Orientacións e recomendacións de uso
Motivación e abordaxe para o REA
Nesta situación de aprendizaxe propoñemos que o centro escolar se ten que preparar para a visita do alumnado que forma parte do intercambio. Se isto non se axusta á realidade do centro, propoñemos que a situación de aprendizaxe aproveite a chegada de novo alumnado procedente doutros lugares. Unha guía turística pode ser unha boa forma de axudar a que coñezan a localidade, o seu patrimonio e costumes, por exemplo.
É recomendable que, antes de explicar o reto e de abordar as fases 2, 3 e 4, se dedique parte da primeira sesión a reflexionar sobre a relación coas persoas estranxeiras e o enriquecemento que supón o diferente. Algo indispensable na actualidade. Para isto, o REA presenta un breve texto sobre o mito de Filemón e Baucis, onde aparecen conceptos como xenía e, en relación a este, o de xenofobia.
Na fase 4, no apartado "Cómo organizarse" atoparedes ligazóns a páxinas con exemplos de guías. Sería tamén interesante levar a clase algunha guía en papel e, incluso que o alumnado, trouxese algunha da súa casa.
A presencia das guías pode favorecer unha nova reflexión, a que ten que ver coa globalización, co significado de turismo, de viaxe, de xentrificación... Calquera concepto ou idea que incida nunha visión ética de aproximarse ao territorio e ás súas xentes.
Produtos finais (retos)
O reto final do alumnado é a elaboración dunha peza expositiva en forma de audio, infografia, texto ou vídeo para o deseño dunha guía turística colaborativa. Estas pezas son o obxectivo útimo da fase 4. O produto que se avalía, o elaborado polo alumnado.
No reto do vídeo e do audio, o alumnado non ten que entregar soamente a peza, se non tamén o guión técnico e literario; ese é o texto expositivo que a sostén. Entendemos que se non se esixe a elaboración deste guión, o alumnado corre o risco de utilizar unicamente linguaxe audiovisual, e non palabra escrita.
O deseño final da guía pode desenvolverse durante o reto ou, incluso, excedelo. Na proposta presentada do reto, a idea é que esta guía sexa a deseñada polo grupo-aula, pero animamos a que supere os límites da clase e poida ser interdepartamental e incluso formar parte dun proxecto integrado de centro.
O proxecto poderá rematar coa difusión e presentación da guía á comunidade educativa e incluso á comunidade local. Unha forma fácil de facelo, sería a través da páxina web do centro, por exemplo. De optar polo papel, a difusión pode non ter límites. Pensade nun pequeno gran evento.
No REA hai modelos e exemplos feitos que sirven de texto-modelo para os retos.
Material necesario
- Para a fase 1:
- Pantalla dixital para proxectar o REA e facer a lectura ou visionado dalgún recursos e das indicacións de cada reto.
- Para a fase 2 e 3:
- Caderno.
- Fotocopias de actividades incluídas no REA.
- Ordenador/tableta para a realización dalgunha actividade.
- Para a fase 4:
- Para a elaboración do audio:
- Na explicación de cada reto atoparedes algún material de apoio para o alumnado.
- O alumnado precisará papel para poder elaborar os bocetos e borradores.
- Para a elaboración do guión literario e técnico o alumnado conta cun modelo que poderá ser descargado, adaptado ou traballado dixitalmente.
- Tamén hai exemplos de guión, que poden funcionar como texto-modelo.
- Para a gravación e edición:
- De facer a gravación en horario lectivo, o centro poderá facilitarlles unha tableta ou, de ser posible, o material de gravación co que conte o centro (radio, aula de audiovisuais...)
- Para a edición precisará dun ordenador, tableta ou teléfono móbil.
- Para a edición poderá recurrir a estas ferramentas. Son todas libres e gratuitas.
- Ardour. Plataforma: Windows, macOS, Linux. Para grabacións multipista e con mezcla máis avanzada. A máis completa.
