Temporización do REA
A programación Proens contempla o desenvolvemento das unidades UD1 (O longueirón) e UD2 (O lucecú) en 24 sesións.
| Fase | Seccións | Descrición do traballo a desenvolver | Temporización |
|---|---|---|---|
| FASE 1. O programa de noso | O novo programa | Coñecemos o reto e o seu desenvolvemento | 1 sesión |
| FASE 2. Se nos unimos? |
Facemos equipa Lembramos para programar A biblioteca extraordinaria As palabras voan A pola na póla |
Vemos as similitudes e diferenzas do galego e o portugués. Coñecemos novo vocabulario e traballamos os "falsos amigos" Aprendemos léxico relacionado co reto. Sabemos da biblioteca extraordinaria e comprendemos o vocabulario relacionado. Describimos o noso lugar de lectura. Coñecemos diferentes portadas e contraportadas e elaboramos a nosa. Traballamos a descrición. Repasamos e ampliamos a acentuación. Facemos fincapé da diacrítica. |
8 sesións |
| FASE 3. Tacón, punta, tacón |
Máis que recursos Non, oh! Vaiche boa! Moi, moito! |
Aprendemos novos recursos literarios e traballamos con eles. Relacionamos a música e a poesía e aprendemos diferentes tipos. Traballamos un poema. Coñecemos as interxeccións e traballamos con elas. Aprendemos os adverbios, tipos e usos. |
9 sesións |
| FASE 4. Posicións... comezamos! |
Cada ovella coa súa parella Está ben? |
Organizamos os contidos do programa literario. Eliximos os diferentes papeis. Comprobamos se o fixemos ben. |
5 sesións |
| FASE 5. E como foi? | Analizamos o resultado e obtemos as conclusións. | 1 sesión |