Este REA desenvolve os contidos recollidos no modelo Proens vinculados ás unidades 05 e 06. Insírese no marco da proposta cREAgal para a materia de Lingua Castelá e Literatura de 2.º de ESO e están deseñados, a partir da programación modelo de Proens 2022-2023, versión 1. Dita proposta recolle as unidades 05 e 06, tituladas respectivamente “Falando enténdese a xente” e “El teatro es poesía que sale del libro para hacerse humana”. A súa finalidade é desenvolver as competencias comunicativas e literarias do alumnado a través dunha aproximación activa e significativa á lectura, á análise de textos e manifestacións multimodais xunto coa creación literaria. Así mesmo, pretende promover a lectura autónoma, a análise de textos teatrais e dialogados e a reflexión sobre os seus elementos formais e temáticos dentro dun contexto histórico, social e artístico, xerando deste xeito un entorno de aprendizaxe multidisciplinar, tal e como se recolle no Decreto 156/2022, do 15 de setembro, polo que se establece a ordenación e o currículo da educación secundaria obrigatoria na Comunidade Autónoma de Galicia.
Os posibles cambios respecto ao enfoque da programación modelo responden á necesidade de adaptar os contidos e as actividades a un contexto determinado, coa finalidade de converter esta proposta nunha unidade de aprendizaxe significativa favorecendo unha maior motivación e participación do alumnado.
|
Contidos
|
Bloque da materia
|
- C2.1 - Xéneros discursivos desde o punto de vista da comprensión e da análise crítica de textos orais, escritos e multimodais de diferentes ámbitos.
- C2.1.1 - Comprensión e análise crítica de secuencias textuais básicas, con especial atención ás dialogadas e expositivas.
- C2.2 - Procesos de comprensión e análise crítica de textos orais, escritos e multimodais.
- C2.2.1 - Comprensión oral: sentido global do texto e relación entre as súas partes, selección e retención da información relevante. Detección de usos discriminatorios da linguaxe verbal e non verbal.
- C2.3 - Recoñecemento dos elementos lingüísticos en textos orais, escritos e multimodais.
- C2.3.1 - Detección dos recursos lingüísticos para mostrar a implicación do emisor nos textos: formas de deíxe (persoal, temporal e espacial) e procedementos de modalización.
- C2.3.2 - Identificación dos recursos lingüísticos para adecuar o rexistro á situación de comunicación.
|
Bloque B2. Comunicación: comprensión oral e escrita
|
- C3.1 - Xéneros discursivos desde o punto de vista da produción de textos orais, escritos e multimodais de diferentes ámbitos.
- C3.1.1 - Creación de secuencias textuais, con especial atención ás dialogadas e expositivas.
- C3.2 - Procesos de produción de textos orais, escritos e multimodais.
- C3.2.1 - Interacción oral e escrita de carácter informal e formal: tomar e deixar a palabra. Cooperación conversacional e cortesía lingüística. Escoita activa, asertividade e resolución dialogada dos conflitos.
- C3.3 - Uso discursivo dos elementos lingüísticos en textos orais, escritos e multimodais.
- C3.3.1 - Utilización de recursos lingüísticos para amosar a implicación do emisor nos textos: formas de deíxe (persoal, temporal e espacial) e procedementos de modalización.
- C3.3.2 - Emprego de recursos lingüísticos para adecuar o rexistro á situación de comunicación.
- C3.3.3 - Mecanismos de cohesión. Emprego de conectores textuais temporais, explicativos, de orde e de contraste. Mecanismos de referencia interna gramaticais (substitucións pronominais e adverbiais) e léxicos (repeticións, sinónimos, campos semánticos, hiperónimos e elipses).
|
Bloque B3. Comunicación: expresión oral e escrita
|
- C4.1 - Lectura autónoma. Implicación na lectura de obras de xeito progresivamente autónomo a partir dunha preselección de textos variados que inclúan obras de autoras e autores e reflexión sobre os textos lidos e sobre a propia práctica da lectura.
- C4.1.1 - Criterios e estratexias para a selección de obras variadas de forma orientada, a partir da exploración guiada da biblioteca escolar e pública dispoñible.
- C4.1.2 - Toma de conciencia progresiva dos propios gustos e identidade lectora.
- C4.1.3 - Participación activa en actos culturais vinculados co circuíto literario e lector.
- C4.1.4 - Estratexias de toma de conciencia dos propios gustos e identidade lectora.
- C4.1.5 - Expresión da experiencia lectora co apoio de exemplos e utilizando progresivamente unha metalinguaxe específica. Apropiación dos textos lidos a través de distintas formas de recreación.
- C4.1.6 - Mobilización da experiencia persoal e lectora como forma de establecer vínculos entre a obra lida e aspectos da actualidade, así como con outros textos e manifestacións artísticas e culturais.
- C4.1.7 - Estratexias para a recomendación das lecturas, en soportes variados, ou ben oralmente entre iguais.
