Saltar navegación

2. Contextualización curricular

Contextualización do REA na programación de materia

Este REA é o último dentro dos 6 que cobren integramente o currículo da materia de Física e Química de 2º da ESO.

A referencia para a súa elaboración foi o modelo de programación didáctica de Proens (versión 2 do 13/05/2025).

As 7 unidades didácticas deste modelo foron distribuídas segundo a táboa que está a continuación.

Relación dos REA coa programación modelo de Proens

Número de REA e título Unidade/s didáctica/s (Proens) Criterios de avaliación traballados % Peso Materia (Orientación de Proens) Temporización
REA 1: "A la conquista de la ciencia"

1. A actividade científica

2. A materia

CA1.1, CA1.2, CA1.3, CA1.3.1, CA1.3.3, CA1.5, CA1.6, CA1.7, CA1.8, CA1.9.

CA1.1, CA1.2, CA1.3, CA1.3.1, CA1.3.3, CA1.4, CA1.5, CA1.7, CA1.9, CA2.1, CA2.2, CA2.3, CA2.4.

9 %

17 %

1º Trimestre

REA 2: "La química da de comer" 3. Sistemas materiais CA1.1, CA1.2, CA1.3, CA1.3.1, CA1.3.2, CA1.3.3, CA1.4, CA1.5, CA1.7, CA1.9, CA2.1, CA2.2, CA2.3, CA2.4, CA2.5, CA5.4. 15 % 1º e 2º Trimestres
REA 3: "No me mires que me desgasto" 4. Cambios físicos e químicos CA1.1, CA1.2, CA1.3, CA1.3.2, CA1.9, CA2.5, CA5.1, CA5.2, CA5.3, CA5.4. 9 % 2º Trimestre
REA 4: "Viñetas en movimiento" 5. O movemento CA1.1, CA1.2, CA1.3, CA1.3.1, CA1.3.3, CA1.5, CA1.6, CA1.7, CA1.8, CA1.9, CA4.1, CA4.1.1, CA4.2, CA4.2.1, CA4.2.2, CA4.2.3, CA4.3, CA4.4, CA4.5. 17 % 2º Trimestre
REA 5: "PlayNewton" 6. As forzas CA1.1, CA1.2, CA1.3, CA1.3.1, CA1.3.3, CA1.4, CA1.5, CA1.7, CA1.9, CA4.1, CA4.1.2, CA4.2, CA4.2.4, CA4.2.5, CA4.3, CA4.4, CA4.5. 16 % 3º Trimestre
REA 6: "Cortocircuito informativo" 7. A enerxía CA1.1, CA1.2, CA1.3, CA1.3.1, CA1.3.3, CA1.4, CA1.5, CA1.6, CA1.7, CA1.8, CA1.9, CA3.1, CA3.2, CA3.3, CA3.4, CA3.5. 17 % 3º Trimestre

Eixes da proposta didáctica

Esta proposta didáctica de Física e Química para 2º de ESO baséase nas seguintes liñas de actuación no proceso de ensino e aprendizaxe:

  • Utilizar fenómenos naturais e situacións próximas ao alumnado como motor de aprendizaxe, empregando a indagación para dar sentido ás leis físicas e químicas.
  • Fomentar que o alumnado aprenda conceptos á vez actúa como investigador/a, formulando hipóteses e deseñando experiencias para comprobar resultados.
  • Empregar modelos científicos para explicar o macroscópico desde o microscópico, potenciando a abstracción e o razoamento lóxico.
  • Converter o laboratorio nun espazo de colaboración onde o traballo en equipo desenvolva a responsabilidade, a comunicación científica e as habilidades sociais.
  • Aplicar ferramentas dixitais e laboratorios virtuais que faciliten a visualización de conceptos complexos, adaptando o ritmo ás necesidades de cada alumno/a.
  • Analizar o impacto da ciencia na sociedade, fomentando a sostibilidade, o consumo responsable de enerxía e a visibilización das mulleres na ciencia.
  • Empregar a avaliación continua para detectar ideas previas erróneas, guiar o progreso na adquisición de destrezas científicas e garantir a atención á diversidade mediante diversos instrumentos.

Relación cos Obxectivos da axenda 2030 para o desenvolvemento sostible:

  • ODS 7 (Enerxía accesible e non contaminante): comparar distintas fontes de enerxía e a súa viabilidade técnica para promover o uso de alternativas limpas e renovables na comunidade.
  • ODS 9 (Industria, innovación e infraestrutura): detectar problemas de eficiencia enerxética no contorno próximo e propoñer solucións innovadoras baseadas en fundamentos científicos.
  • ODS 12 (Produción e consumo responsable): analizar o consumo enerxético na vida cotiá e propoñer medidas para facer un uso máis responsable da enerxía.
  • ODS 13 (Acción polo clima): interpretar datos numéricos e estatísticos sobre emisións e fontes enerxéticas para comprender o impacto directo do modelo de consumo no quentamento global.

Contidos, obxectivos específicos e competencias clave

Este REA, en relación coa programación didáctica de referencia publicada en Proens, contextualízase na unidade didáctica 7. "A enerxía".

A proposta é traballalo no terceiro trimestre, como último REA do proxecto cREAgal para a materia. 

O recurso englóbase fundamentalmente nos bloques de contidos 1. "As destrezas científicas básicas" e 3. "A enerxía".

