Saltar navegación

1. Descrición xeral

Youtubers Deportivos

Youtubers deportivos (EDF)Elaboración propia (proxecto cREAgal) vía Canva. Infografía - Youtubers deportivos (EDF) (Licenza de contido Canva)

"Youtubers deportivos" é un REA (Recurso Educativo Aberto) que pretende introducir aos estudantes na iniciación deportiva, en concreto, nos deportes individuais. Na situación de aprendizaxe o alumnado terá que crear videotitoriais co obxectivo de ofrecerlle a outro alumnado unha forma diferente de aprender diferentes aspectos sobre dous deportes: o bádminton e o pickleball.

Para iso traballarán nas sesións de Educación Física os xestos técnicos e a táctica de ambos deportes, permitíndolles adquirir coñecementos para poder crear os seus propios videotitoriais. Tamén terá un gran protagonismo o material audiovisual de Polos Creativos, xa que serán as ferramentas de traballo do noso alumnado.

Tendo en conta isto, os nenos e nenas de 5º convertiranse en youtubers deportivos.

O REA "Youtubers deportivos" ten como obxectivos principais:

1- Fomentar a práctica regular de xogos deportivos individuais, como son o bádminton e o pickleball, contribuíndo deste modo á promoción da saúde física, mental e social.

2- Iniciar a práctica de habilidades motrices específicas promovendo a toma de decisións, tanto técnicas como tácticas, durante o xogo.

3- Desenvolver habilidades sociais que fomenten a igualdade e inclusión na práctica deportiva.

4- Adquirir a capacidade de analizar de xeito crítico a información obtida de fontes dixitais.

5- Vencellar o emprego de ferramentas audiovisuais á práctica deportiva.

Feito con eXeLearning (Nova xanela)