Saltar navegación

2.2. Temporalización

Temporalización do REA

Este REA está deseñado para desenvolverse en 11 sesións. A proposta é que se imparta no primeiro trimestre.

Na seguinte táboa hai unha estimación da temporalización recomendada para cada fase deste recurso.

Fase

Seccións

Descrición do traballo a desenvolver

Temporalización

1. Identificando emocións

1.1. Emocionarte1.2. Collamos o pincel!1.3. Agrupamentos emocionantes!1.3. Diario de aprendizaxe

Motivar ao alumnado para afrontar o reto final "creación de obras de arte" que formarán parte do primeiro espazo do museo. Achegamento ás primeiras obras artísticas. 

1 sesión

2. Activando emocións

2.1. Expresión de afectosMergúllate no teu interior2.2. O autoconcepto2.3. Diario de aprendizaxe

Activar os coñecementos previos relacionados coas emocións. Dende o coñecemento básico e a roda de Robert Plutchik ata a relación destas emocións con conceptos como a autoestima e o autoconcepto. 

2 sesións

3. Construíndo pensamentos

3.1. A identidade3.2. Diferenzas persoais3.3. A dignidade3.4. A liberdade de expresión3.5. Diario de aprendizaxe

Adquirir os conceptos de identidade, diferenza e dignidade e saber apreciar as diferencias entre eles. Facer unha análise crítica do uso das redes sociais e o que se mostra a través das mesmas. Coñecer os diferentes tipos de acoso así coma os dereitos humanos. Desenvolver unha capacidade crítica para enfrontarse a diferentes dilemas morais e para comprender a importancia da liberdade de expresión. 

4 sesións

4. Arte que emociona

4.1. Expresando a través da arte4.2. Diario de aprendizaxe

Desenvolver o reto proposto: composición grupal  coas obras artísticas individuais e presentación ao resto dos grupos. 

3 sesións

5. O noso museo

5.1. Autoavaliación5.2. Rúbrica5.3. Diario de aprendizaxe

Reflexionar sobre o traballo realizado e sobre o aprendido durante o proceso. Autoavaliación do reto e coavaliación dos diferentes grupos. 

1 sesión

Feito con eXeLearning (Nova xanela)