Saltar navegación

2. Contextualización curricular

Contextualización do REA na programación de materia

Os REA da materia de Lingua Castelá e Literatura de 2.º da ESO están deseñados a partir da programación modelo de Proens 2022-2023, versión 1.

En xeral, respéctase esta programación, propoñendo cambios en dúas das unidades que non afectan aos elementos principais da mesma:

  1. Para o REA03 propóñense cambios que afectan á descrición da unidade didáctica 3 (Cuento de navidad) e aos mínimos de consecución dos seguintes criterios de avaliación: CA4.1, CA4.6 e CA4.7, coa finalidade de converter esta proposta nunha unidade de aprendizaxe-servizo á comunidade, favorecendo unha maior motivación e participación do alumnado.
  2. Para o REA05 propóñense cambios na descrición da unidade didáctica 5 (Falando enténdese a xente) que afectan á descrición da propia unidade  e aos mínimos de consecución do seguinte criterio de avaliación: CA2.2. Para a unidade didáctica 6 (El teatro y la poesía que sale del libro para hacerse humana) estes cambios tamén afectarían á descrición da mesma  e aos mínimos de consecución dos criterios de avaliación CA4.1, CA4.2, CA4.3, CA4.5, CA4.6 e CA4.7, o que nos permite traballar con fragmentos de distintas obras seleccionadas.

Estes cambios están especificados nas guías dos REA03 e REA05 respectivamente.

Relación dos REA coa programación modelo de Proens

Número de REA e título

Unidade/s didáctica/s (Proens)

Criterios de avaliación traballados

% Peso Materia (Orientación de Proens)

Temporalización

REA01: "Lenguas a la vista"

UD 1: En la variedad está el gusto

CA1.1, CA1.2, CA1.3

10 %

10 sesións

REA02: "Orácora: conectando (con) palabras"

UD 2: Palabra e pedra solta non teñen volta

CA5.4, CA5.5, CA5.1, CA5.2, CA5.3

20 %

21 sesións

REA03: "Cocinando cuentos"

UD 3: Cuento de Navidad

CA4.2, CA4.3, CA4.6, CA4.8, CA4.1, CA4.4, CA4.5, CA4.7

10 %

10 sesións

REA04: "¿Mi ciudad? Aquí te guío"

UD 4: Na casa de ferreiro, coitelo de pau

CA2.3, CA2.4, CA3.6, CA2.5, CA2.7, CA3.1, CA3.3, CA3.4, CA3.5, CA3.7

15 %

12 sesións

REA05: "Urgente: misión libertad"

UD 5: Falando enténdese a xente

CA2.1, CA2.2, CA2.8, CA3.2, CA3.5, CA3.8

15 %

25 sesións

UD6: El teatro y la poesía que sale del libro para hacerse humana

CA4.1, CA4.2, CA4.3, CA4.5, CA4.6, CA4.7, CA4.8

10 %

REA06: "¡Extra, extra!"

UD7: A novos tempos, novos costumes

CA2.3, CA2.4, CA2.5, CA2.6, CA2.8, CA3.3, CA3.7

10 %

27 sesións

UD8: Poemas elásticos e cadáveres exquisitos

CA4.2, CA4.3, CA4.4, CA4.5, CA4.6, CA4.8

10 %

Eixes da proposta didáctica

Este REA (Recurso Educativo Aberto) contribúe de maneira integrada aos cinco bloques do currículo de Lingua Castelá e Literatura, pero especificamente aos bloques de «Comunicación».

Os bloques «Comunicación» concrétanse na comprensión, análise e produción de textos expositivos orais, escritos e audiovisuais en distintos formatos (texto, audio, infografía e vídeo), adaptados a diferentes situacións comunicativas e propósitos. A elaboración da guía turística require a realización de pequenas investigacións guiadas para localizar, seleccionar e contrastar información fiable, favorecendo un uso crítico da información.

Relaciónase tamén co bloque «As linguas e os seus falantes», ao promover a valoración do patrimonio cultural e lingüístico do territorio e fomentar actitudes de respecto cara á diversidade cultural e social no contexto da comunicación.

