Saltar navegación

2.1. Criterios e instrumentos de avaliación

Criterios de avaliación e mínimos de consecución

Para este REA05, composto por dúas unidades didácticas, propóñense cambios, con respecto á programación modelo de Proens, nos mínimos de consecución dos criterios de avaliación CA2.2, CA4.1, CA4.2, CA4.3, CA4.5, CA4.6 e CA4.7, de xeito que se favorece o traballo con fragmentos de distintas obras seleccionadas.

Códigos CA: descrición dos criterios de avaliación

 Mínimos de consecución

Instrumentos de avaliación

Unidade/s didáctica/s (Proens)

% (Orientación de Proens)

CA2.1 - Comprender o sentido global, a estrutura, a información máis relevante en función das necesidades comunicativas e a intención do emisor en textos orais e multimodais sinxelos de diferentes ámbitos, analizando a interacción entre os diferentes códigos.

Captar, como mínimo, a idea principal e a información máis relevante dos textos dialogados.

TI

UD5

20 %

CA2.2 - Valorar a forma e o contido de textos orais e multimodais sinxelos, avaliando a súa calidade, a súa fiabilidade e a idoneidade da canle utilizada, así como a eficacia dos procedementos comunicativos empregados.

Valorar a forma e o contido dos textos orais e mutimodiais dialogados identificando a súa calidade, fiabilidade, así como os elementos comunicativos empregados. 

TI

UD5

15 %

CA2.8 - Identificar os usos discriminatorios da lingua, os abusos de poder a través da palabra e os usos manipuladores da linguaxe a partir da reflexión e da análise dos elementos lingüísticos, textuais e discursivos utilizados, así como dos elementos non verbais que rexen a comunicación entre as persoas.

Identificar os usos discriminatorios da lingua, os abusos de poder a través da palabra e os usos manipuladores da linguaxe evitando expresións sexistas ou discriminatorias.

TI

UD5

15 %

CA3.2 - Participar de maneira activa e adecuada en interaccións orais informais, no traballo en equipo e en situacións orais formais de carácter dialogado, adoptando actitudes de escoita activa e estratexias de cooperación conversacional e de cortesía lingüística.

Amosar claridade e cortesía (mitigadores) nas súas interaccións: ofrecendo opcións sen impoñer o seu criterio, cooperando e recorrendo a usos verbais, ademais de participando activamente e respectando a quenda de palabra.

TI

UD5

20 %

CA3.5 - Organizar a información e integrala en esquemas propios e reelaborala e comunicala de maneira creativa, adoptando un punto de vista crítico que respecte os principios de propiedade intelectual.

Participar na confrontación de opinións propias nos debates con intervencións curtas e dinámicas nas que, tras unha escoita activa, persuada expoñendo as ideas de forma creativa.

TI

UD5

15 %

CA3.8 - Utilizar estratexias para a resolución dialogada dos conflitos e a procura de consensos, abarcando o ámbito persoal, educativo e social.

Coñecer as normas de interacción e de cortesía lingüística respectándoas.

TI

UD5

15 %

CA4.1 - Participar de maneira activa e adecuada en interaccións orais informais acerca de obras literarias, no traballo en equipo e en situacións orais formais de carácter dialogado (como actos culturais vinculados co circuíto literario e lector), mantendo actitudes de escoita activa e estratexias de cooperación conversacional e de cortesía lingüística.

Realizar unha escoita activa, respectando as opinións alleas e expoñendo con claridade expositiva e solidez argumentativa as súas achegas arredor dos temas tratados nas obras propostas para traballar.

TI

UD6

10 %

CA4.2 - Comprender e interpretar o sentido global, a estrutura, a información máis relevante e a intención do emisor en textos literarios escritos e multimodais sinxelos que respondan a diferentes propósitos de lectura, realizando as inferencias necesarias.

Comprender as ideas fundamentais da obra ou obras traballadas, analizando e interpretando axeitadamente a intención da persoa emisora e a situación comunicativa descrita.

PE (non incluída no REA)

UD6

15 %

CA4.3 - Valorar a forma e o contido de textos literarios sinxelos avaliando a súa calidade e a eficacia dos procedementos comunicativos empregados.

