| CA1.1 - Recoñecer as linguas da Península Ibérica, especialmente as características básicas do portugués, do éuscaro e do catalán, e identificar algúns trazos dos repertorios lingüísticos e das variedades dialectais do alumnado contrastándoos en manifestacións orais, escritas e multimodais. |
Elabora un glosario multilingüe que contén expresións e léxico cotián básico (en galego, portugués, castelán, éuscaro, catalán e inglés) e, de ser o caso, tamén nas linguas das/os estudantes de orixe estranxeira (chinés, árabe, ruso...). |
TI |
UD 3 |
25 |
| CA1.2 - Identificar, a partir da observación da diversidade lingüística da contorna, prexuízos e estereotipos lingüísticos, adoptando unha actitude de respecto e valoración da riqueza cultural, lingüística e dialectal. |
Recoñece fórmulas de saúdo, despedida, agradecemento, desculpa e léxico cotián básico en lingua de signos incorporando estas expresións signadas ao glosario multilingüe a través de códigos QR. |
TI |
UD 3 |
10 |
| CA2.3 - Realizar narracións e exposicións orais sinxelas con diferente grao de planificación sobre temas de interese persoal, social e educativo, axustándose ás convencións propias dos diversos xéneros discursivos, con fluidez e coherencia e co rexistro axeitado, en diferentes soportes e utilizando de maneira eficaz recursos verbais e non verbais. |
Dentro da actividade de intercambio virtual cun centro catalán, grava, en grupos, unha exposición oral sobre temas do seu interese relacionados con Galicia (música, deporte,...), utilizando o rexistro adecuado e axustándose ao tempo establecido e ás convencións textuais. |
TI |
UD 3 |
25 |
| CA3.2 - Valorar a forma e o contido de textos sinxelos avaliando a súa calidade, fiabilidade e idoneidade da canle utilizada, así como a eficacia dos procedementos comunicativos empregados. |
Recita un poema que escolleu no que haxa referencias a elementos da natureza facendo unha fotomontaxe con imaxes paisaxísticas da súa contorna (o produto final remítese, en formato dixital, ao alumnado do centro catalán). |
TI |
UD 3 |
15 |
| CA3.4 - Elaborar traballos de investigación de maneira guiada en diferentes soportes sobrediversos temas de interese académico, persoal ou social a partir da información seleccionada. |
Elabora, en grupos, un pequeno traballo sobre a poesía contemporánea en portugués, éuscaro e catalán incluíndo unha breve antoloxía de poemas nestas linguas. Para iso, debe seleccionar a información máis relevante e indicar correctamente as fontes consultadas. |
TI |
UD 3 |
15 |
| CA4.1 - Incorporar procedementos básicos para enriquecer os textos, atendendo a aspectos discursivos, lingüísticos e de estilo, con precisión léxica e corrección ortográfica e gramatical, valorando o uso do léxico tradicional e as construcións morfosintácticas máis xenuínas. |
CA4.1 - Realiza procuras en manuais e dicionarios da Rede, atendendo a criterios de validez e fiabilidade. Tamén usa correctores ortográficos, procesadores de texto e programas de presentación para mellorar os seus traballos. |
TI |
UD 3 |
10 |
| Lenda: %: peso orientativo (o profesorado debe axustalo á súa programación); PE: proba escrita, TI: táboa de indicadores. |