Saltar navegación

2. Contextualización curricular

Contextualización do REA na programación de materia

Os REA da materia de Lingua Castelá e Literatura de 2.º de ESO están deseñados a partir da programación modelo de Proens 2022-2023, versión 1.

En xeral, respéctase esta programación, propoñendo cambios en dúas das unidades que non afectan aos elementos principais da mesma:

  1. Para o REA03 propóñense cambios que afectan á descrición da unidade didáctica 3 (Cuento de navidad) e aos mínimos de consecución dos seguintes criterios de avaliación: CA4.1, CA4.6 e CA4.7, coa finalidade de converter esta proposta nunha unidade de aprendizaxe-servizo á comunidade, favorecendo unha maior motivación e participación do alumnado.
  2. Para o REA05 propóñense cambios na descrición da unidade didáctica 6 (El teatro y la poesía que sale del libro para hacerse humana) e dos mínimos de consecución dos criterios de avaliación CA4.1, CA4.2, CA4.3, CA4.5, CA4.6 e CA4.7, o que nos permite traballar con fragmentos de distintas obras seleccionadas.

Estes cambios están especificados nas guías dos REA 3 e REA 5, respectivamente.

Relación dos REA coa programación modelo de Proens

Número de REA e título

Unidade/s didáctica/s (Proens)

Criterios de avaliación traballados

% Peso Materia (Orientación de Proens)

Temporalización

REA01: "Lenguas a la vista"

UD 1: En la variedad está el gusto

CA1.1, CA1.2, CA1.3

10 %

10 sesións

REA02: "Orácora: Conectando (con) palabras"

UD 2: Palabra e pedra solta non teñen volta

CA5.4, CA5.5, CA5.1, CA5.2, CA5.3

20 %

21 sesións

REA03: "Cocinando cuentos"

UD 3: Cuento de Navidad

CA4.2, CA4.3, CA4.6, CA4.8, CA4.1, CA4.4, CA4.5, CA4.7

10 %

10 sesións

REA04: "¿Mi ciudad? Aquí te guío"

UD 4: Na casa de ferreiro, coitelo de pau

CA2.3, CA2.4, CA3.6, CA2.5, CA2.7, CA3.1, CA3.3, CA3.4, CA3.5, CA3.7

15 %

12 sesións

REA05: "Urgente: Misión libertad"

UD 5: Falando enténdese a xente

CA2.1, CA2.2, CA2.8, CA3.2, CA3.5, CA3.8

15 %

25 sesións

UD6: El teatro y la poesía que sale del libro para hacerse humana

CA4.1, CA4.2, CA4.3, CA4.5, CA4.6, CA4.7, CA4.8

10 %

REA06: "¡Extra, extra!"

UD7: A novos tempos, novos costumes

CA2.3, CA2.4, CA2.5, CA2.6, CA2.8, CA3.3, CA3.7

10 %

27 sesións

UD8: Poemas elásticos e cadáveres exquisitos

CA4.2, CA4.3, CA4.4, CA4.5, CA4.6, CA4.8

10 %

Eixes da proposta didáctica

A presente proposta didáctica baséase nos seguintes eixes da materia de Lingua Castelá e Literatura de 2.º da ESO:

  • Identificación de diferentes tipos de textos non literarios no marco da prensa periódica. 
  • Análise das propiedades do texto e aplicación dos mecanismos de cohesión en producións propias.
  • Fomento do hábito lector como vía de acceso ó coñecemento e fonte de pracer.
  • Produción de textos orais e escritos nos distintos ámbitos e contextos e segundo distintas intencións comunicativas.
  • Reflexión guiada sobre o uso responsable da Internet como fonte de información contrastada. 
  • Detección e erradicación dos usos discriminatorios da lingua.
  • Comprensión da aplicación e uso reflexivo dos signos de puntuación.
  • Expresión, comprensión e análise crítica de textos líricos.
  • Desenvolvemento da creatividade desde a reflexión en torno a textos literarios.

Contidos, obxectivos específicos e competencias clave

Este REA06 (¡Extra, extra!) contén dúas unidades didácticas (UD 7 e UD8) da programación modelo de Proens.

Estes son os contidos específicos traballados no REA06 dentro de cada bloque xeral de contido.

Contidos

Bloque da materia

  • C2.1 - Xéneros discursivos desde o punto de vista da comprensión e da análise crítica de textos orais, escritos e multimodais de diferentes ámbitos.
    • C2.1.4 - Interpretación de xéneros discursivos propios do ámbito social. Riscos de desinformación, manipulación e vulneración da privacidade na rede. Análise da imaxe e dos elementos paratextuais dos textos icónico-verbais e multimodais.
  • C2.2 - Procesos de comprensión e análise crítica de textos orais, escritos e multimodais.
    • C2.2.2 - Comprensión lectora: sentido global do texto e relación entre as súas partes. A intención do emisor. Detección de usos discriminatorios da linguaxe verbal e icónica.
    • C2.2.3 - Alfabetización informacional: procura e selección da información con criterios de fiabilidade, calidade e pertinencia; análise, valoración, reorganización e síntese da información en esquemas propios e transformación en coñecemento.

