Saltar navegación

2. Contextualización curricular

Contextualización do REA na programación de materia

Os REA da materia de Lingua Castelá e Literatura de 2.º da ESO están deseñados a partir da programación modelo de Proens 2022-2023, versión 1.

En xeral, respéctase esta programación, propoñendo cambios en dúas das unidades que non afectan aos elementos principais da mesma:

  1. Para o REA03 propóñense cambios que afectan á descrición da unidade didáctica 3 (Cuento de navidad) e aos mínimos de consecución dos seguintes criterios de avaliación: CA4.1, CA4.6 e CA4.7, coa finalidade de converter esta proposta nunha unidade de aprendizaxe-servizo á comunidade, favorecendo unha maior motivación e participación do alumnado.
  2. Para o REA05 propóñense cambios na descrición da unidade didáctica 5 (Falando enténdese a xente) que afectan á descrición da propia unidade e aos mínimos de consecución do seguinte criterio de avaliación: CA2.2. Para a unidade didáctica 6 (El teatro y la poesía que sale del libro para hacerse humana) estes cambios tamén afectarían á descrición da mesma e aos mínimos de consecución dos criterios de avaliación CA4.1, CA4.2, CA4.3, CA4.5, CA4.6 e CA4.7, o que nos permite traballar con fragmentos de distintas obras seleccionadas.

Estes cambios están especificados nas guías dos REA03 e REA05, respectivamente.

Relación dos REA coa programación modelo de Proens

Número de REA e título

Unidade/s didáctica/s (Proens)

Criterios de avaliación traballados

% Peso Materia (Orientación de Proens)

Temporalización

REA01: "Lenguas a la vista"

UD 1: En la variedad está el gusto

CA1.1, CA1.2, CA1.3

10 %

10 sesións

REA02: "Orácora: Conectando (con) palabras"

UD 2: Palabra e pedra solta non teñen volta

CA5.4, CA5.5, CA5.1, CA5.2, CA5.3

20 %

21 sesións

REA03: "Cocinando cuentos"

UD 3: Cuento de Navidad

CA4.2, CA4.3, CA4.6, CA4.8, CA4.1, CA4.4, CA4.5, CA4.7

10 %

10 sesións

REA04: "¿Mi ciudad? Aquí te guío"

UD 4: Na casa de ferreiro, coitelo de pau

CA2.3, CA2.4, CA3.6, CA2.5, CA2.7, CA3.1, CA3.3, CA3.4, CA3.5, CA3.7

15 %

12 sesións

REA05: "Urgente: Misión libertad"

UD 5: Falando enténdese a xente

CA2.1, CA2.2, CA2.8, CA3.2, CA3.5, CA3.8

15 %

25 sesións

UD6: El teatro y la poesía que sale del libro para hacerse humana

CA4.1, CA4.2, CA4.3, CA4.5, CA4.6, CA4.7, CA4.8

10 %

REA06: "¡Extra, extra!"

UD7: A novos tempos, novos costumes

CA2.3, CA2.4, CA2.5, CA2.6, CA2.8, CA3.3, CA3.7

10 %

27 sesións

UD8: Poemas elásticos e cadáveres exquisitos

CA4.2, CA4.3, CA4.4, CA4.5, CA4.6, CA4.8 10 %

Eixes da proposta didáctica

Este REA (Recurso Educativo Aberto) contribúe de maneira integrada aos cinco bloques do currículo de Lingua Castelá e Literatura, pero especificamente aos bloques de «Comunicación».

Os bloques «Comunicación» concrétanse na comprensión das relacións entre as distintas unidades lingüísticas adaptadas a diferentes situacións comunicativas e propósitos. A elaboración das distintas actividades propostas e do reto final de elaboración de tarxetas esixe o traballo na comprensión e produción de enunciados axeitados de distintos propósitos comunicativos.

Relaciónase tamén co bloque «As linguas e os seus falantes», ao promover a valoración do patrimonio cultural e lingüístico do territorio e fomentar actitudes de respecto cara á diversidade cultural e social no contexto da comunicación.

O bloque de «Educación literaria» está presente a través do desenvolvemento de estratexias lectoras aplicadas á interpretación de textos literarios propostos nas actividades, así como mediante a consolidación do hábito lector e da competencia lectora como base para a produción de enunciados propios.

