Saltar navegación

3.1. Recomendacións de uso

Orientacións e recomendacións de uso

Recursos materiais necesarios

Para desenvolver as actividades do REA é necesaria a conexión á Rede, xa que hai que buscar información, utilizar GeoGebra, ver vídeos etc. Na versión de eXeLearning coa que foi creado, a (2.9), é preciso estar conectados para ver correctamente as expresións matemáticas escritas en LaTeX.

Respecto das iconas que preceden ós títulos, seguen as pautas DUA. As de cor azul indican actividades. Para as autocorrixibles, aínda que só cómpre introducir no REA o resultado final, recoméndase que o alumnado faga os seus propios esquemas cos datos, que anote os pasos da resolución e que indique cálculos, fontes empregadas e reflexións persoais no seu caderno (xa sexa dixital ou en papel).

As iconas de cor verde están relacionadas co reto e, as de cor morado, con contidos e exemplos necesarios para comprender as actividades.

Nas actividades tipo "xogo" (que levan a icona dun mando de videoxogo), pódese configurar o gardado da puntuación. Actualmente, en eXeLearning só se pode gardar a puntuación dunha actividade por páxina, en combinación con Moodle e formato SCORM.

O profesorado pode consultar todos os arquivos na sección 3.2 desta guía, en formato editable, así como as solucións das actividades (excepto das autocorrixibles e das de resposta aberta), autenticándose coa conta corporativa.

Ademais, a elaboración de cada xoguete leva asociado una serie de materiais específicos que aparecen recollidos no apartado correspondente do REA.

Dito material, segundo o apartado e subapartado do REA, é o seguinte:

2.1. Peonza, muelle y plastilina

  • Trompo ou, no seu defecto, para fabricar un trompo: 2 tapóns de plástico, cinta adhesiva, pauciños de espeto.
  • Resorte e goma.
  • Plastilina, masilla adhesiva ou de moldear ou calquera outro material que se poida deformar.

2.2. ¡Zas! ¡Boing! ¡Crash!

Folio para construír un avión de papel.

3.2. Estira y dispara

Para construír unha catapulta de peto: 8 paus de xeado; 3 gomas elásticas; 1 tapón de refresco; pegamento forte ou silicona; boliñas de papel ou garavanzos (actúan como proxectís).

3.3. La inercia en tus manos

Para construír un coche de inercia: para a carrocería, 1 botella ou envase de plástico; para as rodas, 4 tapóns de botella; para os eixos, 2 paíños de espetada ou pallas ríxidas; como pasaxeiro/a, monicreque pequeno ou figura de plastilina. Ademais necesítanse ferramentas e unión: cinta adhesiva, pegamento, tesoiras e un punzón.

3.4. Chuta con fuerza

Para construír o futbolín de experimentación: caixa de cartón ríxido como unha caixa de zapatos, variña de madeira tipo espeto e palla, regra e medidor de ángulos, cúter e/ou tesoira, cinta adhesiva, cartón para o xogador e para o porteiro, tamén valen pinzas ou figura de 5 ou cm, tres pelotas de distinta masa (poliestireno expandido, bola de papel, bola, bola de ping-pong, bóla de aceiro), rotulador, lapis e cartolina verde (opcional).

3.5. Acción, reacción... ¡despega!

Para construír un foguete a propulsión: 1 botella de plástico pequena (baleira), vinagre, bicarbonato empaquetado en papel tisú, cartolina (para facer a punta e os aleróns), tapón adaptado ou sistema de peche seguro, lentes de protección.

3.6. El secreto del paracaídas

Para construír un paracaídas: bolsa de plástico ou anaco de tea, fío, cordel ou sedela, figura que poderás personalizar ao teu gusto e colgar do paracaídas, tesoiras e regra.

3.8. Las invisibles

  • Para "El globo travieso": pano de mesa ou pano de papel, globo, peza de la ou similar, fío.
  • Para "El imán explorador": 2 imáns (da neveira), pequeno coche, cinta adhesiva.

