Saltar navegación

2.1. Criterios e instrumentos de avaliación

Criterios de avaliación e mínimos de consecución

Táboa na que se recollen os criterios de avaliación, os mínimos de consecución que se requiren para cada criterio, os instrumentos de avaliación previstos e a súa ponderación (en base á proposta de Proens). As probas escritas non se recollen nesta guía didáctica; serán elaboradas por cada docente segundo o seu criterio.

Todos os criterios de avaliación relacionados coas probas escritas, son traballados nas distintas fases do REA, como reforzo para o alumnado.

Códigos CA: descrición dos criterios de avaliación  Mínimos de consecución Instrumentos de avaliación Unidade/s didáctica/s (Proens) % (Orientación de Proens)
CA1.1 - Seleccionar, de acordo coa natureza das cuestións que se traten, a mellor maneira de comprobar ou refutar as hipóteses formuladas, deseñando estratexias de indagación e procura de evidencias que permitan obter conclusións e respostas axustadas á natureza da pregunta formulada. Propoñer procedementos ou deseñar experiencias de forma guiada, para a comprobación de hipóteses que sexan coherentes coa actuación científica e coa natureza do problema. Proba escrita (Non incluída no REA) Cambios físicos e químicos 5
CA1.2 - Aplicar as leis e teorías científicas coñecidas ao formular cuestións e hipóteses, sendo coherente co coñecemento científico existente e deseñando os procedementos experimentais ou dedutivos necesarios para resolvelas ou comprobalas. Coñecer as leis e as teorías establecidas nos contidos determinando en que tipo de problemas e cuestións deben aplicarse. Proba escrita (Non incluída no REA) Cambios físicos e químicos 5
CA1.3 - Utilizar adecuadamente as regras básicas da física e da química, incluído o uso de unidades de medida, os símbolos químicos das substancias máis importantes, así como as ferramentas matemáticas adecuadas, facilitando unha comunicación efectiva con toda a comunidade científica. CA1.3.2 - Utilizar  adecuadamente símbolos químicos de substancias máis importantes. Empregar axeitadamente os símbolos de elementos químicos e as fórmulas de compostos binarios de uso común. Proba escrita (Non incluída no REA) Cambios físicos e químicos 10
CA1.9 - Recoñecer e valorar, a través da análise histórica dos avances científicos logrados por homes e mulleres de ciencia, que este é un proceso en permanente construción e que existen repercusións mutuas da ciencia actual coa tecnoloxía, coa sociedade e co ambiente. Asociar algunhas das leis e teorías estudadas ás mulleres e os homes que as enunciaron. Proba escrita (Non incluída no REA) Cambios físicos e químicos 5
CA2.5 - Utilizar adecuadamente os símbolos químicos dos elementos e substancias comúns máis importantes facilitando unha comunicación efectiva con toda a comunidade científica. Coñecer os símbolos químicos dos elementos máis comúns así como as fórmulas químicas dalgunhas substancias de importancia, interpretándoas. Proba escrita (Non incluída no REA) Cambios físicos e químicos 20
CA5.1 - Identificar, comprender e explicar cambios físicos e químicos cotiáns a partir dos principios, teorías e leis científicas adecuadas, expresándoos de maneira argumentada e utilizando diversidade de soportes e medios de comunicación. Identificar algúns fenómenos fisicoquímicos relacionándoos co tratado na unidade, comprendéndoos. Proba escrita (Non incluída no REA) Cambios físicos e químicos 30
CA5.2 - Resolver problemas sobre cambios fisicoquímicos utilizando as leis e as teorías científicas adecuadas, razoando os procedementos utilizados para atopar as solucións e expresando adecuadamente os resultados. Desenvolver algúns problemas de xeito coherente en relación ao tratado na unidade didáctica. Proba escrita (Non incluída no REA) Cambios físicos e químicos 10
CA5.3 - Empregar as metodoloxías propias da ciencia na identificación e descrición de fenómenos relacionados cos cambios físicos e químicos a partir de cuestións ás que se poida dar resposta a través da indagación, da dedución, do traballo experimental e do razoamento lóxico-matemático, diferenciándoas das pseudocientíficas. Discernir entre os procedementos científicos e os que non o son. Proba escrita (Non incluída no REA) Cambios físicos e químicos 5
CA5.4 - Empregar datos en diferentes formatos para interpretar e comunicar información relativa a un proceso fisicoquímico concreto, relacionando entre si o que cada un deles contén e extraendo en cada caso o relevante para a resolución dun problema. Interpretar algúns datos numéricos, individuais, en táboas ou en gráficos para usar na resolución dunha cuestión ou problema. Proba escrita (Non incluída no REA) Cambios físicos e químicos 10
Lenda%: Peso orientativo (o profesorado debe axustalo á súa programación); PE: Proba escrita, TI: Táboa de indicadores

Actividades e instrumentos empregados no REA

A continuación inclúese a relación dos criterios de avaliación das competencias específicas avaliadas neste recurso.

