Criterios de avaliación e mínimos de consecución
Táboa na que se recollen os criterios de avaliación, os mínimos de consecución que se contemplan para cada criterio, os instrumentos de avaliación previstos e a súa ponderación (en base á proposta de Proens).
|
Códigos CA: descrición dos criterios de avaliación |
Mínimos de consecución |
Instrumentos de avaliación |
Unidade didáctica (Proens) |
% (Orientación de Proens) |
|---|---|---|---|---|
|
CA2.1 - Promover e amosar un xeito de convivencia democrática, xusta, inclusiva, respectuosa e pacífica, a partir da investigación e da comprensión da natureza social e política do ser humano e mediante o uso crítico dos conceptos de lei, ética, civismo, democracia, xustiza e paz. |
Investigar e elaborar unha redacción acerca do que significa ser un ser social por natureza, empregando alomenos dous dos conceptos propostos. |
TI |
3 |
33 % |
|
CA2.2 - Interactuar cos outros adoptando, de forma motivada e autónoma, condutas cívicas e éticas orientadas polos valores comúns, a partir do coñecemento, dos dereitos humanos e dos principios constitucionais fundamentais, en relación con contextos e problemas concretos, así como por unha consideración crítica e dialogada sobre como debemos relacionarnos cos demais. |
Explicar por escrito, de xeito sinxelo, algúns dos dereitos humanos fundamentais. |
TI |
3 |
33 % |
|
CA2.3 - Reflexionar e asumir un compromiso activo e crítico con valores relativos á solidariedade e ao respecto ás minorías e ás identidades etnoculturais e de xénero, analizando desde un punto de vista ético cuestións relacionadas coa desigualdade e coa pobreza, co feito multicultural, coa diversidade humana e cos fenómenos migratorios. |
Comprender os fenómenos migratorios e algunha das causas que os provocan. |
TI |
3 |
34 % |
|
CA2.4 - Contribuír a xerar unha convivencia respectuosa, non sexista e comprometida co logro da igualdade e a corresponsabilidade efectivas e coa erradicación da violencia de xénero, a partir do coñecemento e da análise crítica da situación secular de desigualdade entre mulleres e homes. |
Identificar comportamentos non respectuosos coa diversidade, en xeral e na súa contorna, e propor solucións para cada un deles. |
TI |
4 |
34 % |
|
CA2.5 - Comprender e valorar os principios de xustiza, solidariedade, seguridade e paz, á vez que o respecto ás liberdades básicas, a partir da análise e da ponderación das políticas e accións de axuda e cooperación internacional, de defensa para a paz e de seguridade integral cidadá, exercidas polo Estado e as súas institucións, os organismos internacionais, as ONG e ONGD e a propia cidadanía. |
Identificar e describir as principais institucións e organizacións de cooperación local, nacional, e internacional. |
TI |
4 |
33 % |
|
CA2.6 - Xestionar equilibradamente pensamentos, sentimentos e emocións e desenvolver unha actitude de estima e coidado de si mesmo ou si mesma, dos demais e da contorna, identificando, analizando e expresando de maneira asertiva as propias emocións e afectos e recoñecendo e valorando os doutras persoas, en distintos contextos e en relación con actividades creativas e de reflexión individual ou dialogada sobre cuestións éticas e cívicas. |
Á hora de debater é capaz de expresarse con respecto, argumentando de xeito crítico sobre cuestións éticas e cívicas. |
TI |
4 |
33 % |
| Lenda: %: peso orientativo (o profesorado debe axustalo á súa programación); PE: proba escrita, TI: táboa de indicadores | ||||