Saltar navegación

2.1. Criterios e instrumentos de avaliación

Criterios de avaliación e mínimos de consecución

Códigos CA: descrición dos criterios de avaliación

 Mínimos de consecución

Instrumentos de avaliación

Unidade/s didáctica/s (Proens)

% (Orientación de Proens)

CA5.1 - Incorporar procedementos básicos para enriquecer os textos atendendo a aspectos discursivos, lingüísticos e de estilo, con precisión léxica e corrección ortográfica e gramatical.

Prestar especial atención ás relacións semánticas entre as palabras e os seus valores denotativos e connotativos en función do contexto e do propósito comunicativo.

TI

UD2

15 %

CA5.2 - Localizar, seleccionar e contrastar información de maneira guiada procedente de diferentes fontes calibrando a súa fiabilidade e pertinencia en función dos obxectivos de lectura e adoptando un punto de vista crítico e de respecto aos principios de propiedade intelectual.

Facer un uso progresivamente autónomo de dicionarios e manuais de gramática obtendo información gramatical básica.

TI

UD2

15 %

CA5.3 - Revisar os textos propios de maneira guiada e facer propostas de mellora argumentando as mudanzas a partir da reflexión metalingüística e interlingüística e cunha metalinguaxe específica, e identificar e solucionar algúns problemas de comprensión lectora utilizando os coñecementos explícitos sobre a lingua e o seu uso.

Incluír, mediante a transformación de enunciados, propostas de mellora atendendo á relación entre os esquemas semántico e sintáctico da oración simple.

PE

UD2

20 %

CA5.4 - Explicar e argumentar a interrelación entre o propósito comunicativo e as eleccións lingüísticas do emisor, así como os seus efectos no receptor, utilizando o coñecemento explícito da lingua e unha metalinguaxe específica.

Identificar as categorías gramaticais predominantes nas diferentes tipoloxías textuais en función do propósito comunicativo.

PE (non incluída no REA)

UD2

25 %

CA5.5 - Formular xeneralizacións sobre aspectos básicos do funcionamento da lingua a partir da observación, comparación e transformación de enunciados, así como da formulación de hipóteses e da procura de contraexemplos, utilizando unha metalinguaxe específica e consultando de maneira guiada dicionarios, manuais e gramáticas.

Identificar as clases de palabras explicando, como mínimo, a mudanza de categoría gramatical mediante a utilización de afixos e recoñecendo, ademais, as funcións sintácticas.

PE (non incluída no REA)

UD2

25 %

Lenda%: peso orientativo (o profesorado debe axustalo á súa programación); PE: proba escrita, TI: táboa de indicadores

Actividades e instrumentos empregados no REA

Criterios de avaliación

Actividades ou exercicios / Seccións do REA

Instrumentos empregados

CA5.1 - Incorporar procedementos básicos para enriquecer os textos atendendo a aspectos discursivos, lingüísticos e de estilo, con precisión léxica e corrección ortográfica e gramatical.

1. Fase 1. Cuando el mundo se apaga. Comprensión de las piezas audiovisuales

2. Fase 2. Feria gramatical

3. Fase 3.4. Sexto desafío. Añade complementos circunstanciales

4. Fase 3.4. Octavo desafío. Crea un suplemento

5. Fase 4.1. El reto final

1. Observación directa

2. Solucionario

3. Solucionario

4. Solucionario

5. Rúbrica

CA5.2 - Localizar, seleccionar e contrastar información de maneira guiada procedente de diferentes fontes calibrando a súa fiabilidade e pertinencia en función dos obxectivos de lectura e adoptando un punto de vista crítico e de respecto aos principios de propiedade intelectual.

1. Fase 1. Cuando el mundo se apaga. Comprensión de pezas audiovisuais

2. Fase 2.1 e 2.2. Actividades de recoñecemento de categorías gramaticais

3. Fase 4.1. El reto final.

1. Observación directa

2. Solucionario e realimentación

3. Rúbrica

CA5.3 - Revisar os textos propios de maneira guiada e facer propostas de mellora argumentando as mudanzas a partir da reflexión metalingüística e interlingüística e cunha metalinguaxe específica, e identificar e solucionar algúns problemas de comprensión lectora utilizando os coñecementos explícitos sobre a lingua e o seu uso.

1. Fase 1. Comprensión de pezas audiovisuais e debate sobre as mesmas.

2. Fase 2. Feria gramatical.

3. Fase 3. Traballo co sintagma e coa oración simple, recoñecemento e análise da estrutura.

4. Fase 4. El reto final

1. Observación directa

2. Solucionario

3. Solucionario e realimentación

4. Rúbrica e observación directa

CA5.4 - Explicar e argumentar a interrelación entre o propósito comunicativo e as eleccións lingüísticas do emisor, así como os seus efectos no receptor, utilizando o coñecemento explícito da lingua e unha metalinguaxe específica.

1. Fase 2. Traballo coas categorías gramaticais: identificación, clasificación e selección.

2. Fase 3. Actividades de identificación de sintagmas e funcións sintácticas e análise e creación de estruturas.

3. Fase 4. 1. El reto final.

1. Realimentación e solucionario

2. Realimentación e solucionario

3. Rúbrica e observación directa

CA5.5 - Formular xeneralizacións sobre aspectos básicos do funcionamento da lingua a partir da observación, comparación e transformación de enunciados, así como da formulación de hipóteses e da procura de contraexemplos, utilizando unha metalinguaxe específica e consultando de maneira guiada dicionarios, manuais e gramáticas.

1. Fase 2. Actividades de recoñecemento e clasificación das categorías gramaticais.

2. Fase 2. Feria gramatical

3. Fase 3. Sintagmas e oracións: recoñecemento, identificación, análise de estrutura e creación de unidades.

4. Fase 4.1. El reto final

1. Realimentación e solucionario

2. Solucionario

3. Realimentación e solucionario

4. Rúbrica e observación directa

Feito con eXeLearning (Nova xanela)