Saltar navegación

1. Descrición xeral

Viñetas en movimiento

Este é un Recurso Educativo Aberto (REA) deseñado co fin de achegar ao alumnado ao estudo do movemento dentro do mundo da seguridade viaria, na materia de Física e Química de 2.º de Educación Secundaria Obrigatoria. O obxectivo é promover un pensamento científico mediante o estudio dos elementos da cinemática e a clasificación dos movementos, para que sexa quen de interpretar e a analizar situacións da vida cotiá empregando fórmulas e teorías da Física.

Nesta situación de aprendizaxe, "Viñetas en movimiento", o alumnado comeza visualizando diferentes situacións da realidade viaria de Galicia. Presentarase o reto que consistirá, traballando en equipo, en elaborar un cómic de concienciación sobre seguridade viaria, no que o alumnado deberá explicar de forma visual unha situación real de tráfico desde o punto de vista da Física do movemento, transmitindo ao mesmo tempo unha mensaxe de prevención e responsabilidade.

Na etapa "¡Ponte en marcha!", o alumnado repasará conceptos básicos sobre o movemento, os factores de conversión e a interpretación de gráficas. Posteriormente, en "Equipo de reconstrucción" analizarán incidentes de tráfico para traballar os elementos do movemento e os diferentes tipos de movementos formando un equipo de reconstrución de accidentes. 

O reto culmina en "Del informe a la viñeta", onde se aplicarán os coñecementos adquiridos. O alumnado procederá a elaborar o seu produto final que consiste en realizar un cómic de concienciación tendo en conta os casos analizados ou unha nova situación. Finalmente en "El salón del cómic" exporán os seus produtos finais realizando así unha auténtica campaña de concienciación.

Ao longo deste proceso traballaranse os elementos a través dos que se define un movemento e analizaranse diferentes tipos de movementos. Ademais, reflexionarán sobre o impacto da física na seguridade viaria, á vez que adquiren coñecementos, destrezas e habilidades necesarias para introducirse na metodoloxía científica.

A finalidade é achegar a cinemática ao alumnado de Galicia para interpretar e afrontar os problemas da sociedade actual e posuír unha comprensión máis profunda do seu entorno.

As metas de aprendizaxe son:

  • Analizar a problemática relacionada cos accidentes de tráfico no teu concello e en Galicia.
  • Traballar coas magnitudes propias do movemento.
  • Aplicar os coñecementos sobre os tipos de movemento ao campo da seguridade viaria e comprender por que son necesarias as normas de circulación.
  • Resolver situacións reais de accidentes de circulación.
  • Recoñecer os riscos na mobilidade na contorna e atopar solucións para evitalos.
  • Deseñar unha campaña de concienciación para transmitir entre a poboación as solucións propostas.
  • Traballar de forma colaborativa nun obxectivo común. 

Feito con eXeLearning (Nova xanela)