Temporalización do REA
Esta unidade levarase a cabo en 15 sesións e impartirase o terceiro trimestre.
Engloba os aspectos curriculares das unidades didácticas 6. As forzas da programación modelo de Proens para a materia de Física e Química de 2.º da ESO.
A continuación inclúese unha estimación da temporalización recomendada para cada fase deste recurso.
| Fase | Seccións | Descrición do traballo a desenvolver | Temporalización |
|---|---|---|---|
| 1. El legado de Finisterre | 1.1. La fuerza en tus manos |
Sesión de introdución e motivación sobre o reto: elaboración dun xoguete que funcione grazas ás forzas e elaboración dun cartel científico que permita explicar como funciona. Exponse a estrutura do reto por equipos, os pasos a seguir e os obxectivos finais. Contén reflexións para anotar no diario de aprendizaxe de forma individual e grupal. |
1 sesión |
| 2. Juegos de siempre |
2.1. Peonza, muelle y plastilina 2.2. ¡Zas! ¡Boing! ¡Crash! |
Sesións iniciais para conectar cos coñecementos previos sobre as forzas, as súas características e os seus efectos, contextualizadas nos xogos e xoguetes tradicionais. Realízanse actividades formativas e interactivas con datos reais. Contén reflexións para anotar no diario de aprendizaxe de forma individual e grupal. |
1 sesión |
| 3. Las reglas del juego | 3.1. ¿Quién tira más? |
Presentación da composición de forzas a partir de xogos como o tira e afrouxa e unha carreira de globos. Contidos e actividades referidos a: composición de forzas na mesma dirección (mesmo sentido e sentido contrario), forzas perpendiculares e interpretación do efecto conxunto de varias forzas sobre un corpo. |
1 sesión |
| 3.2. Estira y dispara |
Presentación das forzas que producen deformación a partir da construción dunha catapulta e da experimentación con resortes e outros materiais elásticos. Contidos e actividades referidos a: deformación dos corpos, relación entre forza e alongamento (Lei de Hooke), recuperación da forma inicial e aplicacións en xogos como o pinball. |
1 sesión | |
| 3.3. La inercia en tus manos |
Presentación da primeira lei de Newton a partir da experimentación co péndulo de Newton e situacións cotiás como o movemento nun monopatín. Contidos e actividades referidos a: inercia, estado de repouso e movemento, e comportamento dos corpos cando non actúan forzas ou estas se compensan. |
1 sesión | |
| 3.4. Chuta con fuerza |
Presentación da segunda lei de Newton a partir da experimentación cun futbolín construído polo alumnado. Contidos e actividades referidos a: relación entre forza, masa e aceleración, interpretación cualitativa da lei de Newton e aplicación en situacións reais. |
1,5 sesións | |
| 3.5. Acción, reacción...¡despega! |
Presentación da terceira lei de Newton a partir de coches impulsados por globos e a construción de foguetes sinxelos. Contidos e actividades referidos a: interacción entre corpos, pares de forzas acción-reacción e explicación do movemento por propulsión. |
1 sesión | |
| 3.6. El secreto del paracaídas |
Presentación das forzas cotiás a partir dun paracaidista de xoguete. Contidos e actividades referidos a: peso, forza de rozamento e tensión, e análise do equilibrio de forzas no descenso. |
1,5 sesións | |
| 3.7. La cama del faquir |
Presentación do concepto de presión a partir da experiencia coa cama do faquir e o comportamento de globos sobre superficies con cravos. Contidos e actividades referidos a: presión, relación entre forza e superficie, e interpretación de situacións cotiás. |
1 sesión | |
|
3.8. Las invisibles
|
Presentación das catro forzas fundamentais da natureza a partir de experiencias e observacións con xogos e materiais cotiás. Contidos e actividades referidos a:
Contén reflexións para anotar no diario de aprendizaxe de forma individual e grupal. |
2 sesións | |
| 4. Crea tu juguete |
4. Crea tu juguete 4.1. Inspírate aquí |
O alumnado aplica o recordado e aprendido ata agora para a resolución do reto (elaboración dun xoguete que funcione grazas ás forzas e elaboración dun cartel científico que permita explicar como funciona). Danse indicacións e exemplos. Autoavaliación do proceso de ensino-aprendizaxe propio. Contén reflexións para anotar no diario de aprendizaxe de forma individual e grupal. |
2 sesións |
| 5. Feria de ciencias |
5. Feria de ciencias |
Sesión de exposición dos xoguetes e explicación do seu funcionamento ao resto do clase. Avaliación do reto final. Contén reflexións para anotar no diario de aprendizaxe de forma individual e grupal. |
1 sesión |