Saltar navegación

2.1. Criterios e instrumentos de avaliación

Criterios de avaliación e mínimos de consecución

Códigos CA: descrición dos criterios de avaliación  Mínimos de consecución Instrumentos de avaliación Unidade/s didáctica/s (Proens) % (Orientación de Proens)
CA1.1 - Recoñecer as linguas da Península Ibérica, especialmente as características básicas do portugués, do éuscaro e do catalán, e identificar algúns trazos dos repertorios lingüísticos e das variedades dialectais do alumnado contrastándoos en manifestacións orais, escritas e multimodais. Recoñece as semellanzas e diferenzas máis salientables entre os sistemas ortográficos (grafemas e dígrafos) do galego e o do portugués. PE UD1 15
CA2.1 - Comprender o sentido global, a estrutura, a información máis relevante en función das necesidades comunicativas e a intención do emisor en textos orais e multimodais sinxelos de diferentes ámbitos, analizando a interacción entre os diferentes códigos. Comprende o sentido global, a estrutura e a información máis relevante dun texto multimodal sinxelo (p. ex., web do centro) explicando a interacción entre os diferentes códigos. PE UD1 20
CA3.2 - Valorar a forma e o contido de textos sinxelos avaliando a súa calidade, fiabilidade e  idoneidade da canle utilizada, así como a eficacia dos procedementos comunicativos empregados. Analiza algúns dos elementos constitutivos dunha composición sinxela do poemario de lectura obrigatoria do primeiro trimestre (métrica, rima etc.). PE UD1 10
CA3.7 - Explicar e argumentar, coa axuda de pautas e modelos, a interpretación das obras lidas a partir da análise das relacións internas dos seus elementos constitutivos co sentido da obra, atendendo á configuración dos xéneros e subxéneros literarios. Recoñece algúns subxéneros poéticos sinxelos a partir da análise das relacións internas dos elementos constitutivos co sentido dunha obra (canción, sátira...). PE UD1 10
CA4.1 - Incorporar procedementos básicos para enriquecer os textos, atendendo a aspectos discursivos, lingüísticos e de estilo, con precisión léxica e corrección ortográfica e gramatical, valorando o uso do léxico tradicional e as construcións morfosintácticas máis xenuínas. Distingue a categoría gramatical e o significado de parellas de palabras que se diferencian polo timbre aberto ou pechado da vogal tónica e empregando correctamente o acento diacrítico. PE UD1 15
CA2.3 - Realizar narracións e exposicións orais sinxelas con diferente grao de planificación sobre temas de interese persoal, social e educativo, axustándose ás convencións propias dos diversos xéneros discursivos, con fluidez e coherencia e co rexistro axeitado, en diferentes soportes e utilizando de maneira eficaz recursos verbais e non verbais. Relata brevemente a experiencia escolar vivida o curso anterior (aspectos positivos e negativos), axustándose ás convencións das secuencias narrativas, expresándose con fluidez, no rexistro adecuado, empregando recursos como a deíxe e usando con coherencia os tempos verbais. TI UD1 20
CA3.1 - Comprender e interpretar o sentido global, a estrutura, a información máis relevante e a intención do emisor de textos escritos e multimodais sinxelos de diferentes ámbitos que respondan a diferentes propósitos de lectura, realizando as inferencias necesarias. O alumnado acode á biblioteca escolar para participar activamente nunha charla co/a autor/a do poemario de lectura obrigatoria expresando a súa opinión sobre algún poema escollido por ela ou el. TI UD1 10
CA1.1 - Recoñecer as linguas da Península Ibérica, especialmente as características básicas do portugués, do éuscaro e do catalán, e identificar algúns trazos dos repertorios lingüísticos e das variedades dialectais do alumnado contrastándoos en manifestacións orais, escritas e multimodais. Coñece algúns aspectos socioculturais básicos relacionados cos países lusófonos, tanto de Portugal como doutros países como O Brasil (sistemas políticos, manifestacións artísticas, figuras representativas da literatura, música...). PE UD2 15

CA2.1 - Comprender o sentido global, a estrutura, a información máis relevante en función das necesidades comunicativas e a intención do emisor en textos orais e multimodais sinxelos de diferentes ámbitos, analizando a interacción entre os diferentes códigos.
Comprende o sentido global, a estrutura e a información máis relevante dun texto multimodal sinxelo (p. ex., web do centro) explicando a interacción entre os diferentes códigos. PE UD2 20

CA2.6 - Valorar a forma e o contido de textos sinxelos avaliando a súa calidade, a súa fiabilidade e a idoneidade da canle utilizada, así como a eficacia dos procedementos comunicativos empregados.

