Criterios de avaliación e mínimos de consecución
Táboa na que se recollen os criterios de avaliación, os mínimos de consecución que se contemplan para cada criterio, os instrumentos de avaliación previstos e a súa ponderación (en base á proposta de Proens). As probas escritas non se recollen nesta guía didáctica; serán elaboradas por cada docente segundo o seu criterio.
Todos os criterios de avaliación relacionados coas probas escritas, son traballados nas distintas fases do REA, como reforzo para o alumnado.
| Códigos CA: descrición dos criterios de avaliación | Mínimos de consecución | Instrumentos de avaliación | % (Orientación de Proens) | Unidade/s didáctica/s (Proens) | |
|---|---|---|---|---|---|
| CA1.1 - Seleccionar, de acordo coa natureza das cuestións que se traten, a mellor maneira de comprobar ou refutar as hipóteses formuladas, deseñando estratexias de indagación e procura de evidencias que permitan obter conclusións e respostas axustadas á natureza da pregunta formulada. | Propoñer procedementos ou deseñar experiencias de forma guiada, para a comprobación de hipóteses que sexan coherentes coa actuación científica e coa natureza do problema. | PE (Non incluída no REA) | 15 | UD1 A actividade científica | |
| CA1.2 - Aplicar as leis e teorías científicas coñecidas ao formular cuestións e hipóteses, sendo coherente co coñecemento científico existente e deseñando os procedementos experimentais ou dedutivos necesarios para resolvelas ou comprobalas. | Coñecer as leis e teorías establecidas nos contidos determinado en que tipo de problemas e cuestións deben aplicarse. | PE (Non incluída no REA) | 25 | ||
| CA1.3 - Utilizar adecuadamente as regras básicas da física e da química, incluído o uso de unidades de medida, os símbolos químicos das substancias máis importantes, así como as ferramentas matemáticas adecuadas, facilitando unha comunicación efectiva con toda a comunidade científica. | CA1.3.1. Utilizar adecuadamente unidades de medida. | Utilizar unidades do sistema internacional, das magnitudes fundamentais e derivadas, así como os seus múltiplos e submúltiplos comprendidos entre m (mili) e k (quilo). | PE (Non incluída no REA) | 10 | |
| CA1.3.3. Utilizar axeitadamente as ferramentas matemáticas adecuadas. | Empregar adecuadamente as ferramentas matemáticas, propias deste nivel, axeitadas para a solución ou descrición dun problema. | PE (Non incluída no REA) | 10 | ||
| CA1.5 - Utilizar recursos variados, tradicionais e dixitais, mellorando a aprendizaxe autónoma e a interacción con outros membros da comunidade educativa, con respecto cara aos docentes e cara aos estudantes e analizando criticamente as achegas de cada participante. | Utilizar algún recurso bibliográfico ou dixital para obter información e compartila coas compañeiras e os compañeiros. | TI | 5 | ||
| CA1.6 - Traballar de forma adecuada e versátil con medios variados, tradicionais e dixitais, na consulta de información e na creación de contidos, seleccionando con criterio as fontes máis fiables e adecuadas e mellorando a aprendizaxe propia e colectiva. | Utilizar algún recurso bibliográfico ou dixital para a obtención de información que sexa fiable. | TI | 5 | ||
| CA1.7 - Establecer interaccións construtivas e coeducativas emprendendo actividades de cooperación como forma de construír un medio de traballo eficiente na ciencia. | Participar nas actividades grupais. | TI | 10 | ||
| CA1.8 - Emprender, de forma guiada e de acordo coa metodoloxía adecuada, proxectos científicos que involucren o alumando na mellora da sociedade e que creen un valor individual e colectivo. | Emprender experiencias de laboratorio de xeito guiado. | TI | 15 | ||
| CA1.9 - Recoñecer e valorar, a través da análise histórica dos avances científicos logrados por homes e mulleres de ciencia, que este é un proceso en permanente construción e que existen repercusións mutuas da ciencia actual coa tecnoloxía, coa sociedade e co medio natural. | Asociar algunhas das leis e teorías estudadas ás mulleres e os homes que as enunciaron. | PE (Non incluída no REA) | 5 | ||
| CA1.1 - Seleccionar, de acordo coa natureza das cuestións que se traten, a mellor maneira de comprobar ou refutar as hipóteses formuladas, deseñando estratexias de indagación e procura de evidencias que permitan obter conclusións e respostas axustadas á natureza da pregunta formulada. | Propoñer procedementos ou deseñar experiencias de forma guiada, para a comprobación de hipóteses que sexan coherentes coa actuación científica e coa natureza do problema. | PE (Non incluída no REA) | 5 | UD2 A materia | |
