Saltar navegación

3.1. Recomendacións de uso

Orientacións e recomendacións de uso

Recursos materiais necesarios

Para desenvolver o REA precisamos:

  • recursos dixitais: ordenador/tablet, conexión a internet...
  • físicos: caderno...

O REA dispón de:

  • "Material descargable" para que o alumnado dispoña dos materiais nun só documento de consulta.
  • "Diario de aprendizaxe" como ferramenta de reflexión individual e grupal.

Proposta de agrupamentos para actividades grupais

  • Deben ser de 3 ou 4 membros (poderíase alterar este número segundo o aspecto que se queira reforzar en actitude, pero sempre é mellor grupos pequenos).
  • Preferiblemente heteroxéneos. 
  • Os grupos deben ter interdependencia positiva e debe existir unha responsabilidade individual e grupal. O profesorado decidirá o papel que debe desempeñar cada un dos integrantes do grupo.

Produto final

Realización dun programa literario con varias seccións relacionadas con diferentes tarefas do REA:

  1. Introdución/Presentación
  2. Microconcurso de "falsos amigos"
  3. Lectura de descricións e de poemas
  4. Concurso de poemas ilustrados e contraportadas de libros
  5. Rolda de lingua sobre interxeccións e adverbios
  6. Agradecementos e felicitacións
  7. Despedida

Enfoque multinivel do reto

Para ter en conta a diversidade da aula o REA contempla actividades multinivel. Así mesmo, no reto final obterase un produto (o programa literario) que amosará diferentes niveis de complexidade mediante o traballo grupal colaborativo.

O produto final é a realización dun programa literario que contén diferentes seccións. Nestas seccións inclúese unha selección de actividades que se foron elaborando ao longo do REA. A intención diso é que, por un lado, sexa algo motivador desde o principio e, por outro, que o resultado sexa visible e valorado polo propio alumnado, polo profesorado e por outro alumnado que poida participar como público. Recomendamos que se faga no salón de actos do centro ou na biblioteca, se fose o suficientemente espazosa.

Ademais, como final do proceso que é, nese programa literario pódese comprobar a evolución da aprendizaxe en todos os sentidos: dos contidos concretos traballados, da expresión oral, da expresión non verbal, da coordinación, do traballo cooperativo, etc. Para a autoavaliación contarase cunha rúbrica e unha lista de cotexo ademais da sesión final dedicada a analizar as conclusións do resultado obtido.

Avaliación

Os instrumentos de avaliación que presenta o REA son:

  • Informe progreso
  • Rúbricas
  • Lista de cotexo
  • Observación directa
  • Táboa de indicadores

Interdisciplinariedade

Buscarase a colaboración con diferentes departamentos do centro para lograr o reto final:

  • Polos Creativos (material e espazo de traballo)
  • Departamentos de Educación Plástica e Visual, de Música, Tecnoloxía e Dixitalización... (recursos, música, decorado e escenografía...)
  • Radio Escolar
  • Biblioteca
  • Equipo de Dinamización Lingüística

Feito con eXeLearning (Nova xanela)