Saltar navegación

3.1. Recomendacións de uso

Orientacións e recomendacións de uso

Recursos materiais necesarios

  • Cartolinas en tamaño A2.
  • Folios de distintas cores. 
  • Tesoiras. 
  • Pegamento.
  • Lapis, bolígrafos e rotuladores.

Proposta de agrupamentos para actividades grupais

Para a realización do reto, recoméndase que o profesorado deseñe grupos heteroxéneos dun máximo de catro persoas en función das súas diversas capacidades e habilidades, para que cada quen poida desenvolver o seu máximo potencial. Ademais de aumentar a súa propia autonomía persoal, co traballo cooperativo o alumnado realizará prácticas comunicativas para seleccionar a información, tomar decisións e elaborar a parte do libro interactivo que lle corresponda. 

Procurarase que todo o alumnado de cada grupo, de xeito máis ou menos directo, participe na investigación, na toma de decisións e na creación. Un dos membros do equipo asumirá o rol de coordinador e voceiro coa persoa docente. 

As actividades de carácter individual realízanse tanto coa computadora como co caderno persoal e corríxense mediante a autoavaliación ou as rúbricas de expresión, tanto escrita como oral. 

Produtos finais

O reto acádase ó xuntar os lapbooks deseñados por cada grupo. Unha vez constituído o mapa no que se representa a diversidade lingüística de España, procédese a expoñelo na biblioteca do centro para que todo o alumnado visitante poida interactuar con el no marco da conmemoración do Día Europeo das Linguas. 

En esta imagen se ve el lapbook de uno de los equipos.

Enfoque multinivel do reto

Este reto artéllase en dous momentos: o primeiro consiste nunha indagación guiada sobre a lingua que corresponda a cada grupo, mentres que o segundo xira en torno a unha achega á súa contorna cultural. Así pois, para recoller información sobre unha lingua, cada equipo pode escoller entre tres niveis de perfeccionamento: 

  • Nivel aprendiz: con esta guía o alumnado deberá recoller información sobre o número de falantes, a extensión xeográfica, o recoñecemento legal, a orixe, os trazos lingüísticos distintivos, a súa presenza na escola, nos medios de comunicación, na contorna social e a súa preservación. 
  • Nivel profesional: o alumnado poderá, ademais de responder as cuestións do nivel aprendiz, afondar no coñecemento da lingua explorando sobre as mostras literarias máis destacadas e, incluso, seleccionar unha canción coñecida nesta lingua. 
  • Nivel experto: acadados os obxectivos dos niveis previos, aquel alumnado que o desexe tamén recollerá dúas frases feitas ou refráns nesta lingua e explicaraos, e incluirá, canto menos, unha ligazón que permita, a quen lle interese, pescudar máis información sobre esta lingua. 

Nun segundo momento, a achega á contorna cultural e social na que se emprega esa lingua, atendendo ós modelos proporcionados, cada grupo poderá realizar un dos seguintes textos. Neles tamén empregará o código investigado facendo uso dos tradutores facilitados. Os textos posibles son: 

  • Modelo de guía de visitantes: nel recollerán expresións que permitan saudar, recibir orientacións ou acceder a servizos como a hostalería. 
  • Modelo de folleto turístico: este documento debe conter teléfonos de contacto, transportes, aloxamentos, curiosidades, eventos, restaurantes e lugares que visitar. 
  • Modelo de programación cultural: o alumnado seleccionará os concertos, actuacións teatrais, conferencias e obradoiros, entre outros. 

Cómpre mencionar que os grupos que se movan no nivel aprendiz só realizarán un destes textos a elixir; no nivel profesional poderán escoller dous, mentres que no nivel experto terán que realizar os tres textos. 

Proposta lectora

A viaxe pola diversidade lingüística de España pode completarse cunha reflexión lingüística global en torno á lectura persoal da obra de Jonathan Swift Los viajes de Gulliver.

Feito con eXeLearning (Nova xanela)