O bloque de «Educación literaria» está presente a través do desenvolvemento de estratexias lectoras aplicadas á interpretación de textos non literarios de carácter divulgativo, así como mediante a consolidación do hábito lector e da competencia lectora como base para a produción de textos propios.

Finalmente, o bloque de «Reflexión sobre a lingua» trabállase de forma transversal mediante a análise das propiedades do texto expositivo, a diferenciación entre obxectividade e subxectividade e a revisión e mellora dos textos producidos, favorecendo a construción progresiva da conciencia lingüística e o uso axeitado da lingua en contextos reais.

Polo tanto esta unidade didáctica desenvolve principalmente os seguintes eixes do currículo de Lingua Castelá e Literatura:

  • Interacción oral, escrita e audiovisual, mediante a comprensión, análise e produción de textos expositivos en distintos formatos e contextos comunicativos.
  • Comprensión e interpretación de textos, especialmente non literarios de carácter divulgativo e académico, aplicando estratexias de lectura crítica.
  • Alfabetización informacional, audiovisual e mediática, a través da busca, selección, contraste e elaboración de información procedente de distintas fontes.
  • Reflexión sobre o funcionamento da lingua, centrada nas propiedades do texto expositivo, a adecuación ao contexto e a obxectividade e subxectividade da información.
  • Patrimonio cultural e educación en valores, mediante a posta en valor do patrimonio propio e a reflexión sobre a diversidade, o respecto e a convivencia democrática.

Esta proposta contribúe directamente ao desenvolvemento da competencia cidadá  recollidas no perfil de saída da LOMLOE, e conecta cos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible ODS 4 (Educación de calidade).

Contidos, obxectivos específicos e competencias clave

Este REA (Recurso Educativo Aberto) comprende a proposta da unidade 4 de Proens para 2.º da ESO da materia de Lingua Castelá e Literatura, centrándose principalmente nos contidos vinculados á comunicación incluídos nos bloques 2 e 3; máis concretamente, esta unidade inclúe a comprensión, análise e elaboración de secuencias textuais expositivas.

É a primeira vez que o alumnado aborda este contido, pero non outros vinculados á textoloxía. Xa o fixo en 1.º da ESO coa comprensión, análise e elaboración de secuencias textuais narrativas e descritivas, principalmente. Ese será o punto de partida; en 3.º da ESO o alumnado seguirá afondando na exposición, para xa en 4.º da ESO, abordar os textos argumentativos.

En 2.º da ESO, esta unidade 4 está estreitamente vinculada a unidade 5 do Proens (Falando enténdese a xente) centrada nas secuencias textuais dialogadas que completará e ampliará a formación do alumnado na unidade lingüística do texto. 

Contidos

Bloque da materia

  • C2.1 - Xéneros discursivos desde o punto de vista da comprensión e da análise crítica de textos orais, escritos e multimodais de diferentes ámbitos.
  • C2.1.1 - Comprensión e análise crítica de secuencias textuais básicas, con especial atención ás dialogadas e expositivas.
  • C2.1.2 - Análise das propiedades textuais en textos sinxelos: coherencia, cohesión e adecuación.
  • C2.1.3 -  Xéneros discursivos propios do ámbito educativo: a exposición.
  • C2.2 - Procesos de comprensión e análise crítica de textos orais, escritos e multimodais.
  • C2.2.1 - Comprensión oral: sentido global do texto e relación entre as súas partes, selección e retención da información relevante. Detección de usos discriminatorios da linguaxe verbal e non verbal.
  • C2.2.2 - Comprensión lectora: sentido global do texto e relación entre as súas partes. A intención do emisor. Detección de usos discriminatorios da linguaxe verbal e icónica.
  • C2.2.3 - Alfabetización informacional: procura e selección da información con criterios de fiabilidade, calidade e pertinencia; análise, valoración, reorganización e síntese da información en esquemas propios e transformación en coñecemento.
  • C2.3 - Recoñecemento dos elementos lingüísticos en textos orais, escritos e multimodais.
  • C2.3.3 - Análise dos mecanismos de cohesión. Conectores textuais temporais, explicativos, de orde e de contraste. Mecanismos de referencia interna gramaticais (substitucións pronominais e adverbiais) e léxicos (repeticións, sinónimos, campos semánticos, hiperónimos e elipses).
  • C2.3.4 - Uso de dicionarios, de manuais de consulta e de correctores ortográficos en soporte analóxico ou dixital.

