Saltar navegación

2. Contextualización curricular

Contextualización do REA na programación de materia

Os REA da materia de Lingua Castelá e Literatura de 2.º de ESO están deseñados a partir da programación modelo de Proens 2022-2023, versión 1.

En xeral, respéctase esta programación, propoñendo cambios en dúas das unidades que non afectan aos elementos principais da mesma:

  1. Para o REA03 propóñense cambios que afectan á descrición da unidade didáctica 3 (Cuento de navidad) e aos mínimos de consecución dos seguintes criterios de avaliación: CA4.1, CA4.6 e CA4.7, coa finalidade de converter esta proposta nunha unidade de aprendizaxe-servizo á comunidade, favorecendo unha maior motivación e participación do alumnado.
  2. Para o REA05 propóñense cambios na descrición da unidade didáctica 5 (Falando enténdese a xente) que afectan á descrición da propia unidade  e aos mínimos de consecución do seguinte criterio de avaliación: CA2.2. Para a unidade didáctica 6 (El teatro y la poesía que sale del libro para hacerse humana) estes cambios tamén afectarían á descrición da mesma  e aos mínimos de consecución dos criterios de avaliación CA4.1, CA4.2, CA4.3, CA4.5, CA4.6 e CA4.7, o que nos permite traballar con fragmentos de distintas obras seleccionadas.

Estes cambios están especificados nas guías dos REA03 e REA05, respectivamente.

Relación dos REA coa programación modelo de Proens

Número de REA e título

Unidade/s didáctica/s (Proens)

Criterios de avaliación traballados

% Peso Materia (Orientación de Proens)

Temporalización

REA01: "Lenguas a la vista"

UD 1: En la variedad está el gusto

CA1.1, CA1.2, CA1.3

10 %

10 sesións

REA02: "Orácora: Conectando (con) palabras"

UD 2: Palabra e pedra solta non teñen volta

CA5.4, CA5.5, CA5.1, CA5.2, CA5.3

20 %

21 sesións

REA03: "Cocinando historias"

UD 3: Cuento de Navidad

CA4.2, CA4.3, CA4.6, CA4.8, CA4.1, CA4.4, CA4.5, CA4.7

10 %

10 sesións

REA04: "¿Mi ciudad? Aquí te guío"

UD 4: Na casa de ferreiro, coitelo de pau

CA2.3, CA2.4, CA3.6, CA2.5, CA2.7, CA3.1, CA3.3, CA3.4, CA3.5, CA3.7

15 %

12 sesións

REA05: "Urgente: Misión libertad"

UD 5: Falando enténdese a xente

CA2.1, CA2.2, CA2.8, CA3.2, CA3.5, CA3.8

15 %

25 sesións

UD6: El teatro y la poesía que sale del libro para hacerse humana

CA4.1, CA4.2, CA4.3, CA4.5, CA4.6, CA4.7, CA4.8

10 %

REA06: "¡Extra, extra!"

UD7: A novos tempos, novos costumes

CA2.3, CA2.4, CA2.5, CA2.6, CA2.8, CA3.3, CA3.7

10 %

27 sesións

UD8: Poemas elásticos e cadáveres exquisitos

CA4.2, CA4.3, CA4.4, CA4.5, CA4.6, CA4.8

10 %

Eixes da proposta didáctica

A unidade didáctica está baseada nos eixes recollidos na programación de Proens para a materia de Lingua Castelá e Literatura, nomeadamente:

  • Comprensión e expresión oral e escrita: traballo sobre a lectura, narración e creación de contos, desenvolvendo a expresión e a comunicación efectiva.
  • Educación literaria: análise de textos narrativos, exploración dos elementos formais e temáticos, e reflexión sobre a estructura e os recursos literarios.
  • Lectura autónoma: a través do fomento do hábito lector e a configuración e exploración da biografía lectora, facendo uso da biblioteca escolar.
  • Educación en valores e competencia social e cívica: fomento da colaboración, o respecto e a empatía a través da creación compartida e a lectura de historias en diferentes formatos que abordan o tema da soidade.

Asemade, traballa en prol de acadar un dos Obxectivos de Desenvolvemente Sostible establecido pola Organización de Nacións Unidas na súa Axenda 2030, en concreto, o obxectivo número 3, saúde e benestar.

Contidos, obxectivos específicos e competencias clave

Este REA desenvolve a unidade número 3 da programación modelo de Proens, adicada ao estudo do xénero narrativo, centrada no subxénero do conto.