| CA1.2 - Aplicar as leis e teorías científicas coñecidas ao formular cuestións e hipóteses, sendo coherente co coñecemento científico existente e deseñando os procedementos experimentais ou dedutivos necesarios para resolvelas ou comprobalas. | Coñecer as leis e as teorías establecidas nos contidos e determinar en que tipo de problemas e cuestións deben aplicarse. | PE (Non incluída no REA) | 5 | ||
| CA1.3 - Utilizar adecuadamente as regras básicas da física e da química, incluído o uso de unidades de medida, os símbolos químicos das substancias máis importantes, así como as ferramentas matemáticas adecuadas, facilitando unha comunicación efectiva con toda a comunidade científica. | CA1.3.1. Utilizar adecuadamente unidades de medida. | Utilizar unidades do sistema internacional, das magnitudes fundamentais e derivadas, así como os seus múltiplos e submúltiplos comprendidos entre m (mili) e k (quilo). | PE (Non incluída no REA) | 5 | |
| CA1.3.3. Utilizar axeitadamente as ferramentas matemáticas adecuadas. | Empregar adecuadamente as ferramentas matemáticas, propias deste nivel, axeitadas para a solución ou descrición dun problema. | PE (Non incluída no REA) | 5 | ||
| CA1.4 - Poñer en práctica as normas de uso dos espazos específicos da ciencia, como os laboratorios de física e química, asegurando a saúde propia e colectiva, a conservación sostible do medio natural e o coidado das instalacións. | Respectar as normas de seguridade no laboratorio. | TI | 5 | ||
| CA1.5 - Utilizar recursos variados, tradicionais e dixitais, mellorando a aprendizaxe autónoma e a interacción con outros membros da comunidade educativa, con respecto cara aos docentes e cara aos estudantes e analizando criticamente as achegas de cada participante. | Utilizar algún recurso bibliográfico ou dixital para obter información e compartila coas compañeiras e os compañeiros. | TI | 5 | ||
| CA1.7 - Establecer interaccións construtivas e coeducativas emprendendo actividades de cooperación como forma de construír un medio de traballo eficiente na ciencia. | Participar nas actividades grupais. | TI | 5 | ||
| CA1.9 - Recoñecer e valorar, a través da análise histórica dos avances científicos logrados por homes e mulleres de ciencia, que este é un proceso en permanente construción e que existen repercusións mutuas da ciencia actual coa tecnoloxía, coa sociedade e co medio natural. | Asociar algunhas das leis e teorías estudadas ás mulleres e os homes que as enunciaron. | PE (Non incluída no REA) | 5 | ||
| CA2.1 - Identificar, comprender e explicar fenómenos fisicoquímicos relacionados coa composición e coa estrutura de sistemas materiais cotiáns, a partir dos principios, teorías e leis científicas adecuadas, expresándoos de maneira argumentada e utilizando diversidade de soportes e medios de comunicación. | Identificar algúns fenómenos fisicoquímicos relacionándoos co tratado na unidade, comprendendo a súa importancia. | PE (Non incluída no REA) | 25 | ||
| CA2.2 - Resolver os problemas fisicoquímicos relacionados coa composición e coa estrutura de sistemas materiais utilizando as leis e as teorías científicas adecuadas, razoando os procedementos utilizados para atopar as solucións e expresando adecuadamente os resultados. | Desenvolver algúns problemas de xeito coherente en relación ao tratado na unidade. | PE (Non incluída no REA) | 25 | ||
| CA2.3 - Empregar as metodoloxías propias da ciencia na identificación e descrición de fenómenos relacionados cos sistemas materiais a partir de cuestións ás que se poida dar resposta a través da indagación, da dedución, do traballo experimental e do razoamento lóxico-matemático, diferenciándoas das pseudocientíficas. | Discernir entre os procedementos científicos e os que non o son. | PE (Non incluída no REA) | 5 | ||
| CA2.4 - Empregar datos en diferentes formatos para interpretar e comunicar información relativa a sistemas materiais e á súa composición, relacionando entre si o que cada un deles contén e extraendo en cada caso o relevante para a resolución dun problema. | Interpretar algúns datos numéricos, individuais, en táboas ou en gráficos para usar na resolución dunha cuestión ou problema. | PE (Non incluída no REA) | 5 | ||
| Lenda: %: peso orientativo (o profesorado debe axustalo á súa programación); PE: proba escrita, TI: táboa de indicadores | |||||