Bloque B2. Comunicación: comprensión oral e escrita

  • C3.1 - Xéneros discursivos desde o punto de vista da produción de textos orais, escritos e multimodais de diferentes ámbitos.
  • C3.1.2 - Respecto polas propiedades textuais nos escritos propios: coherencia, cohesión e adecuación.
  • C3.1.3 - Xéneros discursivos do ámbito educativo: elaboración de exposicións orais e escritas.
  • C3.2 - Procesos de produción de textos orais, escritos e multimodais.
  • C3.2.2 - Produción oral formal: planificación e procura de información, creación e revisión. Adecuación á audiencia e ao tempo de exposición. Elementos non verbais. Trazos discursivos e lingüísticos da oralidade formal.
  • C3.2.3 - Produción escrita: planificación, redacción, revisión e edición en diferentes soportes. Corrección gramatical e ortográfica. Propiedade léxica. Usos da escritura para a organización do pensamento: toma de notas, esquemas, mapas conceptuais, definicións, resumos etc.
  • C3.2.4 - Alfabetización mediática e informacional: reorganización e síntese da información en esquemas propios e transformación en coñecemento, comunicación e difusión creativa e respectuosa coa propiedade intelectual. Utilización de plataformas virtuais e de recursos na rede para a realización de proxectos escolares.

Bloque B3. Comunicación: expresión oral e escrita

Tendo en conta o anterior, este recurso céntrase principalmente nos seguintes obxectivos da materia: 

Obxectivos

Descrición

OBX3

Producir textos orais e multimodais con coherencia e fluidez e co rexistro adecuado atendendo ás convencións propias dos diferentes xéneros discursivos e participar en interaccións orais cunha actitude cooperativa e respectuosa, tanto para construír coñecemento e establecer vínculos persoais como para intervir de maneira activa e informada en diferentes contextos sociais.

OBX4

Comprender, interpretar e valorar textos escritos, con sentido crítico e diferentes propósitos de lectura, recoñecendo o sentido global e as ideas principais e secundarias, identificando a intención do emisor, reflexionando sobre o contido e a forma e avaliando a súa calidade e fiabilidade para dar resposta a necesidades e intereses comunicativos diversos e para construír coñecemento.

OBX5

Producir textos escritos e multimodais coherentes, cohesionados, adecuados e correctos atendendo ás convencións propias do xénero discursivo elixido, para construír coñecemento e para dar resposta de maneira informada, eficaz e creativa a demandas comunicativas concretas.

OBX6

Seleccionar e contrastar información procedente de diferentes fontes de maneira progresivamente autónoma, avaliando a súa fiabilidade e pertinencia en función dos obxectivos de lectura e evitando os riscos de manipulación e desinformación, e integrala e transformala en coñecemento para comunicala desde un punto de vista crítico e persoal e, ao mesmo tempo, respectuoso coa propiedade intelectual.

OBX9

Mobilizar o coñecemento sobre a estrutura da lingua e os seus usos e reflexionar de maneira progresivamente autónoma sobre as eleccións lingüísticas e discursivas, coa terminoloxía adecuada, para desenvolver a conciencia lingüística, aumentar o repertorio comunicativo e mellorar as destrezas tanto de produción oral e escrita como de recepción crítica.

A continuación inclúense os descritores das competencias clave estipuladas pola normativa traballadas neste recurso.

Competencias clave Clave dos descritores operativos

CCL - Competencia en comunicación lingüística

CCL1, CCL2, CCL3, CCL5

CP - Competencia plurilingüe

CP2

STEM - Competencia matemática e competencia en ciencia, tecnoloxía e enxeñaría

STEM1, STEM2, STEM4

CD - Competencia dixital

CD1, CD2, CD3, CD4

CPSAA - Competencia persoal, social e de aprender a aprender

CPSAA4, CPSAA5

CC - Competencia cidadá

CC2, CC3

CE - Competencia emprendedora

CE1, CE3

Feito con eXeLearning (Nova xanela)