Saltar navegación

3. Guía de uso

¡Lenguas a la vista!

O REA “¡Lenguas a la vista!” ten como finalidade que o alumnado recoñeza a diversidade lingüística de España e diferencie os trazos que caracterizan os códigos verbais e non verbais, co fin de desterrar prexuízos lingüísticos vixentes. Deste xeito, a partir da análise da diversidade lingüística da contorna, tamén valorará a riqueza cultural e patrimonial das linguas. En último termo, identificará e evitará os usos discriminatorios da lingua e valorará os elementos non verbais que rexen a comunicación interpersoal. Para iso, cada grupo realizará unha investigación guiada, que se orientará á elaboración dun gran libro interactivo co que se conmemorará no centro o Día Europeo das Linguas.

Seguindo as fichas de investigación propostas, cada equipo decidirá o nivel de afondamento co que indagará sobre a correspondente lingua. Nunha segunda fase deste proceso, traballará directamente co código que estudou para elaborar, segundo os modelos proporcionados, un texto complementario de carácter cultural. A través del, promóvese non só a achega ó uso da lingua servíndose de tradutores e outras ferramentas dixitais, senón tamén o coñecemento e valoración da contorna na que se emprega ese código.

Este recurso permite que o profesorado aborde cun enfoque competencial e motivador para o alumnado a diversidade lingüística como fonte de riqueza cultural.

Feito con eXeLearning (Nova xanela)