Finalmente, o bloque de «Reflexión sobre a lingua» trabállase de forma progresiva a través das actividades e desafíos para identificar, clasificar e utilizar de forma axeitada as distintas unidades lingüísticas e as funcións sintácticas que poden desempeñar nunha unidade superior.

Polo tanto esta unidade didáctica desenvolve principalmente os seguintes eixes do currículo de Lingua Castelá e Literatura:

  • Interacción oral, escrita e audiovisual, mediante a comprensión, análise e produción de textos en distintos formatos e contextos comunicativos.
  • Comprensión e interpretación de textos, incluíndo os multimodais, aplicando estratexias de lectura crítica.
  • Alfabetización informacional, audiovisual e mediática, a través da comprensión e reflexión sobre textos multimodais.
  • Reflexión sobre o funcionamento da lingua, centrada nas unidades lingüísticas, as súas relacións e as funcións que desempeñan en relación á estrutura da lingua e á intención comunicativa que se persegue co seu uso.
  • Patrimonio cultural e educación en valores, mediante a posta en valor do noso patrimonio lingüístico e a reflexión sobre a diversidade, o respecto e a convivencia democrática.

Esta proposta contribúe directamente ao desenvolvemento da competencia cidadá recollida no perfil de saída da LOMLOE, e conecta cos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible ODS 4 (Educación de calidade).

Contidos, obxectivos específicos e competencias clave

Este REA02 correspóndese coa UD2 "Palabra e pedra solta non teñen volta" da programación modelo de Proens.

Contidos específicos traballados no REA dentro de cada bloque xeral de contido.

Contidos

Bloque da materia

  • C5.1 - Elaboración de conclusións propias sobre o funcionamento do sistema lingüístico cunha linguaxe específica a partir da observación, comparación e clasificación de unidades comunicativas e do contraste entre linguas.
    • C5.1.1 - Distinción entre a forma (categoría gramatical) e a función das palabras (funcións sintácticas) e coñecemento dos procedementos léxicos (afixos) e sintácticos para a mudanza de categoría. Orde das palabras e concordancia.
    • C5.1.2 - Relación entre os esquemas semántico e sintáctico da oración simple. Observación e transformación de enunciados de acordo con estes esquemas e uso da terminoloxía sintáctica necesaria.
    • C5.1.3 - Procedementos de adquisición e formación de palabras. Reflexión sobre os cambios no seu significado, as relacións semánticas entre palabras e os seus valores denotativos e connotativos en función do contexto e do propósito comunicativo.
    • C5.1.4 - Estratexias de uso progresivamente autónomo de dicionarios e manuais de gramática para obter información gramatical básica.

Bloque B5. Reflexión sobre a lingua

Obxectivos da materia traballados especificamente no REA.

Obxectivos

Descrición

OBX5

Producir textos escritos e multimodais coherentes, cohesionados, adecuados e correctos atendendo ás convencións propias do xénero discursivo elixido, para construír coñecemento e para dar resposta de maneira informada, eficaz e creativa a demandas comunicativas concretas.

OBX6

Seleccionar e contrastar información procedente de diferentes fontes de maneira progresivamente autónoma, avaliando a súa fiabilidade e pertinencia en función dos obxectivos de lectura e evitando os riscos de manipulación e desinformación, e integrala e transformala en coñecemento para comunicala desde un punto de vista crítico e persoal e, ao mesmo tempo, respectuoso coa propiedade intelectual.

OBX9

Mobilizar o coñecemento sobre a estrutura da lingua e os seus usos e reflexionar de maneira progresivamente autónoma sobre as eleccións lingüísticas e discursivas, coa terminoloxía adecuada, para desenvolver a conciencia lingüística, aumentar o repertorio comunicativo e mellorar as destrezas tanto de produción oral e escrita como de recepción crítica.

Competencias clave e os descritores operativos traballados.

Competencias clave

Clave dos descritores operativos

CCL - Competencia en comunicación lingüística

CCL1, CCL3, CCL5

STEM - Competencia matemática e competencia en ciencia, tecnoloxía e enxeñaría

STEM1

CD - Competencia dixital

CD2, CD3

CPSAA - Competencia persoal, social e de aprender a aprender

CPSAA5

Feito con eXeLearning (Nova xanela)