- Audacity: Plataforma: Windows, macOS, Linux. Suficiente e fácil.
- Ocenaudio. Plataforma: Windows, macOS, Linux. Máis simple que Audacity.
- LMMS. Plataforma: Windows, macOS, Linux. Orientado á creación musical , samples, beats,...
- Para a elaboración do audio:
-
- Para a elaboración da infografía:
- O alumnado deberá contar con papel, mellor cartulinas, e tamén rotuladores de cores para poder elaborar os bocetos.
- Para o deseño precisará dun ordenador, tableta o teléfono móbil.
- Para o deseño poderá optar por unha destas ferramentas. Son todas libres e gratuitas.
- LibreOffice Draw. Moi sinxela. Non precisa internet.
- Inkscape. Máis avanzada.
- Para a elaboración do vídeo:
- Na explicación de cada reto atoparedes algún material de apoio para o alumnado.
- O alumnado deberá contar con papel para poder elaborar os boceto/borrador.
- O alumnado precisará algún elemento para a grabación. De facer a grabación en horario lectivo, o centro poderá facilitarlles unha tableta ou, de ser posible, o material de grabación co que conte o centro (radio, aula de audiovisuais...).
- Para a elaboración do guión literario e técnico o alumnado conta cun modelo que poderá ser descargado, adaptado ou traballado dixitalmente.
- Para a elaboración da infografía:
-
-
- Tamén hai uns exemplos de guión que poden funcionar como texto-modelo.
- Para a edición precisará dun ordenador, tableta o teléfono móbil.
- Para a edición do audio o alumnado poderá recurrir estas ferramentas. Son todas libres e gratuitas.
- Para a elaboración do texto.
- O alumnado deberá contar con papel para poder elaborar os boceto.
- Para a edición do texto o alumnado poderá recurrir estas ferramentas. Son todas libres e gratuitas.
-
- Para a fase 5:
Para a edición dixital da guía pódese recurrir á web do centro, á aula virtual ou outras plataformas que o profesorado coñeza e utilice.
Proposta de agrupamentos para actividades grupais
Nas fases 1, 2 e 3 o alumnado ten actividades individuais que se combinan con grupais. Estas actividades grupais non necesariamente deben ser realizadas polo grupo que despois terá que facer o reto da fase 4. Todas estas actividades están organizadas e secuenciadas atendendo á diversidade do alumnado.
Para os agrupamentos da fase 4, entendemos que esta debe ser meticulosa e mediada polo profesorado coa facilidade de garantir os equilibrios e a conviviencia. Na explicación de cada un dos retos hai unha folla de recomendacións nas que se inclúen algunhas das funcións necesarias para desenvolver cada uns dos retos. Entendemos que non é necesario que se atribúa sempre unha función a unha alumno/a; poden desenvolver varias funcións. A distribución das funcións tamén debe ser supervisada polo profesorado.
Recomendamos de forma xeral a creación de grupos de 3 estudantes. Na elaboración dos retos máis complexos (audio e vídeo) o grupo pode ser aumentado, se así se considera, porque o número de funcións que se deben desenvolver é maior, aínda que moitas delas son facilmente agrupadas.
Enfoque multinivel dos retos
Este REA propón ao alumnado a realización dun dobre reto. No primeiro terán que elaborar unha peza expositiva en forma de audio, infografía, texto ou vídeo mentres que no segundo se lles pedirá que colaboren co deseño, edición e publicación da guía turística para o alumnado visitante. Como vimos dicindo, a presentación da guía pode exceder ao cronograma do reto.
A eleción do reto. O reto principal permite catro niveis de dificultade na súa realización, para que o alumnado poida escoller opcións máis axeitadas á súa capacidade.
- Nivel 1 (básico): elaboración dunha infografía.
- Nivel 2 (intermedio): elaboración dun texto.
- Nivel 3 (avanzado): elaboración dun guión de audio e a presentación da peza.