Criterios de avaliación Actividades ou exercicios / Seccións do REA Instrumentos empregados
CA1.1 - Seleccionar, de acordo coa natureza das cuestións que se traten, a mellor maneira de comprobar ou refutar as hipóteses formuladas, deseñando estratexias de indagación e procura de evidencias que permitan obter conclusións e respostas axustadas á natureza da pregunta formulada.

Antes refresca la memoria / 2.2. Probando el deterioro

¿Hay reacción o no? / 3.2. O boi de Allariz

Retroalimentación (en autocorrixibles)

CA1.2 - Aplicar as leis e teorías científicas coñecidas ao formular cuestións e hipóteses, sendo coherente co coñecemento científico existente e deseñando os procedementos experimentais ou dedutivos necesarios para resolvelas ou comprobalas.

Práctica de laboratorio: erosión / 2.2. Probando el deterioro

Práctica de laboratorio: lluvia ácida / 2.2. Probando el deterioro 

Práctica de laboratorio: oxidación / 2.2. Probando el deterioro 

Retroalimentación

Rúbrica traballo en equipo

CA1.3 - Utilizar adecuadamente as regras básicas da física e da química, incluído o uso de unidades de medida, os símbolos químicos das substancias máis importantes, así como as ferramentas matemáticas adecuadas, facilitando unha comunicación efectiva con toda a comunidade científica. CA1.3.2. - Utilizar adecuadamente símbolos químicos de substancias máis importantes.

Balance del patrimonio / 3.3. En equilibrio siempre

El detective de la materia / 3.3. En equilibrio siempre

Retroalimentación

CA1.9 - Recoñecer e valorar, a través da análise histórica dos avances científicos logrados por homes e mulleres de ciencia, que este é un proceso en permanente construción e que existen repercusións mutuas da ciencia actual coa tecnoloxía, coa sociedade e co ambiente.

¡A debate! / 3.4. La química mueve Galicia

La química que no deberías ver / 3.4. La química mueve Galicia

¿Encontramos los culpables? / 5. Expón tu patrimonio

Retroalimentación

Rúbrica traballo en equipo

Rúbrica exposición oral

CA2.5 - Utilizar adecuadamente os símbolos químicos dos elementos e substancias comúns máis importantes facilitando unha comunicación efectiva con toda a comunidade científica.

El puzle de las reacciones / 3.2. O boi de Allariz

Reacciones a tu alrededor / 3.2. O boi de Allariz

Busca el equilibrio / 3.3. En equilibrio siempre

Análisis final / 4. Seguimiento del patrimonio

Retroalimentación (en corrixibles)

Rúbrica del mapa

Rúbrica traballo en equipo

Rúbrica exposición oral

CA5.1 - Identificar, comprender e explicar cambios físicos e químicos cotiáns a partir dos principios, teorías e leis científicas adecuadas, expresándoos de maneira argumentada e utilizando diversidade de soportes e medios de comunicación.

¿Cuál es el cambio? / 3.1. Código de envejecimiento

Identifica el cambio / 3.1. Código de envejecimiento

¿Tú que crees? / 3.1. Código de envejecimiento

Retroalimentación (en autocorrixibles)

CA5.2 - Resolver problemas sobre cambios fisicoquímicos utilizando as leis e as teorías científicas adecuadas, razoando os procedementos utilizados para atopar as solucións e expresando adecuadamente os resultados.

El cambio correcto / 2.1. Sospechosas del deterioro

Expediente Galicia / 2.1. Sospechosas del deterioro - Interrogando a las sospechosas

Especialista en química gallega / 3.3. En equilibrio siempre

Crea tu mapa / 4. Seguimiento del patrimonio

Retroalimentación (en autocorrixibles)

Rúbrica do mapa

Rúbrica traballo en equipo

Rúbrica exposición oral

CA5.3 - Empregar as metodoloxías propias da ciencia na identificación e descrición de fenómenos relacionados cos cambios físicos e químicos a partir de cuestións ás que se poida dar resposta a través da indagación, da dedución, do traballo experimental e do razoamento lóxico-matemático, diferenciándoas das pseudocientíficas.

Cada detalle cuenta una historia / 2.1. Sospechosas del deterioro

El monumento anticuado / 2.1. Sospechosas del deterioro

Una pista para una sospechosa / 2.1. Sospechosas del deterioro

Retroalimentación (en autocorrixibles)

CA5.4 - Empregar datos en diferentes formatos para interpretar e comunicar información relativa a un proceso fisicoquímico concreto, relacionando entre si o que cada un deles contén e extraendo en cada caso o relevante para a resolución dun problema.

Las reacciones químicas / 3.2. O boi de Allariz

Práctica Conservación de la masa / 3.3. En equilibrio siempre

Actividad multinivel: ¿A qué ritmo se transforma? / 3.5. Acelerantes del deterioro

Retroalimentación (en autocorrixibles)

Rúbrica traballo en equipo

Feito con eXeLearning (Nova xanela)