Saltar navegación

2.1. Criterios e instrumentos de avaliación

Criterios de avaliación e mínimos de consecución

Códigos CA: descrición dos criterios de avaliación

Mínimos de consecución

Instrumentos de avaliación

Unidade didáctica (Proens)

% (Orientación de Proens)

CA1.1: Construír un adecuado concepto de si mesmo ou si mesma en relación cos demais e coa natureza, organizando e xerando, de forma segura e crítica, información analóxica e dixital acerca dos trazos relativos á identidade, diferenza e dignidade das persoas.

Definir de xeito diferenciando os conceptos de identidade, diferenza e dignidade.

TI

1

33 %

CA1.2: Identificar e expresar emocións, afectos e desexos, mostrando confianza nas propias capacidades ao servizo da consecución motivada de fins persoais e colectivos.

Expresar oralmente emocións, afectos e desexos.

TI

1

33 %

CA1.3: Xerar unha posición moral autónoma mediante o exercicio da deliberación racional, o uso de conceptos éticos e o diálogo respectuoso con outros arredor dos distintos valores e modos de vida, así como dos problemas relacionados co uso responsable, seguro e crítico das redes e medios de comunicación, das condutas adictivas, da prevención do abuso e do acoso escolar e do respecto á intimidade persoal.

Resolver un dilema moral sinxelo, de xeito argumentado e respectuoso.

TI

1

34 %

CA1.4: Interactuar cos outros adoptando, de forma motivada e autónoma, condutas cívicas e éticas orientadas polos valores comúns, a partir do coñecemento, dos dereitos humanos e dos principios constitucionais fundamentais en relación con contextos e problemas concretos, así como por unha consideración crítica e dialogada sobre como debemos relacionarnos cos demais.

Participar nos debates na aula adoptando unha actitude respectuosa e dialogante.

TI

2

50 %

CA1.5: Xestionar equilibradamente pensamentos, sentimentos e emocións e desenvolver unha actitude de estima e coidado de si mesmo ou si mesma, dos demais e da contorna, identificando, analizando e expresando de maneira asertiva as propias emocións e afectos e recoñecendo e valorando os doutras persoas, en distintos contextos e en relación con actividades creativas e de reflexión individual ou dialogada sobre cuestións éticas e cívicas.

Intervir oralmente nas clases, e recoller ideas e apreciacións do resto de compañeiros e compañeiras da aula, valorándoas.

TI

2

50 %

Lenda%: peso orientativo (o profesorado debe axustalo á súa programación); PE: proba escrita, TI: táboa de indicadores

Actividades e instrumentos empregados no REA

Criterios de avaliación

Actividades ou exercicios / Seccións do REA

Instrumentos empregados

CA1.1 - Construír un adecuado concepto de si mesmo ou si mesma en relación cos demais e coa natureza, organizando e xerando, de forma segura e crítica, información analóxica e dixital acerca dos trazos relativos á identidade, diferenza e dignidade das persoas.

2.1. Como te sentes?

2.1. Exprésate 

2.2. Como es?

2.2. Corazón ou cabeza?

3.1. Quen son eu?

3.1. Identidade e redes sociais

3.1. Autorretrato

3.2. Reflexionando sobre diferenzas

3.2. Creamos personalidades

3.2. A empatía

3.3. A dignidade

3.4. Practiquemos: sopa de letras

3.4. Practiquemos: adiviña

3.4. Practiquemos: análise

4.1. Marcando a identidade

4.1. Composición grupal

Feedback docente

Realimentación

Autocorrección (ver solucionario)

Avaliación do reto

CA1.2 - Identificar e expresar emocións, afectos e desexos, mostrando confianza nas propias capacidades ao servizo da consecución motivada de fins persoais e colectivos.

2.1. Aclarando conceptos

2.1. Que emocións coñeces?

2.1. Como te sentes?

2.1. Descubrindo!

2.1. Exprésate 

2.1. Reflexionade

3.2. Reflexionando sobre diferenzas

4. Descobre o cadro. 

4.1. Composición grupal/A obra no museo

Feedback docente

Realimentación

Autocorrección (ver solucionario)

Lista de control intervención oral

Avaliación do reto

CA1.3 - Xerar unha posición moral autónoma mediante o exercicio da deliberación racional, o uso de conceptos éticos e o diálogo respectuoso con outros arredor dos distintos valores e modos de vida, así como dos problemas relacionados co uso responsable, seguro e crítico das redes e medios de comunicación, das condutas adictivas, da prevención do abuso e do acoso escolar e do respecto á intimidade persoal.

2.2. Corazón ou cabeza?

2.2. Dilema morais

3.1. Identidade e redes sociais

3.1. Dilema moral: redes sociais

3.3. Dilema moral: o acoso escolar

Feedback docente

Realimentación

Autoavaliación

CA1.4 - Interactuar cos outros adoptando, de forma motivada e autónoma, condutas cívicas e éticas orientadas polos valores comúns, a partir do coñecemento, dos dereitos humanos e dos principios constitucionais fundamentais en relación con contextos e problemas concretos, así como por unha consideración crítica e dialogada sobre como debemos relacionarnos cos demais.

2.1. Reflexionade

2.2. Debatendo

3.1. Identidade dixital

3.2. Creamos personalidades

3.2. Empatía

3.3. A dignidade

3.3. Relaciona cada imaxe co dereito que representa

3.4. Debate sobre a liberdade de expresión

4.1. A obra no museo

Feedback docente

Realimentación

Autocorrección (ver solucionario)

Avaliación do reto

CA1.5 - Xestionar equilibradamente pensamentos, sentimentos e emocións e desenvolver unha actitude de estima e coidado de si mesmo ou si mesma, dos demais e da contorna, identificando, analizando e expresando de maneira asertiva as propias emocións e afectos e recoñecendo e valorando os doutras persoas, en distintos contextos e en relación con actividades creativas e de reflexión individual ou dialogada sobre cuestións éticas e cívicas.

2.1. Que emocións coñeces?

2.1. Reflexionade

2.2. Corazón ou cabeza?

2.2. Debatendo

2.2. O punto de vista

3.1. Identidade dixital

3.2. Reflexionando sobre diferenzas

3.2. Creamos personalidades

3.2. Empatía

3.3. A dignidade

3.4. Manifestar unha opinión

5.1. Autoavaliación

5.2. Coavaliación do reto

Feedback docente

Realimentación

Autocorrección (ver solucionario)

Autoavaliación

Rúbrica coavaliación do reto

Feito con eXeLearning (Nova xanela)