Saltar navegación

2. Contextualización curricular

Contextualización do REA na programación de materia

Os REA da materia de Lingua Castelá e Literatura de 2.º da ESO están deseñados a partir da programación modelo de Proens 2022-2023, versión 1.

En xeral, respéctase esta programación, propoñendo cambios en dúas das unidades que non afectan aos elementos principais da mesma:

  1. Para o REA03 propóñense cambios que afectan á descrición da unidade didáctica 3 (Cuento de navidad) e aos mínimos de consecución dos seguintes criterios de avaliación: CA4.1, CA4.6 e CA4.7, coa finalidade de converter esta proposta nunha unidade de aprendizaxe-servizo á comunidade, favorecendo unha maior motivación e participación do alumnado.
  2. Para o REA05 propóñense cambios na descrición da unidade didáctica 5 (Falando enténdese a xente) que afectan á descrición da propia unidade  e aos mínimos de consecución do seguinte criterio de avaliación: CA2.2. Para a unidade didáctica 6 (El teatro y la poesía que sale del libro para hacerse humana) estes cambios tamén afectarían á descrición da mesma  e aos mínimos de consecución dos criterios de avaliación CA4.1, CA4.2, CA4.3, CA4.5, CA4.6 e CA4.7, o que nos permite traballar con fragmentos de distintas obras seleccionadas.

Estes cambios están especificados nas guías dos REA03 e REA05 respectivamente.

Relación dos REA coa programación modelo de Proens

Número de REA e título

Unidade/s didáctica/s (Proens)

Criterios de avaliación traballados

% Peso Materia (Orientación de Proens)

Temporalización

REA01: "Lenguas a la vista"

UD 1: En la variedad está el gusto

CA1.1, CA1.2, CA1.3

10 %

10 sesións

REA02: "Orácora: conectando (con) palabras"

UD 2: Palabra e pedra solta non teñen volta

CA5.4, CA5.5, CA5.1, CA5.2, CA5.3

20 %

21 sesións

REA03: "Cocinando cuentos"

UD 3: Cuento de Navidad

CA4.2, CA4.3, CA4.6, CA4.8, CA4.1, CA4.4, CA4.5, CA4.7

10 %

10 sesións

REA04: "¿Mi ciudad? Aquí te guío"

UD 4: Na casa de ferreiro, coitelo de pau

CA2.3, CA2.4, CA3.6, CA2.5, CA2.7, CA3.1, CA3.3, CA3.4, CA3.5, CA3.7

15 %

12 sesións

REA05: "Urgente: misión libertad"

UD 5: Falando enténdese a xente

CA2.1, CA2.2, CA2.8, CA3.2, CA3.5, CA3.8

15 %

25 sesións

UD6: El teatro y la poesía que sale del libro para hacerse humana

CA4.1, CA4.2, CA4.3, CA4.5, CA4.6, CA4.7, CA4.8

10 %

REA06: "¡Extra, extra!"

UD7: A novos tempos, novos costumes

CA2.3, CA2.4, CA2.5, CA2.6, CA2.8, CA3.3, CA3.7

10 %

27 sesións

UD8: Poemas elásticos e cadáveres exquisitos

CA4.2, CA4.3, CA4.4, CA4.5, CA4.6, CA4.8

10 %

Eixes da proposta didáctica

A presente proposta didáctica baséase nos seguintes eixes da materia de Lingua Castelá e Literatura de 2.º da ESO:

  • Recoñecemento da diversidade lingüística de España como unha fonte de riqueza.
  • Interacción oral, escrita e audiovisual adecuadas nos distintos ámbitos e contextos e en función de diferentes propósitos comunicativos.
  • Fomento do hábito lector como vía de acceso ó coñecemento e fonte de pracer.
  • Interpretación de textos literarios e non literarios de diversa índole.
  • Reflexión explícita sobre o funcionamento da lingua como medio para desenvolver a conciencia lingüística.
  • Expresión, comprensión e recepción crítica de textos de diferentes ámbitos.

Contidos, obxectivos específicos e competencias clave

Contidos Bloque da materia
  • C1.1 - Aproximación ás linguas de signos.
  • C1.2 - Comparación de trazos das principais variedades dialectais do castelán, con especial atención á do propio territorio.
  • C1.3 - Iniciación á reflexión interlingüística.
  • C1.4 - Estratexias de identificación de prexuízos e estereotipos lingüísticos e exploración de formas de evitalos.
Bloque B1. As linguas e os seus falantes

Obxectivos de Lingua Castelá e Literatura de 2.º da ESO traballados específicamente no REA.

Obxectivos

Descrición

OBX1

Describir e apreciar a diversidade lingüística do mundo a partir do recoñecemento das linguas do alumnado e da realidade plurilingüe e pluricultural de España, analizando a orixe e o desenvolvemento sociohistórico das súas linguas e as características das principais variedades dialectais do español, para favorecer a reflexión interlingüística, combater os estereotipos e prexuízos lingüísticos e valorar esta diversidade como fonte de riqueza cultural.

OBX10

Pór as propias prácticas comunicativas ao servizo da convivencia democrática, da resolución dialogada dos conflitos e da igualdade de dereitos de todas as persoas, utilizando unha linguaxe non discriminatoria e desterrando os abusos de poder a través da palabra para favorecer un uso non só eficaz, senón tamén ético e democrático, da linguaxe.

Competencias clave e os descritores operativos traballados.

Competencias clave Clave dos descritores operativos

CCL - Competencia en comunicación lingüística

CCL1, CCL5

CP - Competencia plurilingüe

CP2, CP3

CD - Competencia dixital

CD3

CPSAA - Competencia persoal, social e de aprender a aprender

CPSAA3

CC - Competencia cidadá

CC1, CC2, CC3

CCEC - Competencia en conciencia e expresión culturais

CCEC1, CCEC3

Feito con eXeLearning (Nova xanela)