Saltar navegación

2.2. Temporalización

Temporalización do REA

Esta situación de aprendizaxe está planificada para un total de 15 sesións. Cómpre lembrar que esta proposta de organización ten como finalidade principal aproveitar ao máximo o tempo de práctica motriz co alumnado. Debido ás características propias da área e ao reducido número de sesións ao longo do ano, resulta fundamental potenciar o compoñente motriz, aínda que tamén se reservarán momentos na aula ordinaria para a exploración de contidos e a realización de actividades interactivas que acompañan o REA.

Fase Seccións Descrición do traballo a desenvolver Temporalización
Fase 1 Descrición Presentación  Sesión 1 
Fase 2 Exploración Coñecementos previos  Sesión 2 
Fase 3 Conexión Deportes en equipo (Conservación do móbil) Sesións 3 e 4
Fase 3 Conexión Deportes en equipo (Progresión na xogada) Sesións 5 e 6
Fase 3 Conexión Deportes en equipo (Finalización da xogada) Sesións 7 e 8
Fase 3 Conexión Deportes en equipo (Aplicación do aprendido) Sesións 9 e 10
Fase 4 Reto Innovación do deporte en equipo Sesións 11, 12 e 13
Fase 5 Conclusión Exposición e reflexión do novo deporte en equipo Sesións 14 e 15

Feito con eXeLearning (Nova xanela)