Contextualización do REA na programación de materia
Os REA da materia de Educación en Valores Cívicos e Éticos de 6.º de Educación Primaria están deseñados a partir da programación modelo de Proens 2022-2023, versión 1.
Os REA de Educación en Valores Cívicos e éticos de 6.º de Educación Primaria respectan a programación modelo de Proens. Cada REA correspóndese con dúas unidades didácticas referidas a cada un dos tres bloques da materia.
Nestes tres bloques preténdese facer un percorrido dende a propia persoa e a súa autonomía, analizar o papel que cumpre na sociedade e a súa responsabilidade cos e coas demais e para rematar, pescudar sobre a responsabilidade ética e moral que temos de cara ao mundo, aos demais seres vivos e ao noso planeta.
Relación dos REA coa programación modelo de Proens
|
Número de REA e título |
Unidade/s didáctica/s (Proens) |
Criterios de avaliación traballados |
% Peso Materia (Orientación de Proens) |
Temporalización |
|---|---|---|---|---|
| REA01: "Pinceladas de emocións" |
UD 1: Quen son eu? |
CA1.1, CA1.2, CA1.3 |
33 % |
11 sesións |
|
UD 2: Como debo actuar? |
CA1.4, CA1.5 |
|||
| REA02: "Mil latexos de papel" |
UD 3: Eu como son ser humano, social e democrático |
CA2.1, CA2.2, CA2.3 |
34 % |
12 sesións |
|
UD 4: Todas as persoas somos iguais |
CA2.4, CA2.5, CA2.6 |
|||
| REA03: "Sementando camiños" |
UD 5: Todos os seres vivos merecemos respecto |
CA3.1, CA3.2 |
33 % |
12 sesións |
|
UD 6: E eu, como podo axudar o planeta? |
CA3.3, CA3.4 |