Saltar navegación

2.3. Metodoloxía

Metodoloxía

Banner proxecto cREAgal

Este REA forma parte do proxecto cREAgal e, desde o punto de vista metodolóxico, é un recurso que procura o traballo cooperativo do alumnado na aula.

Na liña das concrecións metodolóxicas recollidas en Proens, con este REA, preténdese acadar unha aprendizaxe significativa das linguas de España partindo da realidade máis próxima e motivadora para o alumnado: a elaboración dun gran libro interactivo que permitirá a todo o centro conmemorar o 26 de setembro, Día Europeo das Linguas.

Neste proceso de toma de decisións responsables, o alumnado será o protagonista da súa propia aprendizaxe e tamén adquirirá competencias clave sociais, persoais e para aprender a aprender; así como en emprendemento, conciencia e expresión cultural.

Dado o seu carácter eminentemente práctico e o seu enfoque competencial, priorízase o traballo en pequeno grupo na aula, aínda que nalgunhas actividades se combina co traballo individual e coa posta en común ou debate en gran grupo. Entre os principios metodolóxicos aplicados, destacan os seguintes:

  • Deseño Universal de Aprendizaxe (DUA), ó que se contribúe mediante o uso de metodoloxías variadas e tarefas multinivel que consideran os diferentes ritmos de aprendizaxe e a diversidade do alumnado presente na aula —necesidades e intereses—.
  • Aprendizaxe baseada en retos (ABR). O alumnado debe resolver un desafío que, ademais, ten un impacto en todo o centro, pois realizará un gran libro interactivo mediante o que se conmemorará o Día Europeo das Linguas. Deste xeito refórzase tamén a devandita aprendizaxe significativa. 
  •  Aprendizaxe cooperativa. Favorécese o traballo en diferentes tipos de agrupamentos, segundo a tarefa indicada, para mellorar o grao de desenvolvemento das competencias clave mediante a colaboración entre iguais.
  • Aprender facendo (learning by doing). O alumnado terá un acceso sucinto á teoría, a partir da que realizará investigacións guiadas que promoverán, asemade, a reflexión lingüística e a creatividade ó ter que plasmar os datos obtidos nun libro interactivo. 
  • Transversalidade. Promoverase a reflexión interlingüística, a vehiculación de contidos, así como a identificación de trazos lingüísticos comúns. 

Feito con eXeLearning (Nova xanela)