Contidos Bloque da materia
  • C1.1 - Metodoloxías propias da investigación científica: identificación e formulación de cuestións, elaboración de hipóteses e comprobación experimental destas.
  • C1.2 - Traballo experimental e proxectos de investigación: estratexias na resolución de problemas e no desenvolvemento de investigacións mediante a indagación, a dedución, a procura de evidencias e o razoamento lóxico-matemático, facendo inferencias válidas das observacións e obtendo conclusións.
  • C1.3 - Contornas e recursos de aprendizaxe científica, como o laboratorio ou as contornas virtuais: materiais, substancias e ferramentas tecnolóxicas.
    • C1.3.1. Contornas e recursos de aprendizaxe científica: os laboratorios (materiais, substancias).
    • C1.3.2. Contornas e recursos de aprendizaxe científica: contornas virtuais (ferramentas tecnolóxicas).
  • C1.4 - Normas de uso de cada espazo, asegurando e protexendo así a saúde propia e comunitaria, a seguridade nas redes e o respecto cara ao ambiente.
    • C1.4.1. Normas de uso de cada espazo, asegurando e protexendo así a saúde propia e comunitaria e o respecto cara ao medio ambiente.
    • C1.4.2. Seguridade nas redes.
  • C1.5 - A linguaxe científica: unidades do sistema internacional e os seus símbolos. Ferramentas matemáticas básicas en diferentes escenarios científicos e de aprendizaxe.
  • C1.6 - Estratexias de interpretación e produción de información científica utilizando diferentes formatos e diferentes medios: desenvolvemento do criterio propio baseado no que o pensamento científico achega á mellora da sociedade para facela máis xusta, equitativa e igualitaria.
  • C1.7 - Valoración da cultura científica e do papel de científicos e científicas nos principais fitos históricos e actuais da física e da química para o avance e a mellora da sociedade.
Bloque B1. As destrezas científicas básicas
  • C3.1 - A enerxía: formulación de cuestións e hipóteses sobre a enerxía, propiedades e manifestacións que a describan como a causa de todos os procesos de cambio.
  • C3.2 - Deseño e comprobación experimental de hipóteses relacionadas co uso doméstico e industrial da enerxía nas súas distintas formas e as transformacións entre elas.
  • C3.3 - Elaboración fundamentada de hipóteses sobre o ambiente e a sostibilidade a partir das diferenzas entre fontes de enerxía renovables e non renovables.
  • C3.4 - Efectos da calor sobre a materia: análise dos efectos e aplicación en situacións cotiás.
Bloque B3. A enerxía

Tendo en conta o anterior, este recurso céntrase principalmente nos seguintes obxectivos da materia:

Obxectivos Descrición
OBX 1 Comprender e relacionar os motivos polos que ocorren os principais fenómenos fisicoquímicos da contorna, explicándoos en termos das leis e teorías científicas adecuadas para resolver problemas co fin de aplicalas para mellorar a realidade próxima e a calidade da vida humana.
OBX 2 Expresar as observacións realizadas polo alumnado en forma de preguntas, formulando hipóteses para explicalas e demostrando estas hipóteses a través da experimentación científica, a indagación e a procura de evidencias, para desenvolver os razoamentos propios do pensamento científico e mellorar as destrezas no uso das metodoloxías científicas.
OBX 3 Manexar con soltura as regras e as normas básicas da física e da química no referente á linguaxe da IUPAC, á linguaxe matemática, ao emprego de unidades de medida correctas, ao uso seguro do laboratorio e á interpretación e produción de datos e información en diferentes formatos e fontes, para recoñecer o carácter universal e transversal da linguaxe científica e a necesidade dunha comunicación fiable en investigación e ciencia entre diferentes países e culturas. 
OBX 4 Utilizar de forma crítica, eficiente e segura plataformas dixitais e recursos variados, tanto para o traballo individual como en equipo, para fomentar a creatividade, o desenvolvemento persoal e a aprendizaxe individual e social, mediante a consulta de información, a creación de materiais e a comunicación efectiva nas diferentes contornas de aprendizaxe. 
OBX 5 Utilizar as estratexias propias do traballo colaborativo, potenciando o crecemento entre iguais como base emprendedora dunha comunidade científica crítica, ética e eficiente, para comprender a importancia da ciencia na mellora da sociedade, as aplicacións e repercusións dos avances científicos, a preservación da saúde e a conservación sostible do ambiente.
OBX 6 Comprender e valorar a ciencia como unha construción colectiva en continuo cambio e evolución, na que non só participan as persoas dedicadas a ela, senón que tamén require dunha interacción co resto da sociedade, para obter resultados que repercutan no avance tecnolóxico, económico, ambiental e social.

A continuación inclúense os descritores das competencias clave estipuladas pola normativa traballadas neste recurso.

Competencias clave Clave dos descritores operativos
Competencia en comunicación lingüística (CCL) CCL1, CCL2, CCL3, CCL5
Competencia plurilingüe (CP) CP3
Competencia matemática e competencia en ciencia, tecnoloxía e enxeñaría (STEM) STEM1, STEM2, STEM3, STEM4, STEM5
Competencia dixital (CD) CD1, CD2, CD3, CD4
Competencia persoal, social e de aprender a aprender (CPSAA) CPSAA1,  CPSAA2, CPSAA3, CPSAA4
Competencia cidadá (CC) CC1, CC3, CC4
Competencia emprendedora (CE) CE1, CE2, CE3
Competencia en conciencia e expresión culturais (CCEC) CCEC1, CCEC2, CCEC3, CCEC4

Feito con eXeLearning (Nova xanela)