actividades multinivel. Así mesmo, no reto final obterase un produto (a exposición) que amosará diferentes niveis de complexidade mediante o traballo grupal colaborativo: nivel básico (co material imprescindible), nivel Experto e nivel Lenda Creativa.

Para a autoavaliación contarase cunha rúbrica e unha lista de cotexo ademais da sesión final dedicada a analizar as conclusións do resultado obtido.

Avaliación

Os instrumentos de avaliación que presenta o REA son:

  • Informe progreso
  • Rúbricas
  • Lista de cotexo
  • Táboa de indicadores

Interdisciplinariedade

Buscarase a colaboración con diferentes departamentos do centro para lograr o reto final:

  • Polos Creativos (material e espazo de traballo)
  • Departamentos de Educación Plástica e Visual, de Música, Tecnoloxía e Dixitalización... (recursos, música, decorado e escenografía...)
  • Radio Escolar
  • Biblioteca
  • Equipo de Dinamización Lingüística

Intercambio virtual

Na Fase 5 recóllese un apartado 5.2. Conexión catalá, que propón un intercambio cultural cun centro catalán, como aparece na programación didáctica de Proens. Este intercambio enténdese de interese para o alumnado polo que se recomenda que se leve a cabo.

Feito con eXeLearning (Nova xanela)