Localizar os principais recursos expresivos e características formais e temáticas presentes nas obras traballadas, valorando o seu efecto sobre a persoa receptora.

PE (non incluída no REA)

UD6

15 %

CA4.5 - Compartir a experiencia da lectura en soportes diversos relacionando o sentido da obra coa propia experiencia biográfica e lectora.

Compartir coa clase a análise comparativa entre as obras traballadas, incidindo nas consecuencias das desigualdades sociais vinculadas á muller.

TI

UD6

15 %

CA4.6 - Explicar e argumentar, coa axuda de pautas e modelos, a interpretación das obras lidas a partir da análise das relacións internas dos seus elementos constitutivos co sentido da obra, atendendo á configuración e á evolución dos xéneros e subxéneros literarios.

Interpretar coa axuda dunha guía de lectura ambos textos, vinculándoos ao contexto da obra, á corrente literaria á e ás características dos xéneros e subxéneros estudados.

PE (non incluída no REA)

UD6

15 %

CA4.7 - Establecer de maneira guiada vínculos argumentados entre os textos lidos e outros textos escritos, orais ou multimodais, así como con outras manifestacións artísticas e culturais en función de temas, tópicos, estruturas, linguaxe e valores éticos e estéticos, mostrando a implicación e a resposta persoal do alumnado na lectura.

Establecer vínculos entre diferentes tipos de obras que denuncian as desigualdades de xénero, relacionándoos con outras expresións artísticas como o cómic.

TI

UD6

15 %

CA4.8 - Crear textos persoais ou colectivos con intención literaria e conciencia de estilo, en distintos soportes e coa axuda doutras linguaxes artísticas e audiovisuais, partindo da lectura de obras ou fragmentos significativos en que se empreguen as convencións formais dos diversos xéneros e estilos literarios.

Producir, en pequenos grupos, textos de intención literaria respectando as convencións xenéricas en diversos formatos a partir dunha listaxe de proxectos proporcionados na aula.

PE (non incluída no REA) 

UD6

15 %

Lenda%: peso orientativo (o profesorado debe axustalo á súa programación); PE: proba escrita, TI: táboa de indicadores

Actividades e instrumentos empregados no REA

Criterios de avaliación

Actividades ou exercicios / Seccións do REA

Instrumentos empregados

CA2.1 - Comprender o sentido global, a estrutura, a información máis relevante en función das necesidades comunicativas e a intención do emisor en textos orais e multimodais sinxelos de diferentes ámbitos, analizando a interacción entre os diferentes códigos.

2. Cruzando realidades

2.1. Dialogando para la libertad

3. Explorando presente y pasado

3.1. Mujeres de bandera

3.2. Diálogo de las Artes y las Ciencias 

  • Conversamos

Feedback do profesorado

Informe de progreso

CA2.2 - Valorar a forma e o contido de textos orais e multimodais sinxelos, avaliando a súa calidade, a súa fiabilidade e a idoneidade da canle utilizada, así como a eficacia dos procedementos comunicativos empregados.

2. Cruzando realidades

2.1. Dialogando para la libertad

3. Explorando presente y pasado

3.1. Mujeres de bandera

3.2. Diálogo de las Artes y las ciencias

  • Conversamos

Feedback do profesorado

Informe de progreso

CA2.8 - Identificar os usos discriminatorios da lingua, os abusos de poder a través da palabra e os usos manipuladores da linguaxe a partir da reflexión e da análise dos elementos lingüísticos, textuais e discursivos utilizados, así como dos elementos non verbais que rexen a comunicación entre as persoas.

1. El derecho a ser quien soy

1.1. Sin etiquetas

3. Explorando presente y pasado

3.1. Mujeres de bandera

3.3. Diálogo por la tolerancia

Feedback do profesorado

Informe de progreso

CA3.2 - Participar de maneira activa e adecuada en interaccións orais informais, no traballo en equipo e en situacións orais formais de carácter dialogado, adoptando actitudes de escoita activa e estratexias de cooperación conversacional e de cortesía lingüística.

1. El derecho a ser quien soy

1.1. Sin etiquetas

1.2. Silencio impuesto

4. ¡Lanzamos campaña!

