Saltar navegación

1. Descrición xeral

A praza das linguas

Nesta unidade desenvolverase unha exposición que xirará arredor dunha feira cultural. Entre outras actuacións, elaborarase un glosario multilingüe en formato dixital que incluirá léxico cotián en galego, portugués, catalán, éuscaro e, de ser o caso, nas linguas das/dos estudantes de procedencia estranxeira (chinés, árabe, ruso, ucraíno...). Tamén se verán expresións básicas (fórmulas de saúdo, despedida, agradecemento, desculpa etc.) en lingua de signos. Ademais, realizarase un pequeno traballo sobre a poesía contemporánea escrita en galego, portugués, catalán e éuscaro. O proxecto complementarase cun intercambio lingüístico virtual cun centro catalán que se concretará en distintas iniciativas (exposicións orais, agasallos de videopoemas...).

Neste REA o reto será crear un proxecto de promoción de varias linguas da Península Ibérica (unha presentación, cartel e exposición oral) para explicar como farían un posto para unha feira cultural que permite traballar os contidos de maneira transversal.

En canto ás metas de aprendizaxe serán:

  • Coñecer textos do ámbito académico como os apuntamentos, mapas conceptuais e exposicións.
  • Planificar un texto oral con adecuación, coherencia e cohesión.
  • Coñecer as diferenzas e semellanzas entre as diferentes linguas: éuscaro, portugués, catalán, de signos...
  •  Recoñecer formas de saúdo, despedida, desculpa e léxico cotián en lingua de signos.
  • Aprender a elaborar unha exposición oral e facelo de maneira adecuada (ton, rexistro, postura...)
  • Coñecer autores e autoras da lírica contemporánea en galego, éuscaro, catalán e portugués.
  • Aprender a manexar dicionarios en rede.

Feito con eXeLearning (Nova xanela)