 
Emprega correctamente os signos de puntuación, con especial atención ao punto e coma e á paréntese, no texto descritivo redactado. PE UD2 10
CA3.1 - Comprender e interpretar o sentido global, a estrutura, a información máis relevante e a intención do emisor de textos escritos e multimodais sinxelos de diferentes ámbitos que respondan a diferentes propósitos de lectura, realizando as inferencias necesarias. Interpreta o sentido global, a estrutura, a información máis relevante dunha poesía dada do poemario de lectura obrigatoria do primeiro trimestre. PE UD2 10

CA3.2 - Valorar a forma e o contido de textos sinxelos avaliando a súa calidade, fiabilidade e idoneidade da canle utilizada, así como a eficacia dos procedementos comunicativos empregados.
Analiza algúns dos elementos constitutivos dunha composición sinxela do poemario de lectura obrigatoria do primeiro trimestre (métrica, rima etc.). PE UD2 10
CA4.1 - Incorporar procedementos básicos para enriquecer os textos, atendendo a aspectos discursivos, lingüísticos e de estilo, con precisión léxica e corrección ortográfica e gramatical, valorando o uso do léxico tradicional e as construcións morfosintácticas máis xenuínas. Identifica, en textos dados, distintos tipos de adverbios (lugar, tempo, modo, cantidade, afirmación, negación e dúbida) recoñecendo tamén as interxeccións. PE UD2 15
CA2.3 - Realizar narracións e exposicións orais sinxelas con diferente grao de planificación sobre temas de interese persoal, social e educativo, axustándose ás convencións propias dos diversos xéneros discursivos, con fluidez e coherencia e co rexistro axeitado, en diferentes soportes e utilizando de maneira eficaz recursos verbais e non verbais. Describe unha persoa coñecida (deportista, cantante, actor/actriz...) e,alén das súas características físicas, faino reflectindo algún trazo do seu carácter e/ou da súa personalidade. TI UD2 20
Lenda%: peso orientativo (o profesorado debe axustalo á súa programación); PE: proba escrita, TI: táboa de indicadores.

Actividades e instrumentos empregados no REA

Criterios de avaliación Actividades ou exercicios / Seccións do REA Instrumentos empregados
Recoñece as semellanzas e diferenzas máis salientables entre os sistemas ortográficos (grafemas e dígrafos) do galego e o do portugués.

FASE 2 2.1

Facemos equipa

Informe de progreso

Rúbricas

Retroalimentación

Comprende o sentido global, a estrutura e a información máis relevante dun texto multimodal sinxelo (p. ex., web do centro) explicando a interacción entre os diferentes códigos. Ao longo de todo o REA

Rúbricas

Informe de progreso

Táboa indicadores

Retroalimentación

Analiza algúns dos elementos constitutivos dunha composición sinxela do poemario de lectura obrigatoria do primeiro trimestre (métrica, rima, etc.).

FASE 3 3.1

Máis que recursos

FASE 2 2.4

As palabras voan

Informe de progreso

Rúbricas

Recoñece algúns subxéneros poéticos sinxelos a partir da análise das relacións internas dos elementos constitutivos co sentido dunha obra (canción, sátira...).

FASE 3 3.1

Máis que recursos

FASE 2 2.4

As palabras voa

Informe de progreso

Rúbricas

Distingue a categoría gramatical e o significado de parellas de palabras que se diferencian polo timbre aberto ou pechado da vogal tónica e empregando correctamente o acento diacrítico.

FASE 2 2.5

A pola na póla

Informe de progreso

O alumnado acode á biblioteca escolar para participar activamente nunha charla co/a autor/a do poemario de lectura obrigatoria expresando a súa opinión sobre algún poema escollido por ela ou el.

FASE 2 2.3

A biblioteca extraordinaria

FASE 2 2.4

As palabras voan

Rúbricas

Informe de progreso

Retroalimentación

Coñece algúns aspectos socioculturais básicos relacionados cos países lusófonos, tanto de Portugal como doutros países como O Brasil (sistemas políticos, manifestacións artísticas, figuras representativas da literatura, música...).

FASE 2 2.1

Facemos equipa

Retroalimentación

Informe de progreso

Rúbricas

Comprende o sentido global, a estrutura e a información máis relevante dun texto multimodal sinxelo (p.ex., un roteiro do seu concello) e explica a interacción entre os diferentes códigos. Ao longo de todo o REA

Rúbricas

Informe de progreso

Táboa indicadores

Retroalimentación

Emprega correctamente os signos de puntuación, con especial atención ao punto e coma e á paréntese, no texto descritivo redactado.

FASE 2 2.4

As palabras voan

Rúbricas

Informe de progreso

Retroalimentación

Interpreta o sentido global, a estrutura, a información máis relevante dunha poesía dada do poemario de lectura obrigatoria do primeiro trimestre.

FASE 3 3.1

Máis que recursos

Informe de progreso

Rúbricas

Recoñece e valora algúns recursos expresivos e/ou figuras estilísticas presentes nun poema da obra de lectura obrigatoria do primeiro trimestre.

FASE 3 3.1

Máis que recursos

Rúbricas

Informe de progreso

Identifica, en textos dados, distintos tipos de adverbios (lugar, tempo, modo, cantidade, afirmación, negación e dúbida) recoñecendo tamén as interxeccións.

FASE 3 3.2

Non, oh! Vaiche boa!

FASE 3 3.3

Moi, moito

Informe de progreso

Rúbricas

Feito con eXeLearning (Nova xanela)