No me mires que me desgasto
Este é un Recurso Educativo Aberto (REA) deseñado co fin de achegar o alumnado aos cambios físicos e químicos dentro do contorno, e concretamente, no patrimonio galego, na materia de Física e Química de 2.º de Educación Secundaria Obrigatoria. O obxectivo é promover un pensamento científico mediante o estudo das diferentes transformacións que experimenta a materia, analizando de forma detallada tanto as súas causas como as súas consecuencias.
Nesta situación de aprendizaxe, "No me mires que me desgasto", o alumnado comeza visualizando un vídeo do patrimonio galego e reflexionando sobre as súas transformacións. Posteriormente, presentarase o reto que consistirá, traballando en equipo, crear un mapa dos cambios físicos e químicos do contorno.
Na etapa "El deterioro visible", o alumnado traballará as causas de deterioro como a oxidación, choiva ácida e erosión dende un punto visual e práctico no laboratorio. De seguido, en "¿Por qué envejecen los monumentos?", estudarán a diferenza entre os cambios físicos e químicos e afondarán nas reaccións químicas, introducindo a súa notación e proceso de transformación a través da Lei de Lavoisier. Ademais, analizarán o impacto da química na sociedade e simularán procesos de deterioro no laboratorio.
O reto culmina en "Seguimiento del patrimonio", onde se aplicarán os coñecementos adquiridos. O alumnado procederá a elaborar o seu produto final que consiste en crear un mapa sobre elementos ou monumentos do contorno que están afectados por transformacións da materia. Finalmente en "Expón tu patrimonio" o mapa será exposto para poñer en valor o traballo realizado.
Ao longo deste proceso traballaranse as reaccións químicas, a conservación da masa e a linguaxe química. Ademais, reflexionarán sobre o impacto da química en diferentes ámbitos da sociedade, á vez que adquiren coñecementos, destrezas e habilidades necesarias para introducirse na metodoloxía científica.
A finalidade é achegar os cambios físicos e químicos ao alumnado de Galicia para afrontar os problemas da sociedade actual e posuír unha comprensión máis profunda do seu contorno.
As metas de aprendizaxe son:
- Atopar as causas do deterioro da contorna.
- Analizar datos e buscar a relación entre os mesmos.
- Crear un mapa identificando o patrimonio deteriorado da contorna.
- Expoñer os resultados de forma resumida.
- Aplicar o método científico a investigacións.
- Traballar colaborativamente nun resultado común.