Saltar navegación

Créditos e descarga

Logo do proxecto cREAgal. Accede ao espazo cREAgal. Abre en nova xanela

Título Guía didáctica do recurso "¡Extra, extra!"
Descrición

Este recurso é a guía para que o profesorado coñeza as recomendacións de uso na aula do REA "¡Extra, extra!", e a súa correspondencia co currículo de Lingua castelá e literatura de 2.º da ESO en Galicia.

Nesta situación de aprendizaxe, a aula convértese na redacción dun xornal ou dunha revista, co obxectivo de que o alumnado comprenda e produza textos literarios e non literarios, facendo un uso inclusivo da linguaxe, aplicando correctamente os signos de puntuación e utilizando Internet como fonte de información contrastada e crítica.

O reto propón a edición e publicación da revista escolar anual, contando coa proximidade a efemérides literarias (Día da Poesía, 21 marzo e Día do Libro, 23 abril) e completándose coa produción de textos de diversa índole como memoria escolar do presente curso.

Persoas elaboradoras

Carmen Castelao Cora

Verónica Hermida López

Elena Refojo Alvariño

Organización

Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa. Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional. Xunta de Galicia.

Licenza Licenza Creative Commons Atribución Non comercial Compartir igual 4.0

Este contido foi creado con eXeLearning, o editor libre e de fonte aberta deseñado para crear recursos educativos.

Os elementos multimedia incluídos nesta guía didáctica son de elaboración propia no marco do proxecto cREAgal, con licenza CC BY-NC-SA. No caso de incluír algún recurso externo non elaborado por cREAgal, indícase no propio recurso a súa licenza específica.

Versión

 Versión Data de publicación
Notas sobre a versión
1.0

Xuño, 2026

Primeira versión.

Aquí tes o ficheiro fonte para editar este REA

  • Segue estes pasos para usar/redistribuír/modificar este REA:

1. Descarga o ficheiro fonte. Con isto tes o recurso orixinal en formato de edición.

2. Modifícao usando eXeLearning.

3. Se aínda non o tes, descarga e instala o estilo cREAgal.

4. En caso de modificalo, tes que recoñecer a autoría e publicalo coa mesma licenza (CC BY-NC-SA).

Podes usar esta cita para facer referencia a cREAgal:

Este REA é unha adaptación do recurso orixinal «Guía didáctica do REA "¡Extra, extra!"» do proxecto cREAgal da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional da Xunta de Galicia baixo licenza CC BY-NC-SA.

Feito con eXeLearning (Nova xanela)