4.1. Es hora de que se escuche vuestra voz

Feedback do profesorado

CA3.5 - Organizar a información e integrala en esquemas propios e reelaborala e comunicala de maneira creativa, adoptando un punto de vista crítico que respecte os principios de propiedade intelectual.

4. ¡Lanzamos campaña!

4.1. Es hora de que se escuche vuestra voz

Lista de cotexo

Lista de control

CA3.8 - Utilizar estratexias para a resolución dialogada dos conflitos e a procura de consensos, abarcando o ámbito persoal, educativo e social.

1. El derecho a ser quien soy

1.2. Silencio impuesto

4. ¡Lanzamos campaña!

4.2. ¿Cómo va nuestra campaña?

Feedback do profesorado

Lista de cotexo

CA4.1 - Participar de maneira activa e adecuada en interaccións orais informais acerca de obras literarias, no traballo en equipo e en situacións orais formais de carácter dialogado (como actos culturais vinculados co circuíto literario e lector), mantendo actitudes de escoita activa e estratexias de cooperación conversacional e de cortesía lingüística.

3. Explorando presente y pasado

3.1. Mujeres de bandera 

  • Una mujer precursora
  • Mujer y tradición 
  • Natacha vs. Bernarda

Feedback do profesorado

Informe de progreso

CA4.2 - Comprender e interpretar o sentido global, a estrutura, a información máis relevante e a intención do emisor en textos literarios escritos e multimodais sinxelos que respondan a diferentes propósitos de lectura, realizando as inferencias necesarias.

2. Cruzando realidades

2.1. Más allá de la amistad

3. Explorando presente y pasado

3.1. Mujeres de bandera

  • Una mujer precursora
  • Mujer y tradición
  • Natacha vs. Bernarda

Feedback do profesorado

Informe do progreso

CA4.3 - Valorar a forma e o contido de textos literarios sinxelos avaliando a súa calidade e a eficacia dos procedementos comunicativos empregados.

3. Explorando presente y pasado

3.1. Mujeres de bandera

  • Una mujer precursora
  • Mujer y tradición
  • Natacha vs. Bernarda

3.3. Diálogo por la tolerancia

Feedback do profesorado

Informe de progreso

CA4.5 - Compartir a experiencia da lectura en soportes diversos relacionando o sentido da obra coa propia experiencia biográfica e lectora.

2. Cruzando realidades

2.2. Más allá de la amistad

3. Explorando presente y pasado

3.1. Mujeres de bandera

  • Natacha vs. Bernarda

Feedback do profesorado

Informe de progreso

CA4.6 - Explicar e argumentar, coa axuda de pautas e modelos, a interpretación das obras lidas a partir da análise das relacións internas dos seus elementos constitutivos co sentido da obra, atendendo á configuración e á evolución dos xéneros e subxéneros literarios.

3. Explorando presente y pasado

3.1. Mujeres de bandera

  • Una mujer precursora
  • Mujer y tradición
  • Natacha vs. Bernarda

3.3. Diálogo por la tolerancia

Feedback do profesorado

Informe de progreso

CA4.7 - Establecer de maneira guiada vínculos argumentados entre os textos lidos e outros textos escritos, orais ou multimodais, así como con outras manifestacións artísticas e culturais en función de temas, tópicos, estruturas, linguaxe e valores éticos e estéticos, mostrando a implicación e a resposta persoal do alumnado na lectura.

3. Explorando presente y pasado

3.1. Mujeres de bandera

3.3. Diálogo por la tolerancia

4. ¡Lanzamos campaña!

4.1. Es hora de que se escuche vuestra voz

Feedback do profesorado

Informe de progreso

Lista de control

CA4.8 - Crear textos persoais ou colectivos con intención literaria e conciencia de estilo, en distintos soportes e coa axuda doutras linguaxes artísticas e audiovisuais, partindo da lectura de obras ou fragmentos significativos en que se empreguen as convencións formais dos diversos xéneros e estilos literarios.

2. Cruzando realidades

2.2. Más allá de la amistad

3. Explorando presente y pasado

3.1. Mujeres de bandera

  • Natacha vs. Bernarda

4. ¡Lanzamos campaña!

4.2. Es hora de que se escuche vuestra voz

Feedback do profesorado

Informe de control

Lista de cotexo

Feito con eXeLearning (Nova xanela)