Saltar navegación

3. Guía de uso

Cortocircuito informativo

No REA «Cortocircuito informativo» faise unha aproximación inicial ao estudo da enerxía. Este REA está destinado ao curso de 2.º da ESO.

O fío condutor da unidade é a información sobre enerxía nos distintos medios de comunicación, poñendo en valor a análise crítica desta para distinguir o coñecemento científico do que non o é.

O REA presenta as seguintes fases:

  1. Descrición: «¿Cuánta energía necesita la IA?».
  2. Exploración: «Reconectando».
  3. Conexión: «Radiografía energética».
  4. O reto final: «El dato verificado».
  5. Conclusión: «Publicación».

Na fase 1 é onde se describe o reto a acadar, a elaboración dun artigo de prensa científico. Tamén se crean os equipos de traballo.

Na fase 2 relaciónase o contido da unidade con ideas previas do alumnado, revisando os criterios que permiten distinguir a ciencia do que non é ciencia e clasificando as fontes de enerxía en renovables e non renovables.

Na fase 3 introdúcense os novos contidos sobre enerxía: a súa definición e unidades, as formas nas que se pode presentar, as súas propiedades, a enerxía mecánica (enerxía cinética e potencial) e a súa conservación. Tamén a obtención de enerxía a partir de fontes renovables e non renovables, así como os conceptos de calor e temperatura. Inclúense actividades para desenvolver tanto de xeito individual como grupal.

Na fase 4 recompílase todo o aprendido para preparar o artigo de prensa. Elixirán a temática a tratar, buscarán a información e os datos a presentar e redactarán o artigo.

Na fase 5 ponse en práctica o aprendido compartíndoo co resto da clase.

En todos os apartados deste REA pártese dun contexto próximo ao alumnado como é a información nos medios de comunicación e vincúlase este cos contidos e cos exercicios propostos. Trátase de que o alumnado comprenda que a enerxía está presente en todos os ámbitos da súa vida cotiá e que non é só unha disciplina técnica afastada dos seus intereses.

Neste REA dáselle importancia ás actividades para desenvolver habilidades de investigación e para a reflexión, tratando de fomentar o pensamento crítico no alumnado.

Nalgunhas actividades propostas e no reto do REA pódense atopar actividades multinivel, que permiten que os contidos estean ao alcance de todo o alumnado.

Feito con eXeLearning (Nova xanela)