- C4.2 - Lectura guiada. Lectura de obras e fragmentos relevantes da literatura xuvenil contemporánea e do patrimonio literario universal, inscritas en itinerarios temáticos ou de xénero que atravesan épocas, contextos culturais e movementos artísticos.
-
- C4.2.1 - Estratexias para a construción compartida da interpretación das obras a través das conversas literarias, coa incorporación progresiva da metalinguaxe específica.
- C4.2.3 - Relación e comparación dos textos lidos con outros textos e con outras manifestacións artísticas e culturais en función de temas, tópicos, estruturas e linguaxes.
- C4.2.4 - Expresión pautada, a través de procesos e soportes diversificados e da interpretación e valoración persoal de obras e fragmentos literarios.
- C4.2.5 - Lectura con perspectiva de xénero. Visibilización do universo literario feminino.
- C4.2.6 - Lectura expresiva, dramatización e recitación dos textos conforme aos procesos de comprensión, apropiación e oralidade implicados.
- C4.2.7 - Creación de textos partindo da apropiación das convencións da linguaxe literaria e en referencia a modelos dados (imitación, transformación, continuación etc.).
|
Bloque B4. Educación literaria
|
Estes son os obxectivos de Lingua Castelá e Literatura traballados neste recurso:
|
Obxectivos
|
Descrición
|
|
OBX2
|
Comprender e interpretar textos orais e multimodais recollendo o sentido xeral e a información máis relevante, identificando o punto de vista e a intención do emisor e valorando a súa fiabilidade, a súa forma e o seu contido, para construír coñecemento, formarse unha opinión e ampliar as posibilidades de gozo e de lecer.
|
|
OBX3
|
Producir textos orais e multimodais con coherencia e fluidez e co rexistro adecuado atendendo ás convencións propias dos diferentes xéneros discursivos e participar en interaccións orais cunha actitude cooperativa e respectuosa, tanto para construír coñecemento e establecer vínculos persoais como para intervir de maneira activa e informada en diferentes contextos sociais.
|
|
OBX4
|
Comprender, interpretar e valorar textos escritos, con sentido crítico e diferentes propósitos de lectura, recoñecendo o sentido global e as ideas principais e secundarias, identificando a intención do emisor, reflexionando sobre o contido e a forma e avaliando a súa calidade e fiabilidade para dar resposta a necesidades e intereses comunicativos diversos e para construír coñecemento.
|
|
OBX6
|
Seleccionar e contrastar información procedente de diferentes fontes de maneira progresivamente autónoma, avaliando a súa fiabilidade e pertinencia en función dos obxectivos de lectura e evitando os riscos de manipulación e desinformación, e integrala e transformala en coñecemento para comunicala desde un punto de vista crítico e persoal e, ao mesmo tempo, respectuoso coa propiedade intelectual.
|
|
OBX7
|
Seleccionar e ler de maneira autónoma obras diversas como fonte de pracer e coñecemento, configurando un itinerario lector que evolucione en canto á diversidade, complexidade e calidade das obras e compartir experiencias de lectura para construír a propia identidade lectora e gozar da dimensión social da lectura.
|
|
OBX8
|
Ler, interpretar e valorar obras ou fragmentos literarios do patrimonio nacional e universal, utilizando unha metalinguaxe específica e mobilizando a experiencia biográfica e os coñecementos literarios e culturais que permiten establecer vínculos entre textos diversos e con outras manifestacións artísticas, para conformar un mapa cultural, ampliar as posibilidades de gozo da literatura e crear textos de intención literaria.
|
|
OBX10
|
Pór as propias prácticas comunicativas ao servizo da convivencia democrática, da resolución dialogada dos conflitos e da igualdade de dereitos de todas as persoas, utilizando unha linguaxe non discriminatoria e desterrando os abusos de poder a través da palabra para favorecer un uso non só eficaz, senón tamén ético e democrático, da linguaxe.
|
Competencias clave e os descritores operativos traballados.
|
Competencias clave
|
Clave dos descritores operativos
|
|
CCL - Competencia en comunicación lingüística
|
CCL1, CCL2, CCL3, CCL4, CCL5
|
|
CP - Competencia plurilingüe
|
CP2, CP3
|
|
STEM - Competencia matemática e competencia en ciencia, tecnoloxía e enxeñaría
|
STEM1, STEM4
|
|
CD - Competencia dixital
|
CD1, CD2, CD3, CD4
|
|
CPSAA - Competencia persoal, social e de aprender a aprender
|
CPSAA1, CPSAA3, CPSAA4
|
|
CC - Competencia cidadá
|
CC1, CC2, CC3
|
|
CE - Competencia emprendedora
|
CE1, CE3
|
|
CCEC - Competencia en conciencia e expresión culturais
|
CCEC1, CCEC2, CCEC3, CCEC4
|