- Nivel 4 (moi avanzado): elaboración dun guión de vídeo e a presentación da peza.
O desenvolvemento do reto. Internamente cada reto tamén é multinivelado porque hai funcións diferenciadas que deberán ser distribuídas. Neste caso non podemos establecer unha xerarquía de niveis, se non que a adxudicación da función dependerá das características do alumnado. A nosa proposta está pensada como segue:
|
Para vídeo/audio |
|
|---|---|
|
Dirección |
- Toma as decisións cando non hai consenso. - Coordina todas as etapas e deseña o cronograma. - Responsable último da entrega en tempo e forma. - Dirixe a grabación. - Supervisa e corrixe. - Informa das incidencias. |
|
Investigación |
- Encárgase de buscar a información fiable sobre o tema. - Toma notas, recompila datos, datas, feitos, exemplos e curiosidades. - Filtra a información coa que se traballará o guión literario. - Verifica a fiabilidade das fontes. - Pode suxerir os recursos de apoio do texto. |
| Guión |
- Prepara o guion literario coa información recibida. - Tamén consensúa co director/a e o equipo técnico as cuestións relacionados co que non é literario. |
|
Equipo técnico |
- Fai as grabacións. |
|
Presentación/Interpretación/Locución |
- Sae en cámara ou no audio, presenta, explica e/o actúa. - Poden aparecer outras persoas. |
|
Produción |
- Encárgase de conseguir o necesario para a grabación: lugar, persoas que participan, ferramentas… - Encárgase de introducir os efectos, os créditos, as fontes… - Tamén pode suxerir correcións relacionadas cos aspectos técnicos, especialmente luz, son… |
|
Para infografía |
|
|---|---|
|
Dirección |
- Toma as decisións cando non hai consenso. - Coordina todas as etapas e deseña o cronograma. - Responsable último da entrega en tempo e forma. - Supervisa e corrixe. - Consegue todo o necesario para a realización da infografía ordenador, aplicacións... |
|
Investigación |
- Busca información fiable e relevante sobre el tema. - Selecciona datos clave, curiosidades, estadísticas o lugares importantes. - Anota as fontes de información (se é necesario). - Propón que contido incluir na infografía. - Presenta a información ao grupo para decidir que se usa. |
|
Deseño |
- Crea o boceto inicial da infografía (papel o dixital). - Elixe cores, tipografías, iconos e disposición dos bloques. - Asegúrase de que a infografía sea visual, clara y atractiva. - Integra imáxenes, gráficos e mapas. - Escribe os textos. - Axusta o deseño según ás suxerencias do grupo. |
|
Para texto |
|
|---|---|
|
Dirección |
- Toma as decisións cando non hai consenso. - Coordina todas as etapas e deseña o cronograma. - Responsable último da entrega en tempo e forma. - Supervisa e corrixe. - Informa das incidencias. |
|
Investigación |
- Encárgase de buscar a información fiable sobre o tema. - Toma notas, recompila datos, fechas, feitos, exemplos e curiosidades. - Verifica a fiabilidade das fontes. - Pode suxerir os recursos de apoio do texto. |
|
Redacción |
- Organiza a información recopilada. - Escribe o borrador de cada unha das partes do texto. |
|
Edición |
- Revisa o borrador, asegurándose que, ademáis de ter corrección, se axusta ás características dos texto expositivos. - Pode propoñer melloras ao borrador. - Maqueta o texto. |
Avaliación
O REA dispón, na fase 4, dunha lista de cotexo para que o alumnado se autoavalíe en grupo en cada un dos retos, de xeito que o alumnado poida verificar a través de 25 ítems se levaron a cabo todas as tarefas propostas.
Nesta fase 4 o alumado ten que entregar peza o profesorado.
Na fase 5, na presentación da guía, o alumnado avaliará o produto final, pero tamén avaliará a través dunha actividade con "pósits" (notas autoadhesivas) a peza de cada un dos minigrupos.