Saltar navegación

2.1. Criterios e instrumentos de avaliación

Criterios de avaliación e mínimos de consecución

Para o REA03 propóñense cambios que afectan á descrición da unidade didáctica 3 (Cuento de navidad), xa que nesta se especifica un proxecto concreto para esta unidade, e aos mínimos de consecución dos seguintes criterios de avaliación: CA4.1, CA4.6 e CA4.7. A finalidade é converter esta proposta nunha unidade de aprendizaxe-servizo á comunidade, favorecendo unha maior motivación e participación do alumnado.

Códigos CA: descrición dos criterios de avaliación

 Mínimos de consecución

Instrumentos de avaliación

Unidade/s didáctica/s (Proens)

% (Orientación de Proens)

CA4.1 - Participar de maneira activa e adecuada en interaccións orais informais acerca de obras literarias, no traballo en equipo e en situacións orais formais de carácter dialogado (como actos culturais vinculados co circuíto literario e lector), mantendo actitudes de escoita activa e estratexias de cooperación conversacional e de cortesía lingüística.

Realizar unha escoita activa, respectando as opinións alleas e expoñendo con claridade expositiva e solidez argumentativa as súas achegas arredor dos relatos creados na aula.

TI

3

10 %

CA4.2 - Comprender e interpretar o sentido global, a estrutura, a información máis relevante e a intención do emisor en textos literarios escritos e multimodais sinxelos que respondan a diferentes propósitos de lectura, realizando as inferencias necesarias.

Analizar as ideas fundamentais dos textos literarios, interpretando correctamente a intencionalidade da persoa emisora e a situación comunicativa descrita na obra.

PE

(non incluída no REA)

3

15 %

CA4.3 - Valorar a forma e o contido de textos literarios sinxelos avaliando a súa calidade e a eficacia dos procedementos comunicativos empregados.

Localizar, en contos literarios sinxelos, os principais recursos expresivos e características formais e temáticas presentes neles, valorando o seu efecto sobre a persoa receptora.

PE

(non incluída no REA)

3

15 %

CA4.4 - Elixir e ler textos a partir de preseleccións guiándose polos propios gustos, intereses e necesidades, deixando constancia do propio itinerario lector e da experiencia da lectura.

Escoller un dos textos da narrativa universal que integran a escolma proporcionada en clase, expresando de forma argumentada os motivos da súa elección e a súa experiencia lectora.

TI

3

10 %

CA4.5 - Compartir a experiencia da lectura en soportes diversos relacionando o sentido da obra coa propia experiencia biográfica e lectora.

Realizar, compartíndoo coa clase, a análise dunha obra procedente da narrativa universal actual, empregando unha guía de lectura para expresar as súas conclusións interpretativas.

TI

3

10 %

CA4.6 - Explicar e argumentar, coa axuda de pautas e modelos, a interpretación das obras lidas a partir da análise das relacións internas dos seus elementos constitutivos co sentido da obra, atendendo á configuración e á evolución dos xéneros e subxéneros literarios.

Interpretar coa axuda dunha guía de lectura os textos lidos, vinculándoos ao contexto da obra e aos elementos constitutivos da mesma.

PE

(non incluída no REA)

3

10 %

CA4.7 - Establecer de maneira guiada vínculos argumentados entre os textos lidos e outros textos escritos, orais ou multimodais, así como con outras manifestacións artísticas e culturais en función de temas, tópicos, estruturas, linguaxe e valores éticos e estéticos, mostrando a implicación e a resposta persoal do alumnado na lectura.

Establecer vínculos entre os contos lidos, agrupándoos en parentescos literarios e relacionándoos con outros soportes e formatos literarios e artísticos revisados na aula.

TI

3

15 %

CA4.8 - Crear textos persoais ou colectivos con intención literaria e conciencia de estilo, en distintos soportes e coa axuda doutras linguaxes artísticas e audiovisuais, partindo da lectura de obras ou fragmentos significativos en que se empreguen as convencións formais dos diversos xéneros e estilos literarios.

Producir textos de intención literaria respectando as convencións dos xéneros e empregando con eficacia os principais recursos expresivos.

PE

(non incluída no REA)

3

15 %

Lenda%: peso orientativo (o profesorado debe axustalo á súa programación); PE: proba escrita, TI: táboa de indicadores

Actividades e instrumentos empregados no REA

Criterios de avaliación

Actividades ou exercicios / Seccións do REA

Instrumentos empregados

CA4.1 - Participar de maneira activa e adecuada en interaccións orais informais acerca de obras literarias, no traballo en equipo e en situacións orais formais de carácter dialogado (como actos culturais vinculados co circuíto literario e lector), mantendo actitudes de escoita activa e estratexias de cooperación conversacional e de cortesía lingüística.

2.1. Tu biografía lectora

4.1. Recetas universales

4.2. Añade la levadura

5.1. El banquete final

Informe de progreso

Lista de cotexo

Lista de control

CA4.2 - Comprender e interpretar o sentido global, a estrutura, a información máis relevante e a intención do emisor en textos literarios escritos e multimodais sinxelos que respondan a diferentes propósitos de lectura, realizando as inferencias necesarias.

2.2. Para abrir boca

3.2. Revisando ingredientes

3.3. Los ingredientes y sus historias

Informe de progreso

Feedback do profesorado

CA4.3 - Valorar a forma e o contido de textos literarios sinxelos avaliando a súa calidade e a eficacia dos procedementos comunicativos empregados.

2.2. Para abrir boca

3.1. Tu ingrediente favorito

Informe de progreso

Feedback do profesorado

CA4.4 - Elixir e ler textos a partir de preseleccións guiándose polos propios gustos, intereses e necesidades, deixando constancia do propio itinerario lector e da experiencia da lectura.

4.1. Recetas universales

4.2. Añade la levadura

Informe de progreso

Feedback do profesorado

Lista de cotexo

CA4.5 - Compartir a experiencia da lectura en soportes diversos relacionando o sentido da obra coa propia experiencia biográfica e lectora.

Fase 2

2.1. Tu biografía lectora

Feedback do profesorado

CA4.6 - Explicar e argumentar, coa axuda de pautas e modelos, a interpretación das obras lidas a partir da análise das relacións internas dos seus elementos constitutivos co sentido da obra, atendendo á configuración e á evolución dos xéneros e subxéneros literarios.

Fase 3

3.3. Los ingredientes y sus historias

Feedback do profesorado

CA4.7 - Establecer de maneira guiada vínculos argumentados entre os textos lidos e outros textos escritos, orais ou multimodais, así como con outras manifestacións artísticas e culturais en función de temas, tópicos, estruturas, linguaxe e valores éticos e estéticos, mostrando a implicación e a resposta persoal do alumnado na lectura.

Fase 3

3.3. Los ingredientes y sus historias

Feedback do profesorado

CA4.8 - Crear textos persoais ou colectivos con intención literaria e conciencia de estilo, en distintos soportes e coa axuda doutras linguaxes artísticas e audiovisuais, partindo da lectura de obras ou fragmentos significativos en que se empreguen as convencións formais dos diversos xéneros e estilos literarios.

Fase 4

4.2. Añade la levadura

Lista de cotexo

Feito con eXeLearning (Nova xanela)