Criterios de avaliación e mínimos de consecución
Táboa na que se recollen os criterios de avaliación, os mínimos de consecución que se contemplan para cada criterio, os instrumentos de avaliación previstos e a súa ponderación (en base á proposta de Proens).
| Códigos CA: descrición dos criterios de avaliación | Mínimos de consecución | Instrumentos de avaliación | Unidade/s didáctica/s (Proens) | % (Orientación de Proens) |
|---|---|---|---|---|
|
CA1.1 - Recoñecer as linguas oficiais de España e as variedades dialectais do español, con atención especial ao galego e ao castelán, identificando as nocións básicas das linguas, tanto de España como das que forman os repertorios lingüísticos do alumnado, e contrastando algúns dos seus trazos en manifestacións orais, escritas e multimodais. |
Diferenciar, como mínimo, as variedades dialectais do castelán (a través dunha proba práctica). |
PE (non incluída no REA) |
1 |
45 % |
|
CA1.2 - Identificar prexuízos e estereotipos lingüísticos adoptando unha actitude de respecto e valoración da riqueza cultural, lingüística e dialectal partindo da análise da diversidade lingüística da contorna. |
Valorar a riqueza cultural que supón a diversidade lingüística sendo respectuoso coas diferentes linguas e dialectos e iniciando, ao mesmo tempo, unha aproximación ás linguas de signos. |
TI |
1 |
25 % |
|
CA1.3 - Identificar e evitar os usos discriminatorios da lingua, así como a manipulación a través da palabra, partindo da reflexión e da análise dos elementos lingüísticos, textuais e discursivos utilizados, así como dos elementos non verbais que rexen a comunicación entre as persoas. |
Evitar os prexuízos e estereotipos lingüísticos identificando os elementos verbais e non verbais que resulten discriminatorios. |
TI |
1 |
30 % |
| Lenda: %: peso orientativo (o profesorado debe axustalo á súa programación); PE: proba escrita, TI: táboa de indicadores | ||||