Saltar navegación

1. Descrición xeral

En marcha

Este é un REA (Recurso Educativo Aberto) deseñado co fin de ofrecer ao alumnado un proxecto de traballo colaborativo sobre a contorna natural e urbana, e a organización de  actividades físicas fóra do recinto escolar.  Tódalas iniciativas que se propoñen no REA teñen como elemento esencial a preservación dos espazos naturais nunha procura da sensibilización do alumnado cara a aspectos como o impacto ambiental, a sostibilidade e a posta en valor da contorna sen transformación.

Metas de aprendizaxe:

  1. Saber adaptar as accións motrices á incerteza do medio.
  2. Planificar actividades físicas lúdicas en contornas naturais e urbanas.
  3. Recoñecer contextos de risco e saber adoptar medidas de seguridade.
  4. Fomentar o traballo cooperativo en equipo.
  5. Aprender a organizar actividades lúdicas na contorna natural e urbana.
  6. Usar dispositivos e plataformas dixitais para a investigación, a creación e a comunicación.
  7. Identificar dificultades e formular propostas de mellora.

Feito con eXeLearning (Nova xanela)