Contidos

Bloque da materia

  • Lectura autónoma. Implicación na lectura de obras de xeito progresivamente autónomo a partir dunha preselección de textos variados que inclúan obras de autoras e autores e reflexión sobre os textos lidos e sobre a propia práctica da lectura.
  • Criterios e estratexias para a selección de obras variadas de forma orientada, a partir da exploración guiada da biblioteca escolar e pública dispoñible.
  • Toma de conciencia progresiva dos propios gustos e identidade lectora.
  • Participación activa en actos culturais vinculados co circuíto literario e lector.
  • Estratexias de toma de conciencia dos propios gustos e identidade lectora.
  • Expresión da experiencia lectora co apoio de exemplos e utilizando progresivamente unha metalinguaxe específica. Apropiación dos textos lidos a través de distintas formas de recreación.
  • Mobilización da experiencia persoal e lectora como forma de establecer vínculos entre a obra lida e aspectos da actualidade, así como con outros textos e manifestacións artísticas e culturais.
  • Estratexias para a recomendación das lecturas, en soportes variados, ou ben oralmente entre iguais.
  • Lectura guiada. Lectura de obras e fragmentos relevantes da literatura xuvenil contemporánea e do patrimonio literario universal, inscritas en itinerarios temáticos ou de xénero que atravesan épocas, contextos culturais e movementos artísticos.
  • Estratexias para a construción compartida da interpretación das obras a través das conversas literarias, coa incorporación progresiva da metalinguaxe específica.
  • Relación entre os elementos constitutivos do xénero literario e a construción do sentido da obra. Análise básica do valor dos recursos expresivos e dos seus efectos na recepción.
  • Relación e comparación dos textos lidos con outros textos e con outras manifestacións artísticas e culturais en función de temas, tópicos, estruturas e linguaxes.
  • Expresión pautada, a través de procesos e soportes diversificados e da interpretación e valoración persoal de obras e fragmentos literarios.
  • Creación de textos partindo da apropiación das convencións da linguaxe literaria e en referencia a modelos dados (imitación, transformación, continuación etc.).

Bloque B4. Educación literaria

Estes son os obxectivos de Lingua castelá e literatura traballados neste REA:

Obxectivos

Descrición

OBX3

Producir textos orais e multimodais con coherencia e fluidez e co rexistro adecuado atendendo ás convencións propias dos diferentes xéneros discursivos e participar en interaccións orais cunha actitude cooperativa e respectuosa, tanto para construír coñecemento e establecer vínculos persoais como para intervir de maneira activa e informada en diferentes contextos sociais.

OBX4

Comprender, interpretar e valorar textos escritos, con sentido crítico e diferentes propósitos de lectura, recoñecendo o sentido global e as ideas principais e secundarias, identificando a intención do emisor, reflexionando sobre o contido e a forma e avaliando a súa calidade e fiabilidade para dar resposta a necesidades e intereses comunicativos diversos e para construír coñecemento.

OBX7

Seleccionar e ler de maneira autónoma obras diversas como fonte de pracer e coñecemento, configurando un itinerario lector que evolucione en canto á diversidade, complexidade e calidade das obras e compartir experiencias de lectura para construír a propia identidade lectora e gozar da dimensión social da lectura.

OBX8

Seleccionar e ler de maneira autónoma obras diversas como fonte de pracer e coñecemento, configurando un itinerario lector que evolucione en canto á diversidade, complexidade e calidade das obras e compartir experiencias de lectura para construír a propia identidade lectora e gozar da dimensión social da lectura.

E, por último, preséntanse as competencias clave e os descritores operativos que se traballan neste recurso educativo:

Competencias clave

Clave dos descritores operativos

CCL - Competencia en comunicación lingüística

CCL1, CCL2, CCL3, CCL4, CCL5

CP - Competencia plurilingüe

CP2

STEM - Competencia matemática e competencia en ciencia, tecnoloxía e enxeñaría

STEM1, STEM4

CD - Competencia dixital

CD1, CD2, CD3

CPSAA - Competencia persoal, social e de aprender a aprender

CPSAA1, CPSAA4

CC - Competencia cidadá

CC1, CC2, CC3

CE - Competencia emprendedora

CE1

CCEC - Competencia en conciencia e expresión culturais

CECC1, CECC2, CCEC3, CCEC4

Feito con eXeLearning (Nova xanela)