Dentro do subapartado de "La Varita Eléctrica"

  • Xogo "Doblegar la serpiente": bolsa de plástico lixeira, bolígrafo (variña), xersei ou cabelo seco.
  • Xogo "Domar una lata": bolígrafo (variña), xersei ou cabelo seco, lata baleira.
  • Xogo "El péndulo saltarín":  fío, papel de aluminio, bolígrafo (variña), xersei ou cabelo seco.
  • Xogo "Detector de magia eléctrica": frasco ou vaso de plástico transparente, papel de aluminio, un clip ou arame, goma elástica, bolígrafo (variña), xersei ou cabelo seco.

Dentro del apartado "Tren que levita":

  • Para "Juega con imanes": Imáns (de barra ou de neveira), clips metálicos, parafusos ou chinchetas, un anaco de madeira, unha moeda, papel aluminio.
  • Para construír "El cañón magnético": carril de metal, madeira ou plástico, varios imáns, unha bóla metálica para cada imán e unha máis para o lanzamento inicial, unha bóla de vidro por cada imán.
  • Para construír el "Tren Maglev": imáns de ferrita rectangulares cos polos na cara superior e inferior. Pódense conseguir nunha ferretería (imáns para pechar portas de armarios); anaco de madeira para o raíl, duns 5 cm de largo e 5 cm de alto, plantas de plástico (por exemplo, de policarbonato) para poñer nos laterais das vías; para construír o tren necesítase locomotora ou un vagón de xoguete, que sexa lixeiro, pistola de pegamento.

Proposta de agrupamentos para actividades grupais

Ideas para o profesorado sobre a formación de equipos:

Deben ser de tres ou catro persoas (poderíase alterar este número segundo o aspecto que se queira reforzar a nivel actitudinal, pero é mellor equipos pequenos).
É recomendable que sexan heteroxéneos aínda que, puntualmente, para algunha actividade poden ser homoxéneos.
Os equipos deben ter interdependencia positiva e debe existir unha responsabilidade individual e grupal.
Roles

  • Coordinador/a: dirixe e organiza as tarefas de forma consensuada, asegurándose de que todas as persoas as entenderon. Media nos conflitos que poidan xurdir dentro do equipo.
  • Secretario/a: anota as decisións e as respostas do equipo. Controla o ton de voz e os tempos. Encárgase de que todas as actividades estean feitas e entregadas en tempo e forma.
  • Responsable: organiza o material e os recursos necesarios. Fomenta a participación de todas as persoas do equipo.
  • Portavoz: comunícase con outros equipos e co/a docente. Expón os resultados e as conclusións do equipo.
    Se o equipo está formado por tres persoas, esta función pode asumila a persoa coordinadora.

Estes roles deberán acompañarse das normas habituais da aula, para manter a orde e garantir un bo desenvolvemento das actividades.

Produtos finais

O produto final deste REA é un xoguete acompañado dun cartel explicativo. O xoguete ten que ser un xoguete funcional con materiais reciclados, incorporando unha perspectiva de xénero no seu deseño, e explicando os principios físicos das forzas que o fan funcionar

Características técnicas do xoguete:

  • Ten que ser físico (real).
  • Debe poder transportarse e presentarse na clase.
  • Ten que ser seguro e resistente para poder probalo.

Enfoque multinivel do reto

O reto pode desenvolverse con distintos graos de complexidade, xa que se ofrecen varias opcións para a realización do xoguete e alcanzar o obxectivo proposto.

Estas opcións están referidas a:

  • O tipo de forza ou lei a representar e analizar.
  • A complexidade do propio xoguete.
  • Escoller un xoguete de elaboración propia sen partir dos exemplos que aparecen no REA.
  • O formato do cartel explicativo: pódese escoller entre o formato dixital (PDF ou diapositiva) ou o formato en papel ou cartolina (tamaño A2 e feito a man).

Ademais, nalgúns apartados do REA aparecen varias actividades diferentes para traballar o concepto ou lei explicado nese apartado, e os alumnos e alumnas poden escoller entre varias opcións.

Feito con eXeLearning (Nova xanela)