Bloque B2. Comunicación: comprensión oral e escrita

  • C3.1 - Xéneros discursivos desde o punto de vista da produción de textos orais, escritos e multimodais de diferentes ámbitos.
    • C3.1.4 - Xéneros discursivos propios do ámbito social. Produción de textos propios das redes sociais e medios de comunicación. Etiqueta dixital.
  • C3.2 - Procesos de produción de textos orais, escritos e multimodais.
    • C3.2.4 - Alfabetización mediática e informacional: reorganización e síntese da información en esquemas propios e transformación en coñecemento, comunicación e difusión creativa e respectuosa coa propiedade intelectual. Utilización de plataformas virtuais e de recursos na rede para a realización de proxectos escolares.
  • C3.3 - Uso discursivo dos elementos lingüísticos en textos orais, escritos e multimodais.
    • C3.3.1 - Utilización de recursos lingüísticos para amosar a implicación do emisor nos textos: formas de deíxe (persoal, temporal e espacial) e procedementos de modalización.
    • C3.3.4 - Corrección lingüística e revisión ortográfica e gramatical dos textos. Uso de dicionarios, de manuais de consulta e de correctores ortográficos en soporte analóxico ou dixital.
    • C3.3.5 - Utilización dos signos de puntuación como mecanismo organizador do texto escrito. A súa relación co significado.

Bloque B3. Comunicación: expresión oral e escrita

  • C4.1 - Lectura autónoma. Implicación na lectura de obras de xeito progresivamente autónomo a partir dunha preselección de textos variados que inclúan obras de autoras e autores e reflexión sobre os textos lidos e sobre a propia práctica da lectura.
    • C4.1.2 - Toma de conciencia progresiva dos propios gustos e identidade lectora.
    • C4.1.4 - Estratexias de toma de conciencia dos propios gustos e identidade lectora.
    • C4.1.5 - Expresión da experiencia lectora co apoio de exemplos e utilizando progresivamente unha metalinguaxe específica. Apropiación dos textos lidos a través de distintas formas de recreación.
    • C4.1.6 - Mobilización da experiencia persoal e lectora como forma de establecer vínculos entre a obra lida e aspectos da actualidade, así como con outros textos e manifestacións artísticas e culturais.
  • C4.2 - Lectura guiada. Lectura de obras e fragmentos relevantes da literatura xuvenil contemporánea e do patrimonio literario universal, inscritas en itinerarios temáticos ou de xénero que atravesan épocas, contextos culturais e movementos artísticos.
    • C4.2.1 - Estratexias para a construción compartida da interpretación das obras a través das conversas literarias, coa incorporación progresiva da metalinguaxe específica.
    • C4.2.2 - Relación entre os elementos constitutivos do xénero literario e a construción do sentido da obra. Análise básica do valor dos recursos expresivos e dos seus efectos na recepción.
    • C4.2.4 - Expresión pautada, a través de procesos e soportes diversificados e da interpretación e valoración persoal de obras e fragmentos literarios.
    • C4.2.6 - Lectura expresiva, dramatización e recitación dos textos conforme aos procesos de comprensión, apropiación e oralidade implicados.
    • C4.2.7 - Creación de textos partindo da apropiación das convencións da linguaxe literaria e en referencia a modelos dados (imitación, transformación, continuación etc.).

Bloque B4. Educación literaria

Obxectivos da materia traballados especificamente no REA06.

Obxectivos

Descrición

OBX4

Comprender, interpretar e valorar textos escritos, con sentido crítico e diferentes propósitos de lectura, recoñecendo o sentido global e as ideas principais e secundarias, identificando a intención do emisor, reflexionando sobre o contido e a forma e avaliando a súa calidade e fiabilidade para dar resposta a necesidades e intereses comunicativos diversos e para construír coñecemento.

OBX5

Producir textos escritos e multimodais coherentes, cohesionados, adecuados e correctos atendendo ás convencións propias do xénero discursivo elixido, para construír coñecemento e para dar resposta de maneira informada, eficaz e creativa a demandas comunicativas concretas.

OBX6

Seleccionar e contrastar información procedente de diferentes fontes de maneira progresivamente autónoma, avaliando a súa fiabilidade e pertinencia en función dos obxectivos de lectura e evitando os riscos de manipulación e desinformación, e integrala e transformala en coñecemento para comunicala desde un punto de vista crítico e persoal e, ao mesmo tempo, respectuoso coa propiedade intelectual.

OBX7

Seleccionar e ler de maneira autónoma obras diversas como fonte de pracer e coñecemento, configurando un itinerario lector que evolucione en canto á diversidade, complexidade e calidade das obras e compartir experiencias de lectura para construír a propia identidade lectora e gozar da dimensión social da lectura.

OBX8

Ler, interpretar e valorar obras ou fragmentos literarios do patrimonio nacional e universal, utilizando unha metalinguaxe específica e mobilizando a experiencia biográfica e os coñecementos literarios e culturais que permiten establecer vínculos entre textos diversos e con outras manifestacións artísticas, para conformar un mapa cultural, ampliar as posibilidades de gozo da literatura e crear textos de intención literaria.

OBX9

Mobilizar o coñecemento sobre a estrutura da lingua e os seus usos e reflexionar de maneira progresivamente autónoma sobre as eleccións lingüísticas e discursivas, coa terminoloxía adecuada, para desenvolver a conciencia lingüística, aumentar o repertorio comunicativo e mellorar as destrezas tanto de produción oral e escrita como de recepción crítica.

Competencias clave e os descritores operativos traballados no REA06.

Competencias clave

Clave dos descritores operativos

CCL - Competencia en comunicación lingüística

CCL1, CCL2, CCL3, CCL4, CCL5

CP - Competencia plurilingüe

CP2

STEM - Competencia matemática e competencia en ciencia, tecnoloxía e enxeñaría

STEM1, STEM2, STEM4

CD - Competencia dixital

CD1, CD2, CD3, CD4

CPSAA - Competencia persoal, social e de aprender a aprender

CPSAA1, CPSAA4, CPSAA5

CC - Competencia cidadá

CC1, CC2, CC3

CE - Competencia emprendedora

CE3

CCEC - Competencia en conciencia e expresión culturais

CCEC1, CCEC2, CCEC3, CCEC4

Feito con eXeLearning (Nova xanela)