Este REA, en relación coa programación didáctica de referencia publicada no aplicativo de Proens para a área de Educación en Valores Cívicos e Éticos de 6.º de Educación Primaria, contextualízase nas unidades 1 (Quen son eu?) e 2 (Como debo actuar?). É importante mencionar, que será o primeiro contacto do alumnado con esta área por iso comezamos por un traballo emocional.
O recurso englóbase principalmente nos bloques:
- Bloque 1. Autocoñecemento e autonomía moral: trátase de incitar o alumnado, a través da toma de conciencia e da expresión de diversas facetas da súa personalidade, a unha investigación sobre aquilo que o constitúe a diferenza como persoa, promovendo a xestión de emocións e desexos e a deliberación racional arredor dos propios fins e motivacións.
|
Contidos
|
Bloque da área
|
- A natureza dos seres humanos:
- A igualdade en dignidade de todos os seres humanos.
- As diferenzas entre os humanos: unicidade e irrepetibilidade dos individuos.
- As características que definen a persoa:
- Ser natural, ser vivo, ser animal.
- Ser social. Vivir con outros e depender dos outros para vivir.
- Actuar libremente, movidos por desexos, emocións e sentimentos e pola razón.
- A identidade persoal: os papeis da natureza e da crianza na constitución do ser humano.
- O proxecto persoal: o modelo de vida que orienta as accións:
- A autonomía da vontade.
- A responsabilidade sobre as accións propias.
- O recoñecemento da diversidade de valores, fins e modelos de vida e o respecto aos proxectos persoais dos outros.
- A educación das emocións e dos sentimentos:
- A autoestima persoal.
- O autocontrol. A xestión dos sentimentos.
- A educación afectivo-sexual.
- A ética como guía das accións:
- Normas e xuízos morais. Os valores e o valioso.
- A polaridade dos valores: virtudes e defectos.
- O pensamento crítico e ético en acción:
- Os perigos para a autonomía e o proxecto persoal. Os medios de comunicación, as redes sociais, a publicidade e o consumismo. As condutas aditivas.
- O respecto aos outros. O rexeitamento dos casos de abuso, ciberacoso, marxinación e exclusión.
- Os riscos das tecnoloxías da información e da comunicación. Condutas responsables fronte aos malos usos dos distintos aparatos electrónicos.
- O debate sobre os límites da liberdade de expresión.
|
Bloque 1 |
No que respecta aos obxectivos, este recurso céntrase nos seguintes:
|
Obxectivos
|
Descrición
|
|
OBX1
|
Deliberar e argumentar sobre problemas de carácter ético referidos a si mesmo e á súa contorna, buscando e analizando información fiable e xerando unha actitude reflexiva respecto diso, para promover o autocoñecemento e a autonomía moral.
|
|
OBX2
|
Actuar e interactuar de acordo con normas e valores cívicos e éticos, recoñecendo a súa importancia para a vida individual e colectiva e aplicándoos de maneira efectiva e argumentada en distintos contextos, para promover unha convivencia democrática, xusta, inclusiva, respectuosa e pacífica.
|
|
OBX4
|
Desenvolver a autoestima e a empatía coa contorna, identificando, xestionando e expresando emocións e sentimentos propios, e recoñecendo e valorando os dos outros, para adoptar unha actitude fundada no coidado e no aprecio de si mesmo, dos demais e do resto da natureza.
|
A continuación inclúense os descritores das competencias clave establecidos pola normativa e relacionados coa situación de aprendizaxe.
|
Competencias clave
|
Clave dos descritores operativos
|
|
Competencia en comunicación lingüística (CCL)
|
CCL1, CCL3, CCL5
|
|
Competencia Plurilingüe (CP)
|
CP3
|
|
Competencia matemática, en ciencia, tecnoloxía e enxeñería (STEM)
|
|
|
Competencia dixital (CD)
|
CD4
|
|
Competencia persoal, social e de aprender a aprender (CPSAA)
|
CPSAA1, CPSAA2, CPSAA3, CPSAA4, CPSAA5
|
|
Competencia cidadá (CC)
|
CC1, CC2, CC3, CC4
|
|
Competencia emprendedora (CE)
|
CE3
|
|
Competencia en conciencia e expresións culturais (CCEC)
|
CCEC1
|